Pedimos medidas urxentes para loitar contra o descenso de poboación.

  • A situación de Ribadumia, con 52 habitantes por enriba dos 5.000, é un problema que debería ter a máxima prioridade.
  • Na etapa de goberno anterior Somos Ribadumia fixo unha serie de propostas que foron rexeitadas por IR, e agora pagamos as consecuencias.
  • Pedimos valentía e audacia, e poñer en marcha medidas que dean a volta a esta situación.

 

Nº habitantes

Dende que alcalnzamos o pico de habitantes no 2013, co fin do ciclo da construcción, cada ano perdemos poboación. Unha situación cuxo cambio que require medidas de calado.

   Rematando o ano, os datos de poboación devolven a Ribadumia a unha realidade preocupante: a perda paulatina de poboación. Unha situación que ven de moi atrás, pois o saldo vexetativo do noso concello – relación entre nacementos e defuncións- e negativo dende o ano 1992, a pesares do crecemento poboacional que lle  deu a Ribadumia un empurre envelenado pola mala xestión e as políticas da dereita , que fixeron que a nivel de infraestruturas o concello medrara dun xeito moi superior ao crecemento poboacional. Para Enrique Oubiña “ levamos anos dicindo que a situación é delicada, pero os gobernos do PP non se preocuparon e nos no anterior goberno demos algún paso, pero  topámonos coa parede bloqueadora de IR, que consideraba que a situación non se podía reverter dende o concello”.

graficas saldo vexetativo

En Ribadumia levan morrendo máis persoas das que nacen dende o 1993. O crecemento poboacional non conseguiu reverter esa situación, e agora que o bum da construcción parou, vense as consecuencias.

   Así pois, a día de hoxe, o colchón que nos alonxaba da barreira dos 5.000 habitantes, e polo tanto dunha redución importante da participación dos fondos públicos, encolleu ata quedar nun escaso medio cento de persoas.  Por ese motivo, pedimos ao equipo de goberno que deixe de mirar a cidadanía como bolsas de votos, e se poña mans á obra no traballo de reverter esta situación, por que de non facerse algo urxentemente, en moi poucos anos o concello pode ter que facer fronte a uns custes de mantemento moi difíciles de manter co nivel de taxas actual, e será a veciñanza a que acabe pagando a situación a través de importantes subas de impostos.

  Cuestións como a degradación de servizos básicos como a atención primaria no centro de saúde, ou un colexio que se cae a pedazos, non axudan neste aspecto. E a escusa de “non temos competencias” que o alcalde David Castro pon para xustificar a súa inacción tampouco aportan máis que a evidenciada súa incapacidade para gobernar se non ten ao seu lado a xente competente que faga o traballo por el.

 

Cambiar o modelo de concello.

   En Somos Ribadumia temos  todo isto moi claro, por iso na pasada campaña electoral, baseándonos na nosa experiencia de goberno e nos  datos reais, presentamos un proxecto integral, que propoñía medidas de calado para poder favorecer que as persoas que buscaran un lugar onde asentarse na nosa comarca, tiveran en Ribadumia unha alternativa apetecible. Como explicaba no seu momento Enrique Oubiña, “para conseguir isto non solo hai que poñer farolas  e torneos de fútbol, as obsesións do noso alcalde, tamén hai que facer investimentos de calado. Medidas  como mellorar os servizos nos CRAs, que van ser os primeiros que caian, ampliando a eles os plans madruga, as escolas de ocio e os comedores, son un bo exemplo, que hoxe serían unha realidade Somos Ribadumia estivera no goberno”.

folleto conciliación

     Vai ser co noso programa electoral como referencia, que inclúe medidas de mellora urbanísticas, para que o noso concello sexa un lugar onde dea gusto vivir no día a día, e non solo o concello dormitorio e pouco molesto que o goberno de IR desexa – igual que antes o PP -, pero tamén medidas de carácter social, de axuda “real” á creación de emprego , de melloras nos servizos públicos, etc, que nesta lexislatura faremos todo canto estea na nosa man por conseguir que o goberno tome a iniciativa e poña en marcha unhas medidas que son necesarias, non por que o digamos nos, se non porque as consecuencias de mirar para outro lado as van a pagar todos os veciños e veciñas.

