O Concello de Ribadumia inviste en limpeza e mantemento

   O Concello de Ribadumia informou en días pasados da recepción dunha  retroescavadora minipala adquirida ó abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, e que supón unha inversión de preto de 30.000 €,  co obxectivo de  asegurar un servizo constante e mellorar  o mantemento do municipio, ademais de axilizar a realización de pequenas obras.

Esta inversión ven a ampliar o parque de maquinaria do Concello de Ribadumia, algo que é preciso para optimizar os traballos e os tempos.

image001   A adquisición desta retroescavadora minipala, que ademais conta cun cucharón varredora, con sistema de rego, cepillos laterais e faldóns de goma, así como un kit de tubaria, distribuidor e soporte varredora, supón un avance importante no inmobilizado deste concello, posto que o fai menos dependente doutros organismos e permite mellorar a capacidade de resposta ante os veciños.

Estes materiais xunto a características máis técnicas como tamaño ou potencia, fan que sexa unha máquina versátil, con multitude de accións, que facilitará o traballo os empregados do concello e diminuirá custos de arrendamento de maquinaria ou demora de tempos excesivos.

  Nova campá hidrolimpadora.

 plato hidrolimpadora (1)Esta adquisición sumase a otra tamén recente, neste caso un prato rotativo para hidrolimpadora, que permite mellorar as tarefas de  limpeza nas zonas urbanas, beirarúas e  prazas. Esta maquina adquirida con cargo os fondos propios do Concello supuxo unha importante inversión, que este equipo de goberno considera que dende o primeiro momento esta dando un moi bo rendemento, e o final deste ano xa terá aforrado en custes de limpeza moito máis do que custou, aportando unha mellor calidade no traballo.

  Esta máquina, unha campa cun eixe rotativo que emprega auga a alta presión como mecanismo de limpeza, vai a supoñer unha importante mellora na  limpeza das beirarúas e prazas do noso Concello. Debido ó seu deseño permite avanzar no traballo moito máis axilmente, e tamén permite que os traballos se desenvolvan facilitando moito a labor dos empregados municipais, e sen necesidade de que estes precisen roupas de augas para protexerse, nin tampouco de vallar a zona de traballos, evitando así incomodos para os viandantes.

Ademais do dito, polo seu xeito de funcionar, esta nova maquina vai permitir importantes reducións  no consumo de auga, ata  nun 75 % , e do tempo empregado nestas labores nun 70%.  Estes importantes aforros van permitir outra xestión destes tipos de traballo e, cando antes era difícil dedicar recursos a limpeza de beirarúas, polo seu custe en tempo, agora eses traballo poden realizarse  moito máis axilmente.

 Para o Concelleiro de Urbanismo, Enrique Oubiña, “este tipo de inversións son precisas para poder mellorar todo o relativo ó mantemento  e as pequenas obras municipais,  facilitarlle aos empregados municipais o traballo tanto como sexa posible, e mellorar os tempos de resposta e de execución. Non esquecemos que este concello ten un nivel de instalacións e unha infraestrutura que corresponden cun concello co dobre de habitantes. Nesta situación hai que prestar moita atención a como se xestionan os recursos municipais. A melloría na calidade de servizo debe ser unha constante e neste equipo de goberno esforzamonos por que así sexa”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s