En marcha as obras do Plan Concellos.

OBRA PUXAFEITA PLAN CONCELLOS 2016  A pasada semana deron comezo as obras financiadas polo  Plan Concellos 2016, obras que buscan en todos os casos a mellora das infraestructuras e servizos para os nosos veciños. Nesta primeira tanda estanse realizando varias obras que van  permitir completar a rede de saneamento nos lugares de Lucio, Pereira e Ribadumia, cun orzamento de 62.387,63€. O concelleiro de obras Enrique Oubiña declaraba este mediodía, nunha das visitas diarias que realiza para comprobar a evolución dos traballos, que ” estamos traballando arreo para conseguir o noso obxectivo de rematar o saneamento, cubrindo a través de obras como estas todos os ocos que quedaban, que eran bastantes máis dos que o PP aseguraba, e que ademais son máis complexos de realizar. Ademais, seguindo criterios de rendemento dos traballos, estamos aproveitando para deixar previstas outras canalizacións, como neste caso a da auga , para que cando chegue o momento de dar servizo aos veciños que o reclamen, non sexa preciso xa realizar obras.”. 

   Estes días tamén se puxeron en marcha o resto de obras do plan concellos 2016, polo que nos próximos meses veremos os resultados destas importantes actuacións ,que suman unha inversión de case 248.000€

O equipo de goberno segue traballando en corrixir a falta de regulación municipal

 No pasado pleno do día 4 de maio, aprobouse a regulación para as sinais indicadoras de empresas. Unha norma que sorprendentemente (ou xa non, logo do que se levan encontrado no Concello dende a súa entrada en Xuño do 2015) non existia e deixaba en branco unha parte do uso dos espazos públicos.

IMG_20170504_092200 - copia

Nos últimos anos, a acumulación de sinais provocou unha importante saturación algúns puntos, que o carecer de regulación acaban dando unha mala imaxe. 

No correr dos últimos anos, especialmente antes da crise,  o número de sinais indicadores de empresas no noso concello aumentou sensiblemente, especialmente no centro urbán de Barrantes e nos cruces próximos as zonas con máis actividade . Tal e como explicou durante o pleno Enrique Oubiña, “este crecemento no número de sinais resultou bastante caótico en canto a estética, pois o non ter unha norma que marcase unas cuestión básicas tales como a  superficie máxima das placas, coloracións, o número máximo de sinais en cada soporte, as características dese soporte, etc, cada empresa colocaba a sinal que consideraba.”

Algunha das consecuencias desta falta de ordenamento deu como resultado unha saturación evidente nalgúns puntos, ou que se usasen soportes pouco adecuados para a colocación de sinais, e mesmo algún sinal colocado en lugares que obstaculizan a visibilidade dos condutores e transeúntes. En resumo, Explicanos Oubiña “a deixadez neste tema do equipo de goberno anterior provocou un caos sinaléctico,  con puntos de tanta saturación que as sinais perden o seu efecto, cando non estorban a visibilidade e provocan problemas. Isto por non falar de cuestións de seguridade, pero supoño que a señora Peña eses temas non lle preocupaban demasiado.” 

Ademáis disto, carecíase de taxa “especifica” por ocupación de vía pública con sinais indicadores, taxa que si existe para outros conceptos, como as terrazas. Hai que aclarar  que en contra do que afirma o PP, efectivamente existía unha taxa xenérica por ocupación de espazo público aprobada pola propia señora Peña, pero non era nada clara, e resultaba de difícil aplicación. 

En resumo, con esta ordenanza o que se pretende é solucionar varios problemas como:

  • A mellora estética do concello
  • Proporcionar un reglamento que iguale as condicións para todas as empresas, así como as responsabilidades destas empresas e do propio Concello.
  • Establecer a correspondente taxa polo uso de espazo público, que sexa razonable, e que sexa equiparable o resto de taxas existentes por este concepto, como as de terrazas.