A incorporación da nova facultativa no centro de saúde de Ribadumia será efectiva nos próximos días.

  • Coa incorporación á súa praza da facultativa, o centro de saúde de Ribadumia recupera parcialmente a normalidade.
  • As xestións de Enrique Oubiña e Somos Ribadumia ante a xerencia do EOXI, permitiron que nestas últimas semanas non tiveramos complicacións.
  • Non nos conformamos, seguiremos traballando para recuperar a normalidade no servizo de pediatría, imprescindible no noso concello, e a ampliación do servizo de medicina familiar ao terceiro facultativo.
50856898_1524041051073611_75557038901428224_o

Enrique Oubiña, Ricardo Fontán e Lorena Rodriguez xunto á doutora Margarita Vidal e varias veciñas e veciños durante unha das concentracións realizadas en fronte ao centro de saúde.

    Nos próximos días, está previsto que unha nova facultativa, María Teresa García,  asuma a praza que quedou vacante logo da xubilación dunha das dúas médicas que desenvolvían o seu traballo no centro e saúde de Ribadumia. Con esta incorporación ponse fin a unha situación de inestabilidade que viñamos arrastrando dende o verán, e que supuxo deixar durante varias semanas o centro de saúde cunha única medica atendendo, a saturación do centro e unha merma importante na calidade da atención sanitaria aos nosos veciños e veciñas.

  Dende Somos Ribadumia consideramos que é positivo que se poña fin a esta mala situación que estabamos vivindo, que se viu mitigada logo da xuntanza mantida entre Enrique Oubiña e o xerente do EOXI, Jose Ramón Lopez , a principios de outubro e que rematou co compromiso do xerente de manter o centro de saúde con dous médicos ata que a praza quedase cuberta.

   Con todo, inda que celebramos este regreso parcial a normalidade, non podemos estar satisfeitos pois seguimos tendo outros problemas. O primeiro é a cuestión do pediatra. Dende Somos Ribadumia non imos aceptar que, como acontece con concellos próximos ao noso, o servizo se traslade a outro entro asistencial. Consideramos que as nosas veciñas e veciños teñen dereito a que se lles atenda no centro de saúde de Ribadumia, e non ter que trasladarse nin a Cambados nin a ningún outro lugar.

  Para nos unha cuestión primordial para que un concello poida medrar, e a prestación de servizos. Calquera persoas que estea buscando asentarse e formar unha familia hoxe en día valora moito a calidade e proximidade dos servizos públicos, e dende logo ter preto a un medico e un pediatra, ou un bo colexio, non é cuestión menor a hora de decidirse por un concello ou outro. No seu día a saturación do centro de saúde de Ribadumia xunto a que o centro de Cambados ofrecía asistencia de tarde, provocou que moitas veciñas e veciños pediran asistencia no concello veciño. Esta situación queda moi en entretido co recorte de servizos acometido no centro de saúde de Cambados- ao que nos opuxemos apoiando aos compañeiros de Somos Cambados nas súas reclamacións –  e volven facer necesario que en Ribadumia se amplíe o servizo cun terceiro facultativo. Esta ampliación necesaria tamén eliminaría problemas dos últimos veráns, cando a falta de facultativos, auspiciada pola mala xestión do SERGAS e pola degradación do sistema público de sanidade ao que nos está sometendo o PP, provocou o colapso do centro de saúde.

Sen novas da recollida de sinaturas promovida por David Castro.

  Con todo, non esquecemos que no concello quen ten a máxima responsabilidade de dar a cara pola veciñanza é o alcalde de turno. De David Castro dende o pasado verán solo sabemos que auspiciou unha recollida de sinaturas que non entregou en ningún lado, e que segundo  el foi a reunirse coa xerencia do EOXI e conseguiu un número de teléfono. Oubiña recórdalle a David Castro que “un é alcalde para algo máis que entregar trofeos e ir a xantares, e o  feito de non ter competencias non exime da responsabilidade de velar polos intereses da veciñanza de Ribadumia e dar a cara pola nosa xente cando sexa preciso, con independencia de quen sexa o partido que estea na administración correspondente”.

  Dende Somos Ribadumia seguiremos traballando para mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza en todos os aspectos, con todas as ferramentas políticas das que dispoñamos.

Dende Somos Ribadumia con respecto aos supostos investimentos no colexio insistimos: concreción e compromisos reais.

