O anuncio de Feijoo de poñer a médicos do Sergas para valorar os graos de discapacidade pode resultar insuficiente.

  • Aledámonos de que as medidas de presión exercidas dende Ribadumia e outros concellos, e tamén dende En Marea, lograran por fin unha reacción do goberno do PP .
  • consideramos que as medidas anunciadas serán insuficientes se non se acompañan doutras medidas e inversións para que o servizo saia dese atasco de xeito permanente.

 Ante as informacións publicadas de que o Sergas vai reforzar, a través dun convenio con Política Social, o servizo de valoracións do grao de discapacidade,  dende Somos Ribadumia desexamos expor a nosa satisfacción por que se faga algo con este asunto, pero tamén a nosa preocupación por unas medidas que parecen insuficientes e que de solucionar un problema que afecta a moitos dos nosos veciños e veciñas, farao solo de xeito parcial e temporal, sen non se acompañan coa correspondente inversión en medios e persoal que garantan o correcto funcionamento do servizo dun xeito permanente.

   Sorprende que o señor Feijoo fale de reducir os retrasos nas valoracións de grao de discapacidade de 16 meses a 3, cando a media de retraso actual en Pontevedra está en 26 meses, según datos do propio servizo, e corroborados polos Servizos Sociocomunitarios de Ribadumia e os propios usuarios. Pero independentemente deste burdo intento de desinflar unha grave realidade, o anuncio do señor Feijoo da a imprsión de ser un parche que pretende desviar a atención do problema aparentando que se vai solventar, cando nos consideramos que pode non ser así, pois as medidas anunciadas, de conseguir algún obxectivo, con toda probabilidade sería parcial e temporal.

FB_IMG_1499343137962

A Deputada de En Marea Paula Verao visitou recentemente Ribadumia.

  O que o señor Feijoo non explica é que ademais do informe do médico xeral, para a valoración son precisos xeralmente outros dous informes, de psicoloxía e dun traballador/a social. Polo tanto este suposto reforzo dunha soa parte  posiblemente non vaia aliviar nada a carga de traballo do servizo, nin redundar nunha redución da lista de garda. O máis probable, sen embargo, é que axude  a que o descontrol do servizo sexa aínda maior, a sobrecargar aínda máis o persoal de psicoloxia e de Servizos Sociais dos centros de valoración,  e a provocar máis prexuízo as persoas que deban pasar por el.

  Para Enrique Oubiña, voceiro de Somos Ribadumia,  congratulámonos de que as nosas reclamacións, logo de un ano sen saber nada,  se tiveran por fin en conta no goberno autonómico, pero  non podemos conformarnos con que ante un problema de falta de medios a todos os niveis,   a solución presentada por un presidente dun goberno sexa poñer persoal a facer horas extraordinarias, ademais  nunha area que non é a súa. Todo este anuncio  eu creo que solo pretende atenuar as protestas dos usuarios e usuarias deste servizo:  as  de Ribadumia e outros concellos; a da  oposición parlamentar, que como nos explicou Paula Verao, deputada de En Marea que nos visitou recentemente para interesarse polo tema, oponse a esta medida, por considerala  un brindis ó sol e non estar consensuada cos sindicatos; as  críticas verquidas dende os sindicatos, que din descoñecer como se organizou este convenio entre  Sergas e Política Social, e tampouco son favorables a el .

  Por outra banda, parece  evidente, á vista da proposta e dos datos, que a parte de servir para que varios médicos e médicas consigan un ingreso extra a conta dunha sobrecarga de traballo, e que algún conselleiro se colgue unha medalla, non vai valer para moito máis, e os nosos veciños e veciñas precisan que servizos como este sexan áxiles e funcionen correctamente, e non anuncios na prensa de medidas inmediatas  que logo resulten estériles e medio prazo.“

   En Somos Ribadumia defendemos que este servizo debe contar de xeito urxente  cos medios precisos para funcionar correctamente, e seguiremos traballando para lograr que así sexa.  

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s