Category: Sen clasificar

Enrique Oubiña: “os nosos dereitos non os dicta David Castro”.

  • David Castro leva sen darnos acceso á información un ano, non dende o 14 de marzo.
  • Á escusa do covid non é admisible como xustificación ao recorte continuo sobre os nosos dereitos.
  • Pretende contestar á Valedora do Pobo dando largas mentres nos sigue negando a información.

wp-1592737655170.png“David Castro estase  rindo de Somos Ribadumia e  da  veciñanza”. É a conclusión á que chegou Enrique Oubiña, e que  compartimos dende esta organización, logo de coñecer pola prensa que o alcalde de Ribadumia vai remitir á Valedora do Pobo un informe onde lle vai poñer a escusa do covid para xustificar que non se lle teña respostado aos seus requirimentos. “David Castro vai contestar á Valedora do Pobo, non a Somos Ribadumia, e vaino facer porque o obriga a lei, non por vontade propia, e  porque xa non ten máis formas de aprazar esa resposta, tal como lle aclarou a propia Valedora no seu último requirimento, que se emitiu este pasado martes”.

  Ademais, tal como se interpreta a información que o concello trasladou aos medios, a resposta dende o goberno vai consistir en poñer a escusa do covid-19. Esa escusa quizais poida valer para xustificar a falta de resposta aos requirimentos da Valedora, sempre que esta lla acepte, pero non xustifica en ningún caso o feito de que a Somos Ribadumia se nos estea negando información de xeito continuo dende fai un ano. “Hai que recordarlle a David Castro, que cando unha forza política presenta unha solicitude para que se lle traslade ou dea acceso a  determinada información, o prazo de resposta é de tres meses. A situación chegou á Valedora do Pobo  porque David non resposta a ningún requirimento dende o inicio da lexislatura. Que agora fale de contestarllle á Valedora e ao mesmo tempo nos siga negando a nós o acceso á información  solo é unha mostra máis da actitude obstrucionista do noso alcalde, que o único que busca é gañar tempo”.

Igual de grave nos parece a outra escusa, ademais de ridícula, de que pretende darnos certa información, non toda a que levamos pedida, nos plenos municipais.  “Os plenos son unha cousa e o traballo diario das forzas políticas é outra. Non nos opoñemos a que o alcalde dea conta no pleno do que considere, pero iso non ten nada que ver con que se nos conceda acceso á información municipal cando a pidamos, que é un dereito que temos e que David non pode nin ignorar nin desprezar, e moito menos pode decidir el ao que temos dereito e cando”. Nese aspecto a situación vivida no pleno do pasado mércores, onde o alcalde usou o rodillo da súa maioría para sacar da orde do día dous puntos que el mesmo incluíra previamente, coa única e moi peregrina escusa de que faltaba do pleno o voceiro de Somos Ribadumia, negándolle de paso a mesma información ao resto de forzas políticas é algo inaudito, pois ademais de demostrar que o alcalde pretende usar os plenos para montar o seu teatrillo, desprezou na cara ao resto de forzas políticas. En verbas de Oubiña  “os plenos municipais non son un xardín particular onde plantar é desplantar a antollo do alcalde. E insistimos: débese entregar toda a documentación que se vaia tratar nos plenos en tempo e forma, e cumprindo os prazos legais. Todo o que non sexa iso, é saltarse o funcionamento democrático e transparente do pleno municipal.

  En calquera caso, a situación esta xa excedendo calquera normalidade. Agardaremos á resolución da Valedora do Pobo, pero mentres teremos que seguir insistindo por esa vía, e denunciar o atroplello democrático do pasado pleno, onde se nos negou parte da documentación e outra parte se nos entregou sen cumprir os mínimos prazos para poder analizada e valorala.

Aproveitamos dende aquí para transmitir o noso pesar e apoio nestes momentos difíciles á familia do falecido no mar de Arousa o pasado venres e ao noso voceiro, familiar directo e moi próximo á vítima.

Preocúpanos o escurantismo de David Castro en relación á posible construción dun albergue de peregríns.

  • A polémica creada por Gonzalo Durán en torno a variante espiritual puxo de relevancia a existencia dun plan para a creación dun albergue en Ribadumia.
  • Pedimos transparencia e que David Castro aclare que pretende facer o goberno local.
  • Preocúpanos que os caprichos de Durán coa colaboración de David Castro acaben por prexudicar a hostalaría do noso concello.