Deste xeito, establécense tres tipos de soporte para sinais, que serán o baixo (ata 1,20 metros), o soporte alto (ata 2,60 mt) e o tótem. Tamén existirán tres medidas para as placas, e regularase o color, que será cor violeta púrpura.

Con respecto a taxa, Enrique Oubiña explica que “O PP minte descaradamente. O prezo por colocar unha sinal é de 100€ para as empresas de Ribadumia, e inclue o soporte da sinal, que colocará e manterá o Concello, e a taxa do primeiro ano. A taxa anual posterior está para as empresas locais en 50€, un prezo moi razoable se se compara con outros concello que chegan a cobrar ata 400€ por estes conceptos. 

Para enrique Oubiña,  “unha vez publicada esta norma, e logo do proceso de adecuación, disporemos dun Concello mellor ordenado, e cunha mellor estética no que concerne as  rúas e os cruces de camiños. Esta mellora, únida os esforzo que estamos facendo en canto o mantemento dos nosos espazos públicos beneficia especialmente os nosos veciños e veciñas, que cada vez esixen máis ter un Concello ordeado e limpo que dea gusto ver, pero tamén aos visitantes de fora, que falarán de Ribadumia según a impresión que dela se leven.”

Con respecto as críticas volcadas polo PP , para Enrique Oubiña “o PP xoga o seu, que é facer demagoxia con calquera cuestión e a mentir. Os espazos públicos pertencelles a todos os veciños e veciñas, e a obriga do goberno é telos regulados. Ademais esta taxa unicamente afectará a aquelas empresas que desexen por un cartel sinalador, e ten un prezo moi razoable. A  subida do 100% que o PP nos meteu no recibo do lixo en plena crise afectou a todos os veciños, e a eles non lles pareceu inadecuada.

Ribadumia homenaxeará os veciños que traballen en prol do Galego.

  • A institucionalización deste acto aprobouse no pasado pleno, sen o apoio da oposición.
  • O acto terá lugar todos os anos no Día das Letras Galegas.
  • Estableceuse unha formula transparente para a elección da persoa ou entidade para cada edición.
Captura de pantalla 2016-09-03 15.24.42

Captura da camara que graba os plenos municipais, e que se poden ver na canle de youtube do Concello.

Tal como explicou durante o pleno municipal do pasado xoves Mar Rey, concelleira de Cultura, ata este ano, o Concello de Ribadumia non organizou de forma directa ningún acto institucional relacionado co Día das Letras Galegas. O equipo de goberno de Ribadumia considera, sen embargo, que a defensa da nosa lingua e, por extensión, de toda a nosa cultura non pode quedar á marxe nin do funcionamento diario do Concello como institución municipal pública, nin dos actos institucionais que teñen lugar no concello ó longo do ano.

Ademais do xa dito sobre o traballo na administración local , onde hai que deixar constancia de que o uso do galego está perfectamente integrado e normalizado a todos os niveis, e da necesidade de organizar actos onde se poña de relevancia a importancia do noso idioma, o equipo de goberno considera que non podemos deixar na marxe da historia a todos eses veciños e veciñas, ou a diferentes entidades, que ó longo dos anos realizaron un traballo de posta en valor ou conservación da nosa lingua. Por este motivo, considerando  que debe haber un acto institucional con motivo do Día das Letras Galegas e que este acto ten que ter como eixo o recoñecemento a estas persoas ou entidades, o equipo de goberno presentou no pasado pleno unha moción co obxectivo de institucionalizar e asentar as bases para a organización deste acto. En concreto adoptouse o seguinte acordo:

  • Establecer un acto de homenaxe, denominado “RIBADUMIENSES EN PROL DO GALEGO”, que sirva para homenaxear de xeito anual a veciños ou veciñas que, pola súa traxectoria vital, merezan ser recoñecidos como defensores da nosa lingua.
  • Establecer as BASES que, de xeito transparente, enmarquen a celebración deste acto, así como a fórmula de elección da persoa, persoas ou entidades que cada ano serán recoñecidas.