  • O anuncio de case un millón de euros feito polo alcalde, non foi confirmado a día de hoxe polo Partido Popular.
    • Pedimos concreción e compromiso: partidas específicas recollidas no orzamento do 2020.

En Ribadumia pasamos de non ter ningún investimento previsto para o 2020, a que o alcalde – non o Partido Popular – falen de investir preto de 1M de euros. E todo en menos de unha semana.

Vaia por diante que calquera investimento que mellore a lamentable situación do noso colexio será pola nosa parte benvido.

Pero algo chirria en todo isto. Unha cantidade tan grande, de terse previsto, aparecería na proposta de orzamento do PP para o 2020. Sen embargo, repasando os feitos topámonos con que o Colexio de Ribadumia non apareceu por ningún lado con respecto aos orzamentos da Xunta ata que dende Somos Ribadumia sacamos a cuestión fai oito días, logo de agardar pacientemente unha semana a que David Castro dera a cara e defendera as necesidades do concello, cousa que non aconteceu, e segue sen acontecer. E foi a partir dese punto cando a Conselleira Carmen Pomar anunciou que con cargo a unha partida xenérica de oito millóns se ían facer algún investimento no concello, sen concretar nin que investimento nin que cantidade de cartos. Isto foi algo que dende Somos Ribadumia agradecemos, do mesmo xeito que pedimos que se concretara que se ía facer no colexio e que cantidade se ía investir.

Dous días despois disto último topámonos con que o noso alcalde anuncia unha cantidade importante, 974.527€, divididos en tres partidas que sen embargo non aparecen de momento recollidas en ningún sitio. Que o PP anuncie importantes investimentos para o colexio non é novidade, xa aconteceu no 2015, tamén en período electoral, anque o Conselleiro daquel momento foi máis cauto nas cantidades, e solo anunciou 400.000€, dos que despois lamentablemente non chegou ao colexio nin un solo euro. Por ese motivo non podemos amosar de momento moita confianza en que o anuncio sexa algo máis que un titular.

Por outra banda está a realidade do funcionamento burocrático. Un investimento deste calado non se realiza de un día para o outro. Primeiro hai que definir a actuación, o que se quere facer. Logo hai que limitar a elaboración dun proxecto, proceso que por si mesmo levará meses, logo elaborar o proxecto e despois licitar a obra, e finalmente levala á cabo. Estamos falando dun proceso que pode durar anos. Por ese motivo é tan importante que o orzamento recolla a partida dun xeito específico, e evitar que outras urxencias se coman o orzamento para o colexio, que é o que pode pasar se se pretende acometer a reforma do colexio de Ribadumia a partir dunha partida xenérica que despois se pode destinar a aquilo no que o PP teña interese..

A sospeitosa complicidade de David Castro co Partido Popular.
Outra cuestión que chama a atención é que quen fixo o anuncio deste importante investimento non foi nin a Conselleira, nin o Partido Popular, nin sequera o voceiro local do mesmo, se non o alcalde David Castro. Esta circunstancia non é normal dentro da lóxica política, onde o partido que fai o investimento, especialmente investimentos deste tamaño, fai o anuncio – e levase o mérito – .

Nos temos moitas dúbidas ao respecto deste anuncio, que non é oficial, pois solo contamos coa palabra dun alcalde que primeiro dixo que a Conselleira non o quería recibir, logo cando chegaron ás eleccións dixo que si se reunira pero para falar do proxecto do alcalde para o campo de fútbol, non dos problemas do colexio, e anunciando un suposto beneplácito, e disque unha cantidade indefinida de euros, da Consellería, para agora a golpe de fin de semana anunciar un investimento importante no colexio, que non é o que el pedira, e do que solo el ten constancia, pois polo visto foille comunicado “por teléfono”.

