Pedimos medidas urxentes para loitar contra o descenso de poboación.

  • A situación de Ribadumia, con 52 habitantes por enriba dos 5.000, é un problema que debería ter a máxima prioridade.
  • Na etapa de goberno anterior Somos Ribadumia fixo unha serie de propostas que foron rexeitadas por IR, e agora pagamos as consecuencias.
  • Pedimos valentía e audacia, e poñer en marcha medidas que dean a volta a esta situación.

 

Nº habitantes

Dende que alcalnzamos o pico de habitantes no 2013, co fin do ciclo da construcción, cada ano perdemos poboación. Unha situación cuxo cambio que require medidas de calado.

   Rematando o ano, os datos de poboación devolven a Ribadumia a unha realidade preocupante: a perda paulatina de poboación. Unha situación que ven de moi atrás, pois o saldo vexetativo do noso concello – relación entre nacementos e defuncións- e negativo dende o ano 1992, a pesares do crecemento poboacional que lle  deu a Ribadumia un empurre envelenado pola mala xestión e as políticas da dereita , que fixeron que a nivel de infraestruturas o concello medrara dun xeito moi superior ao crecemento poboacional. Para Enrique Oubiña “ levamos anos dicindo que a situación é delicada, pero os gobernos do PP non se preocuparon e nos no anterior goberno demos algún paso, pero  topámonos coa parede bloqueadora de IR, que consideraba que a situación non se podía reverter dende o concello”.

graficas saldo vexetativo

En Ribadumia levan morrendo máis persoas das que nacen dende o 1993. O crecemento poboacional non conseguiu reverter esa situación, e agora que o bum da construcción parou, vense as consecuencias.

   Así pois, a día de hoxe, o colchón que nos alonxaba da barreira dos 5.000 habitantes, e polo tanto dunha redución importante da participación dos fondos públicos, encolleu ata quedar nun escaso medio cento de persoas.  Por ese motivo, pedimos ao equipo de goberno que deixe de mirar a cidadanía como bolsas de votos, e se poña mans á obra no traballo de reverter esta situación, por que de non facerse algo urxentemente, en moi poucos anos o concello pode ter que facer fronte a uns custes de mantemento moi difíciles de manter co nivel de taxas actual, e será a veciñanza a que acabe pagando a situación a través de importantes subas de impostos.

  Cuestións como a degradación de servizos básicos como a atención primaria no centro de saúde, ou un colexio que se cae a pedazos, non axudan neste aspecto. E a escusa de “non temos competencias” que o alcalde David Castro pon para xustificar a súa inacción tampouco aportan máis que a evidenciada súa incapacidade para gobernar se non ten ao seu lado a xente competente que faga o traballo por el.

 

Cambiar o modelo de concello.

   En Somos Ribadumia temos  todo isto moi claro, por iso na pasada campaña electoral, baseándonos na nosa experiencia de goberno e nos  datos reais, presentamos un proxecto integral, que propoñía medidas de calado para poder favorecer que as persoas que buscaran un lugar onde asentarse na nosa comarca, tiveran en Ribadumia unha alternativa apetecible. Como explicaba no seu momento Enrique Oubiña, “para conseguir isto non solo hai que poñer farolas  e torneos de fútbol, as obsesións do noso alcalde, tamén hai que facer investimentos de calado. Medidas  como mellorar os servizos nos CRAs, que van ser os primeiros que caian, ampliando a eles os plans madruga, as escolas de ocio e os comedores, son un bo exemplo, que hoxe serían unha realidade Somos Ribadumia estivera no goberno”.

folleto conciliación

     Vai ser co noso programa electoral como referencia, que inclúe medidas de mellora urbanísticas, para que o noso concello sexa un lugar onde dea gusto vivir no día a día, e non solo o concello dormitorio e pouco molesto que o goberno de IR desexa – igual que antes o PP -, pero tamén medidas de carácter social, de axuda “real” á creación de emprego , de melloras nos servizos públicos, etc, que nesta lexislatura faremos todo canto estea na nosa man por conseguir que o goberno tome a iniciativa e poña en marcha unhas medidas que son necesarias, non por que o digamos nos, se non porque as consecuencias de mirar para outro lado as van a pagar todos os veciños e veciñas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s