   As bases aprobadas establecen entre outras cousas a responsabilidade do goberno da organización do acto, as súas características e a formula de elección da persoa ou colectivo á que en cada edición se lle renderá homenaxe.

   Hai que salientar que a formula permite que unha persoa ou colectivo, dos que se deberá dar proba do seu traballo en prol da lingua galega,  sexan propostas por:

  1. equipo de goberno do Concello de Ribadumia.
  2. a petición conxunta de catro concelleiros.
  3. unha petición razoada e xustificada dun organismo oficial, entidade ou asociación legalmente constituída, que se presente avalada pola sinatura de 100 veciños.
  4. unha petición subscrita por un número de veciños que represente, cando menos, o 3% da poboación do Concello de Ribadumia no momento de presentaren a proposta.

 

   As propostas deberán realizarse no primeiro trimestre de cada ano. Logo o equipo de Cultura analizará todas as propostas para  que aquelas que cumpran os requisitos pasen a Comisión Informativa de Cultura, onde están representados todos partidos,  para a elección final.

 Tal como explicou Enrique Oubiña, dende o equipo de goberno estamos  establecendo bases de funcionamento transparentes para os actos institucionais, como xa se fixo tamén co “acto de homenaxe as mulleres traballadoras de Ribadumia”, o cal permite  eliminar a politización  deste tipo de actos. E iso  debe ser o que lle molesta ó PP que, incapaz de apoiar unha moción deste tipo a pesares de que se incluiron as súas dúas propostas,  de que gracias a esta norma van poder participar do proceso de elección cada ano, e de que o primeiro que dixerón foi que actos deste tipo eran moi necesarios, saiunos co peregrino, por non decir ridículo,  argumento de que …atención… o titulo, “Moción do equipo de goberno para a institucionalización dos actos municipais do Día das Letras Galegas e da GALA-HOMENAXE RIBADUMIENSES EN PROL DO GALEGO”,  non lles parecia coherente(!), que ven a ser como decir que non lles gustaba a cor da tinta coa que estaba escrita. 

O primeiro homenaxeado; Dositeo Valiñas.

   Para a primeira “Gala-Homenaxe Ribadumienses en prol do Galego” que terá lugar o 17 de Maio, as 20:horas, no Auditorio de Ribadumia, non daba tempo físico para realizar a elección da persoa ou colectivo seguindo as bases aprobadas o pasado xoves, polo que o equipo de goberno optou por elixir para este recoñecemento a unha persoa que xerara consenso. Dositeu Valiñas, párroco de Ribadumia e Leiro, foi un precursor das liturxias en galego, nun momento histórico onde o uso da nosa lingua non estaba ben visto, e dende un ámbito, o relixioso, que nesa época tiña unha gran influencia social, máis especialmente se cabe en Galicia. A súa traxectoria como defensor da nosa lingua é innegable, e por ese motivo o equipo de goberno acordou que debería ser el quen tivera a honra de recibir este primeiro recoñecemento.

Aprobado o orzamento 2017, que inclue entre as súas inversións o aumento do apoio a servizos sociais, ás entidades sen ánimo de lucro, e a “legalización da maior parte do alumeado electrico”.

  • Aumentase o gasto social e o apoio a entidades sen ánimo de lucro, e contense o gasto corrente.
  • Incluese unha partida de 70.000€ para solucionar a situación de ilegalidade na que o PP mantiña a maior parte do alumeado eléctrico.
  • En obras, destaca a ampliación do centro de Servizos Sociais, para acoller un novo  almacen de alimentos e roupa, e mellorar a xestión deste servizo, ademais de diversas obras de saneamento. 

pleno-03032016  No pleno ordinario celebrado o pasado xoves, foi aprobado o orzamento do municipio para o ano 2017 que ascende a case 3,5 millóns de euros.

Logo dunha exposición moi didactica apoiada no proxector, onde a concelleira de contas, Pilar Martinez, explicou á oposición e á veciñaza presente o máis salientable do orzamento, aportaronse varias conclusións.