Para Enrique Oubiña “ moi chapuceiro me parece a min iso de que o PP lle anuncie por teléfono ao alcalde un investimento deste calibre. Non falamos de asfaltar unha pista no medio do monte, precisamente. Pero máis chapuceiro me parece por parte do alcalde mandarlle tal anuncio á prensa sen velo posto en ningún lado de xeito oficial“ . Para Enrique Oubiña “a habitual cautela do alcalde veuse eclipsada pola rabia de ver que de dende Somos Ribadumia facemos o traballo que debería facer o goberno, e facémolo ben, e lanzouse a comunicar algo que máis parece unha promesa de sábado noite que outra cousa, solo para poder aparecer nun titular de prensa e aparentar que fixo algo cando non fixo nada.”
Tampouco podemos obviar o feito de que o PP nesta situación deixe facer, o cal nos leva a pensar se atendemos aos últimos movementos políticos, e a cuestións como a situación da Mancomunidade, que entre PP e IR hai algo máis que simple formalidade política. Para Oubiña “IR ten un problema, por que ese andar a facerlle as beiras ao PP impídelle ao noso alcalde manter unha posición clara de defensa das cuestións que afectan á veciñanza de Ribadumia. “

Dende Somos Ribadumia pedimos seriedade. Anuncios pode facelos calquera, pero estamos falando dun colexio nun estado lamentable, que fai anos que precisa investimentos de calado. Agardamos responsabilidade por parte do Partido Popular con esta cuestión, e que non sexa un mero movemento electoralista.

En calquera caso nos seguimos coa nosa folla de ruta. Agardaremos a ver como se concreta todo este tema de cara ao documento final dos orzamentos. Pero entre tanto non estaremos parados. Ademais de lograr o apoio de En Marea nesta cuestión que nos garantiza que dun xeito ou outro vaise falar do colexio de Ribadumia no debate orzamentario, temos solicitada unha xuntanza coa Conselleira de Educación na que agardamos que se nos aclare un pouco máis toda esta cuestión e poder confirmar o compromiso do goberno da Xunta con Ribadumia.

Pedímoslle á Conselleira de Educación que faga unha aposta firme por reformar o colexio de Ribadumia.

  • O anuncio logo das queixas de Somos Ribadumia é positivo, pero da a impresión de ser meramente electoralista.
  • A Consellería non aclarta a que se refire cando anuncia obras no Colexio.
  • Pedímoslle que se a intención é seria inclúa a correspondente partida no orzamento.

  Ao día seguinte de que a prensa se fixera eco das nosas queixas por que o PP deixe fora do orzamento a reforma máis que necesaria do CPI Xulia Becerra Malvar, a Consellería de Educación ven de anunciar que con cargo a unha partida xenérica van facer algun  tipo de obra nese colexio.

  Debemos dicir en primeiro lugar que nos aledamos, e agradecemos este cambio de criterio e que a priori  a Consellería se mostre consciente de que hai que actuar no Colexio de Barrantes, o cal que demostra que, mentres outros gardan silencio, o intenso traballo de Somos Ribadumia, xunto á nosa posición clara na defensa dos intereses da nosa veciñanza, ten eco e resposta alí onde corresponde.

  Pero non podemos  obviar que o anuncio da Consellería se fai usando de comodín unha partida xenérica para toda Galicia, onde tanto poden coller compromisos cun colexio, como con cincuenta, e que despois poden quedar en nada, ou en simple maquillaxe. Para Enrique Oubiña “o anuncio de onte cheira a campaña electoral máis que a unha intención sinceira de facer algo. Pero nos non precisamos anuncios electoralistas, nin nos nin as nais e os país que cada día mandan aos seus fillos e fillas a un colexio que está nun estado lamentable, cheo de humidade e con aulas saturadas. O que esas nais e país – e polo tanto nos – precisan é unha solución concreta, porque as súas crianzas teñen tanto dereito a recibir a súa educación nunhas condicións dignas como calquera neno de calquera concello”.

  Dende Somos Ribadumia pedímoslle a Conselleira  Carmen Pomar que, en primeiro lugar, especifique en que van a consistir esas actuacións, e que se a intención é certa, orzamente unha cantidade específica, como no caso dos outros 26 centros educativos que van recibir financiamento para actuacións de todo tipo.  

  En calquera caso, tal como explicaba Enrique Oubiña esta maña, “nos imos seguir o noso camiño na defensa dunha reforma integral do colexio. Esta semana está  prevista unha xuntanza con Luis Villares, na cal lle trasladaremos esta problemática co obxectivo de que En Marea presente unha enmenda orzamentaria para incluír unha partida específica, que perfectamente se podería separar da partida xenérica á que fixo referencia a Conselleira de Educación.”