   Estes días Gonzalo Durán decidía abrir unha fronte política co concello de Meis e coa Mancomunidade do Salnés, e apoiarse en David Castro e no concello de Ribadumia nos seus ataques á xestión de Marta Xiraldez.

  Dende a nosa posición isto non pasaría de ser outra máis das saídas habituais de ton de Gonzalo Durán, sen moito que destacar máis alo das formas do rexedor vilanovense, se non fora porque das súas declaracións desprendese a intención de por en marcha un albergue de peregríns no noso concello. E tampouco fariamos moito caso das declaracións de Durán, se non fora porque no pleno do pasado mércores, ante as preguntas do compañeiro Pepe Lede do Psoe, o alcalde admitiu que se está traballando nesa liña, anque sen aclarar nada.

   Tal como explica o noso voceiro pola nosa banda calquera medida que sirva para mellorar a calidade dos servizos e a oferta turística do noso concello, será benvida, pero as cousas hai que facelas ben, e os obxectivos deben ser os que acabo de nomear, non atender a intereses particulares. Para nós, a construción dun albergue ten que vir  incluída nun plan amplo, con obxectivos e medidas en varios eidos, e avalado por informes de mercado que xustifiquen e garantan, non só a súa necesidade, se non tamén que non van interferir coa hostalaría local. Ribadumia na actualidade ten poucas prazas de hostalaría, pero o goberno local non pode entrar en competencia con eses negocios, porque sería contraproducente. Ademais, a variante espiritual non nace e morre en Ribadumia, polo tanto a construción de albergues públicos ten que atender ás características de toda a ruta, distribución eficiente dos albergues e outros factores que permitan unha correcta xestión e posta en valor de todo o conxunto. E dende logo que xa se estea falando de que ese posible albergue vaia ser xestionado por unha entidade concreta, non augura nada bo.

 “Nós defendemos que antes de falar de andrómenas, se establezan plans de apoio a hostalaría que hai e de creación de novas prazas, e plans de posta en valor do noso Concello, que ten moito máis que ver que as sendas fluviais. E facer as cousas con sentido común, pois non se trata só de atraer turismo a granel, se non de de atraer turismo de calidade, dun xeito sostible que aporte riqueza ao noso concello. En resumo, penso que hai moito que facer a nivel turístico antes de a falar de construír albergues e facerlle competencia a nosa hostalaría”.

7

O noso plantexamento para o desenvolvemetno do noso Concello inclúe medidas específicas para o turismo, coa posta en valor dos nosos recursos turísticos, a calidade e a sustentablidade como eixes primordiais. E, a diferencia do nosos alcalde que anda argallando en despachos e reservados de restaurantes, nos non ocultamos as nosas propostas.

Somos Ribadumia temos no noso proxecto de concello, un plan específico que recolle medidas concretas en varias frontes, algunhas das cales propuxémosllas ao goberno para que as recolleran no orzamento e que puidera avanzar neste senso,  pero foron desprezadas, de tal maneira que o único plan de turismo do goberno de David Castro é limpar as sendas e abrir a oficina de turismo no verán. Agora parece que tamén ten idea de construír un albergue. E non sabemos nin onde, nin como, nin para qué. E aínda que á ista do que pasou no pleno, para David Castro a transparencia é unha peza de roupa, pedimoslle que aclare que quere facer”.

A que andan realmente Durán e David Castro?.

 A polémica creada dun xeito totalmente artificial por Gonzalo Durán está semana -pois os albergues públicos están pechados todos ata o 1 de xullo – , ten a súa orixe na decisión da alcaldesa de Meis de liquidar o convenio coa entidade que xestionaba o albergue de Armenteira. Descoñecemos que hai detrás dese interese desmedido de Gonzalo Durán por quen xestiona ou deixa de xestionar os albergues de concellos que non sexan o seu, pero a súa reacción non deixa de ser preocupante. Por outra banda, do declarado polo noso alcalde neste pasado pleno despréndese que leva tempo traballando na idea do albergue, unha idea que na lexislatura pasada, cando compartía goberno con Somos Ribadumia e co Psoe non se puxo enriba da mesa en ningún momento, e haberá que preguntarse cales son os motivos dese escurantismo”.