   Orzamento garantista, prudente, transparente e real, que axusta os gastos e inversións o 100% dos ingresos, mantendo así a posición e política de non endebedamento do municipio.

   Deste xeito os ingresos  son estimados, como en calquera presuposto, en función dos exercicios anteriores, e segundo a contabilidade destes. Neste caso, para o 2017 tivéronse de referencia ou base as ordenanzas en vigor, os padróns fiscais e liquidacións do exercicio anterior, tendo como criterio fundamental sempre a prudencia.

   Tamén se reflexa xa a previsión de transferencias do estado, esto é a participación de Ribadumia nos tributos do Estado, ou os ingresos polo Plan Provincial 2017.

   En canto os gastos destacan as inversións e incrementos de inmobilizado. Deste xeito, vanse levar a cabo diferentes obras de saneamento en diferentes puntos do municipio como son O Freixo ou Sisán. Obras que elevan o seu custo a outras anteriores, debido a dificultade das mesmas, xa que son conexións complicadas pola orografia do terreo, pero que é preciso levar a cabo para dar servizo a veciños ata o de agora sen él.

   Sube tamén o que hai que pagar a Sogama, algo que se debe a subida do custo por tonelada de lixo que marca a administración autonómica.

   Consta neste orzamento, unha partida no alumeado, que ascende a uns 7.0000 €, para legalizar instalacións eléctricas que ata o de agora eran facturados a tanto alzado, de cara a incluilos nas melloras de eficiencia enerxéticas que son unha das prioridades deste equipo de goberno.

   Por outra banda a partida adicada a servizos sociais sube dos 310.000,00 €, un incremento importante con respecto a anos anteriores.

   Destacar así a diminución do pago a Mancomunidade, o prescindir o servizo da retroescavadora, e adquirir unha en propiedade.

   E destacar o aumento na partida adicada a entidades e institucións sen ánimo de lucro en 7000 €.

   Estos orzamentos, buscan manter os servizos que os veciños de Ribadumia disfrutan ata o de agora e mellorar a xestión dos fondos públicos.

   Este orzamento estará na páxina web co concello dispoñible para consulta dos veciños nos próximos días.

  O final do pleno, Enrique Oubiña, que durante o debate dos orzamentos afeou ó PP a súa falta de propostas e enmendas ó documento,  e total incapacidade para defender a súa postura con argumentos sólidos, mostrouse entristecido “pola actitude do PP. Este documento é o máis importante do ano, e mentres o PP se dedicou o insulto velado e a falta de respecto, incapaz de realizar ningunha enmenda ou proposta, nos mostramos as inversións en diferentes áreas que imos realizar, mellorando a calidade dos servizos e no funcionamento do concello, e avanzando na consecución de varios obxectivos, como a mellora en servizos sociais ou rematar a rede de saneamento”. 

 E ante a critica do PP por unha baixada na partida de emerxencia social foi taxante “Salome Peña xoga a confundir os veciños. Unha cousa son as inversións en servizos sociais, e as medidas que pouco a pouco imos implantando para mellorar a calidade do servizo, e que no seu conxunto aumentaron, e outra a partida dedicada a situacións de emerxencia social. Esa partida baixa efectivametne no orzamento ata a cantidade que foi precisa para atender a ese tipo de emerxencias durante o ano 2016, e no equipo de goberno alegramonos diso e vemolo como algo positivo. Eu agardo que a  sigamos baixando en anos sucesivos, porque significará que ese tipo de actuacións son menos necesarias. Tamén hai que deixar claro que a partida non esta pechada, e se por desgracia hubera que aumentala, fariase  sen problema ningún, pero traballamos cada día para que iso non aconteza.   Recomendolle a señora Peña que a próxima vez que vaia a visitar o centro de servizos sociais, ademais de admirar a cor branca das paredes, se interese polo que alí estamos facendo, e tampouco estaria de máis, dado que en catorce anos de alcaldesa non tivo tempo, se informase sobre como funciona o procedemento de axuda de emerxencia social.”