Os participantes na asemblea anual validan positivamente o traballo de Somos Ribadumia no Concello
Na pasada asemblea de Somos Ribadumia, que se celebra de xeito ordinario cada ano, os preto de medio centenar de participantes validaron de xeito positivo o traballo que Somos Ribadumia está levando a cabo como parte do equipo de Goberno de Ribadumia.
Durante a asemblea fixose un repaso a todo o traballo realizado ata o de agora polo equipo de goberno, tanto nas areas das que é responsable Enrique Oubiña, como no resto do goberno pois, tal como se explicou, “este goberno foi plantexado como un equipo e como tal traballa, evitando que as areas estan illadas”, e deuse unha visión de conxunto do acontecido ata o de agora. Valoraronse como especialmente positivos os cambios levados a cabo no goberno co concernente a transparencia, os funcionamentos democraticos e a xestión interna, asi como a resolución dos diferentes problemas os que o equipo debeu facer fronte, como a situación ilegal do tanatorio ou o desastroso estado das instalacións municipais, que obrigaron a un importante esforzo económico e de persoal, e que lastran o avance do goberno. Tamén se avanzaron as liñas de actuación para os próximos meses.
Con respecto ó pacto de goberno a comisión executiva rendeu conta de todas as xuntanzas realizadas cos socios de goberno e de como se esta funcionando no día a día, concluindo que a evolución do pacto, se ben máis lenta do desexable, está avanzando na dirección correcta. Remarcouse especialmente a boa relación cos socios de goberno e a boa disposición de todas as partes para a consecución dos obxectivos plantexados.
No económico, renderonse contas de cal é situación económica de Somos Ribadumia, explicando polo miudo cales foron os gastos e ingresos da plataforma. A asemblea finalmente, aprobou as contas, o informe de xestión tamén valorou positivamente o traballo da comisión executiva o longo do último ano.
Enrique Oubiña insistiu o remate da asemblea, na “necesidade de que Somos Ribadumia manteña o seu funcionamento asembleario, reunindose e falando claramente sobre o feito e o que hai que facer. Non esquecemos que Somos Ribadumia, e eu como representante no equipo de goberno, conseguimos esta representación gracias a unha serie de veciños que confiaron no noso proxecto, e logo foron tamén os veciños os que nos indicaron cales eran os pasos a seguir: pactar coas outras dúas forzas e mudar o goberno de Ribadumia. Fixémolo, pero o camiño e longo e debemos seguir contando coas persoas, pois a elas nos debemos, e son a nosa única forza.”

Nas últimas semanas intensificáronse os traballos de mantemento na parte ribadumiense por onde transcorre a Ruta da Pedra e da Auga e na senda fluvial do Umia. As labores de mantemento xa se viñan mantendo ó longo do ano, e xa a finais do verán pasado se habían reforzado os traballos coa adquisición de maquinaria nova, un tractor de reducido tamaño con desbrozadora e unha podadora manual, que axilizaron moito estas labores e permitiron que se acadara un nivel óptimo e sostido no mantemento das sendas fluviais, que agora locen en calquera época do ano unha moi boa imaxe.
Fai agora un ano, 