   O que queremos deixar claro dende Somos Ribadumia é o noso apoio ao traballo que se está facendo dende a Mancomunidade do Salnés, e non vemos ben que o noso alcalde prefira poñerse do lado de Gonzalo Durán, meténdonos a todos nos seus xogos e intereses, no canto de preocuparse por aportar na Mancomunidade. Na situación actual, para que a nivel turístico Ribadumia funcione, os concellos da contorna tamén deben funcionar. E no que ten que ver coa variante espiritual, é imprescindible que  concellos polos que pasa traballen conxuntamente, e nese aspecto temos que valorar positivamente o cambio producido no mantemento da ruta da pedra e da auga en Meis co goberno de Marta Xiraldez con respecto ao rexedor anterior, cousa que non podemos decir de Durán.  David Castro debería entender que de nada sirve que no tramo ribadumiense os peregrinos leven unha boa impresión, se en canto chegan a Vilanova encontran todo a monte, coa ruta mal sinalada e obrigando á xente a camiñar por cunetas. Nese sentido tamén estamos moi a favor do plan posto en marcha este ano pola Mancomunidade, para que as labouras de mantemento se poidan facer de xeito mancomunado, unha proposta que tanto Somos Ribadumia como a agrupación local do psoe tiñamos posto enriba da mesa na lexislatura pasada, e que non foi posible por en marcha pola negativa do noso alcalde, que naquel momento estaba correctamente xustificada na falta de compromiso dos alcaldes de Meis e Vilanova. . Hoxe a, situación é outra, é agardamos que o noso concello sume nun proxecto común que beneficie a todo o mundo e deixe de lado posicións de parte que ao noso concello non lle benefician en nada.

Opoñémonos a que David Castro use as entidades locais para solucionar os problemas do seu goberno.

pleno1

  • David Castro pretende que as entidades que organizan os campus solucionen os problemas de conciliación familiar que debe solventar o concello.
  • Negase que aportar toda a documentación a tratar nos plenos antes da celebración deste.
  • Presenta documentación incumprindo os prazos legais, co obxectivo de que se aprobe sen tempo a debater nin presentar alternativa.
  • Non aceptamos imposicións de ningún tipo nin que se nos sigan recortando os nosos dereitos, e por ese motivo non participaremos no pleno deste mércores.
  • David Castro forza a ruptura institucional no seu afán por desfacerse de todas as súas responsabilidades como alcalde.

  o pasado luns, logo de celebrarse as Comisión Informativas previas ao pleno extraordinario deste mercores, a Comisión Executiva de Somos Ribadumia reunímonos de urxencia para, logo do vivido nas comisións, tomar decisións ao respecto.   Tal como explica o noso voceiro, Enrique Oubiña, “a situación volveuse insostible. David Castro está metido  nunha fuxida cara adiante de todas as súas responsabilidades como alcalde, e de ataque e derribo ao traballo da oposición en xeral e da nosa formación en particular,  e  non podemos formar parte de semellante maneira de actuar”. A situación ven derivada da liña política do goberno local dende principio da lexislatura, tensando de xeito continuado a corda coa oposición, negándonos o acceso á información e bloqueando o noso traballo político. Porén, “o colmo chega con este pleno municipal, que será extraordinario e no cal o alcalde incluíu cuestións polas que nos levamos preguntando meses, pero limitándonos o acceso á documentación, tal como lle corresponde facer, non só  por saúde democrática, se non tamén por lei. E isto inda igual o podiamos pasar desta vez, pero é que o que ademais  pretende facer cos colectivos deste concello é para nos inasumible, polo que negámonos a participar do pleno”.

   Ribadumia, como moitos concellos, enfronta de cara a este verán moitas problemáticas, unha delas a da conciliación familiar.. “O covid mudou moitas cousas. Pero tanto o goberno central como a Xunta parecen non entender que para poñer un prato da comida na mesa a maioría dos mortais temos que saír a diario a traballar, nin polo tanto a situación de todas esas nais e país que teñen que ir traballar pero ao mesmo tempo teñen que coidar dos seus nenos, que non son máquinas que se poidan deixar apagadas de nove a oito”. A situación neste aspecto é pois, moi complexa, e máis aínda gracias ao goberno Popular da Xunta de Galicia, que non aporta ningunha solución, pero ademais dificulta a realización de ludotecas de verán. E resulta que ante esta situación, o noso goberno local, que nin sequera sabe se vai poder realizar a escola de verán, no canto de volcarse en axudar aos campus das entidades do Concello, que nos últimos anos xa foron un alivio importante para a escola municipal, permitindo que deste xeito ao redor de cincocentos nenos estiveran atendidos e realizando actividades todo o verán, dedicase a poñer paus nas rodas, trasladándolle a través dun documento de sinatura obrigada  ( que podes ver aquí e aquí ) que pretende aprobar en pleno este mércores, toda a responsabilidade  ás entidades e ás nais e país.

