O equipo de goberno acusa ó Partido Popular de deslealdade

  • O Equipo de Goberno lamenta a actitude de oportunismo político da agrupación que dirixen Salomé Peña e Luís Serantes.

Na orde do día do pleno celebrado o pasado xoves, incluíase unha moción presentada polo Partido Popular local, que solicitaba “a apertura e continuidade da rúa coñecida como `Rúa do Día´ ”. Durante as comisións informativas previas, que tiveron lugar o pasado martes, 27 de febreiro, o Equipo de Goberno de Ribadumia expuxo ao grupo político de Salomé Peña e Luís Serantes a situación actual do proxecto para abrir esa rúa e mellorar o tráfico en toda a zona. Logo das pertinentes explicacións, Equipo de Goberno e Partido Popular lograron chegar a un acordo para, modificando un par de termos na moción do PP, aprobala no Pleno por unanimidade. Na mañá do pasado xoves, a menos de doce horas de celebrarse o pleno, o Partido Popular comunicou que non aceptaba a proposta do Equipo de Goberno, e que mantiña a redacción orixinal da moción.

O Equipo de Goberno volveu insistir durante o Pleno en que, por suposto, están de acordo na necesidade de buscar unha solución urbanística a esa zona do núcleo de Barrantes, e repetiu as explicacións sobre todo o traballo que se está realizando para elaborar un plan que dea solucións urbanísticas e, ó mesmo tempo, que convenza aos propietarios dos terreos afectados. Enrique Oubiña tamén lle explicou durante o pleno a difícil situación de partida, provocada pola actitude do anterior goberno do Partido Popular de Salomé Peña que, no canto de buscar acordos, pretendía apropiarse directamente dos terreos, tal como Oubiña lle recordou amosando e lendo un escrito do 15 de marzo de 2015, onde unha veciña acusaba a Salomé Peña de invadirlle a finca, sen mediar acordo de ningún tipo.

Logo do debate, e ante a imposibilidade de que Salomé Peña e Luís Serantes aceptaran a proposta do actual  Goberno de Ribadumia, a moción non saíu adiante, xa que se dá a circunstancia de que a partida económica xa está establecida nos orzamentos dos anos 2016 e 2017, e que as negociacións cos veciños están en marcha dende o inicio da lexislatura, polo que non tiña sentido aprobar esta moción nos termos propostos polo partido presidido por Salomé Peña. O Equipo de Goberno lamentou nun comunicado a actitude obstrucionista, falsa e desleal do Partido Popular de Salomé e Luís Serantes, que pretenden xerar polémica política con calquera cuestión, aínda a costa dos intereses dos veciños e veciñas de Ribadumia.

Pola súa banda, ó remate do pleno Enrique Oubiña lamentou a “falta de respecto do PP, que na comisión informativa aceptou a nosa proposta para consensuar posturas e logo mudou de idea, co obxectivo de xerar polémica e buscar o titular de prensa favorábel. Pero cando menos quedounos claro que Salomé Peña é un cero a esquerda na súa formación e que a súa palabra non vale nada se non vai avalada pola súa man dereita. Triste epílogo para quen foi alcaldesa”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s