Crease un programa de intervención para os fillos/as de víctimas de violencia de xénero

   O Concello de Ribadumia informou de que acaba de por en marcha un  programa de intervención con fillo/as de víctimas de violencia de xénero que terá lugar neste verán 2017.

   Está dirixido aos fillos e fillas expostos á violencia de xénero, posto que estes comparten problemáticas comúns aos menores en situación de desprotección, pero tamén unha serie de caracteristicas especificas que precisan unha atención máis concreta, e suporá un importante reforzo as labouras que se realizan dende Servizos Sociais e dende o CIM (Centro de Información da Muller).

   As sesións do programa están dirixidas específicamente a fillo/as de víctimas de violencia de xénero derivados dende o CIM de referencia e os servizos sociais do Concello. E as intervencións están dirixidas a un mínimo de 10 menores en sesións individuais.

   O programa contará inicialmente cun máximo de 60 sesións, 4 por cada menor participante, anque non se descarta, se o servizo así o require, aumentar a duración e o alcalnce do programa.

   Ditas sesións estarán organizadas segundo as seguintes áreas:

  1. Sesión introductoria e identificación de emocións
  2. Identidade e autoestima
  3. Habilidades sociais e resolución de problemas
  4. Estereotipos de xénero

   O programa emprega instrumentos estandarizados que foron empregados no ámbito internacional e no campo da protección infantil como axuda por exemplo na evaluación inicial da situación das familias maltratantes/neglixentes servindo de base para a toma de decisións sobre a intervención nas sesións individualizadas para cada menor.

   O programa será executado por persoal especializado en psicoloxía xurídica e igualdade de xénero. Cunha duración de xulio a setembro en horario flexible segundo as necesidades de cada familia e menor.

pres-mesa-local1

Enrique Oubiña na pesentación da mesa de coordinación fronte a violencia de xénero

   Este importante programa, tal como explica Enrique Oubiña, concelleiro de Servizos Sociais, “sumase a unha serie de iniciativas que vimos tomando e/ou apoiando dende que chegamos ó  goberno, como a creación da mesa local de coordinación interinstitucional fronte á violencia de xénero,  o noso apoio decidido á Asociación de apoio as vitimas de violencia de xénero ESMAR, asi como a organización de diferentes tipos de charlas informativas, por non falar da nosa implicación co importante traballo que se realiza dende o CIM.  Con este novo programa damos un paso máis na mellora dos servizos que dende o Concello prestamos as persoas que pasan por momentos difíciles, neste caso a un sector moi concreto, e en xeral pouco visivilizado,  pero que esta aí  e precisa de todo apoio canto se lle poida aportar.”

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s