Pola nosa banda “non vemos mal que ás nais e país se lles explique antes de que as crianzas accedan a un servizo calquera de conciliación os riscos e as súas responsabilidades, como tampouco vemos mal que ás entidades se lles pida que cumpran coa lei. Pero o que non vemos ben é que o goberno local pretenda que sexan as entidades as que carguen coa responsabilidade de organizar actividades de conciliación familiar, responsabilidade que corresponde ao goberno, e ao mesmo tempo cargarlle toda a responsabilidade sanitaria  e as obrigas completas en canto as condicións nas instalacións que son municipais. Isto é como se un quere ir comprar algo ao supermercado, e se lle obriga a levar as luvas da casa, o xel hidroalcolico, e a maiores ir limpando todos os andeis do supermercado polo que vaia pasando. Inaceptable”.

   O noso alcalde aposta polo “eu convido e ti pagas”, e iso non nos parece nin serio, nin responsable.O que o goberno debe facer, nesta situación que todos concordamos que é extraordinaria, é sumar esforzos coas entidades, facer posible que todas elas realicen os seus campus de verán, e non entorpecer, pero a realidade é que a día de hoxe, de cinco posibles campus de verán, solo un está confirmado con seguridade, un xa se  anunciou que non se celebraría e o resto teñen máis dúbidas que certezas”.

   Pero o peor xa non é o que o alcalde pretende facer, se non o “como”. Vai levar a pleno un regulamento que en canto se aprobe vai ser de obrigado cumprimento para entidades e nais e país, polo que quedan así entre a espada e a parede, ante a falta de alternativas. O documento en cuestión o luns á noite estaba sen redacción definitiva, pero non se nos da tempo aos partidos da oposición a analizalo ou a elaborar unha proposta alternativa. “Todo coa escusa da urxencia. Pero a única urxencia aquí tena o alcalde por cargarlle o morto as entidades. Existen outros mecanismos para poder resolver esta cuestión, se hai vontade, pero a concelleira de contas xa onte deixou claro que de vontade nada, e que se vai facer como eles dispoñan, e nos se queremos ir de comparsa ben, e se non tamén”.

   Pero ademais, pretendese que esas cartas de exención de responsabilidades, se fagan extensivas aos regulamentos de uso de instalacións durante todo o ano. “Na práctica significaría que cando uns chavales queiran ir xogar unha pachanga a un pavillón, terán eles que facerse responsables de levar os produtos de hixiene, de limpar e hixiénizar, etc… E falamos de instalacións municipais: é  o goberno local o responsable de que estean en condicións de uso. Os usuarios son responsables de usalas correctamente, pero nada máis. Legalmente todo isto xéranos  moitas dúbidas , e por iso pedidos tempo para poder consultalo con calma, pero díxósenos que non”.

Bloqueo da documentación.

Por outra banda, ao pleno tamén van ir diversas cuestións, sobre algunhas das cales o alcalde solo ten intención de  informar, sen permitir ningún tipo de debate, cando menos de  principio. Antes de nada insistir en que concordamos con que no pleno se rendan contas das actuacións municipais. Pero os partidos da oposición temos os nosos dereitos, necesarios para poder realizar o noso traballo. Un deses dereitos é o acceso á información é documentación que se vaia presentar nos plenos municipais e poder comentar as cuestións que consideremos necesario. Á Lei de Bases do Réxime Local establece que toda documentación susceptible de debate debe aportarse aos membros do pleno antes do mesmo. É nesta cuestión onde David Castro xoga aos ditadores populistas, negándonos parte da documentación, concretamente a que el ten interese en que non teñamos, para logo no pleno solventar o tema -neste caso concreto a nefasta xestión que fixo das multas de aparcadoiro é que nos obrigamos a corrixir- aportando a súa versión da historia como verdade única. Nós non imos  entrar nese xogo, onde se nos limitan os dereitos é a capacidade de debater cuestións polas que ademais dáse a circunstancia que nos mesmos preguntamos no seu momento, meses atrás, sen que se nos será resposta polos mecanismos establecidos”.

Para Somos Ribadumia, tal como explica Oubiña, “ os plenos municipais non son unha broma, nin tampouco un chiringuito privado do alcalde. Cumpre cunhas funcións é os concelleiros temos unhas obrigas e unhas responsabilidades moi serias, pero temos tamén uns dereitos. Se David se encirra en usar os plenos para, a través de acordos unilaterais, favorecidos polos votos da procesión de caladiños que leva con el, complicarlle a vida ás entidades do concello e para cumprir os seus caprichiños políticos, con nos que non conte.  E que tampouco pense que imos aceptar esa maneira de gobernar. O que David non faga por responsabilidade democrática e vontade propia, terá que facelo por imperativo legal”.

 

 

David Castro segue negándose a contestar aos requirimentos da Valedora do Pobo.

valedora pobo

  • A Valedora do Pobo ven de reclamar con contundencia ao goberno de David Castro que emita o informe xustificativo de porque se nos nega o acceso a información que solicitamos.
  • Hai abertos catro expedientes na Valedora do Pobo por negación da información e por non convocar os plenos ordinarios, unha obrigación legal.
  • Lamentamos a actitude claramente obstrucionista de David Castro.

  Este pasado martes  tivemos constancia vía comunicado da Valedora do Pobo, de que o alcalde de Ribadumia, David Castro, segue encirrado en bloquearnos o acceso a calquera tipo de información municipal, ata o punto de negarse a contestar aos requirimentos da propia Valedora do Pobo.

  Esta situación é de extrema gravidade pois, tal como explica Oubiña, bloquearnos o acceso á información municipal é algo totalmente ilegal que pode ter para o alcalde consecuencias graves, por non falar de que é algo completamente antidemocrático, que nos sitúa como concello nun réxime autoritario é polo tanto, inaceptable”.

 O bloqueo vense mantendo dende o inicio do mandato, de tal maneira que neste momento hai abertos catro expedientes na oficina da Valedora do Pobo, tres por negarnos acceso á información, é o cuarto pola negativa do alcalde á convocar plenos ordinarios dende o pasado novembro, outra ilegalidade da que o único responsable é David Castro , pois convocar o pleno ordinario é competencia exclusiva súa.

As malas escusas do covid e da secretaria municipal.

  Por se non chegaba co recorte nos nosos dereitos como veciños é como formacións políticas, é por se as toma duras de pelo é faltas de respecto as que tivemos que facer fronte no pasado pleno foran poucas, aínda temos que aguantar que o goberno local use a escusa do covid-19 para cae todo, e cuestións persoais que afectan á Secretaría municipal para o resto. Convén recordarlle a David Castro que “ polo que respecta á información  nos comezamos a presentar solicitudes de xeito formal -sen resposta a día de hoxe- en xuño do ano pasado, cando do covid-19 non se sabía nada, e polo que respecta aos plenos, os  decretos en torno ao estado de alarma deixaron moi clara a obrigatoriedade de manter os procesos democráticos, e de dotar dos recursos e mecanismos necesarios para poder seguir celebrando plenos e outras xuntas de representación democrática, incluída a mesa de seguimento do covid-19 que o alcalde non convocou a día de hoxe unha soa vez. E dende logo, que o alcalde bote por diante á secretaría municipal parécenos xa que roza o absurdo, e dende logo unha completa falta de respecto cara esa persoa, que realiza un traballo encomiable”.

Que oculta David Castro?

   Porque esa é a pregunta que nos facemos todas agora mesmo. As nosas solicitudes de información van referidas a informes técnicos e custes municipais como o da festa do Tinto ou o Arousa Fútbol 7, saber a quen lle pagamos os xantares como o do Tinto cos nosos impostos, saber a canta xente afectou a metedura de pata das multas de aparcadoiro… , cuestións moi sinxelas de explicar pero que David Castro oculta cun celo sorprendente que non presaxia nada bo”.