Category: Sen clasificar

Aprobada a nosa lista electoral.

IMG-20150420-WA0006   Na xuntanza levada a cabo o pasado xoves, entre outros temas debatemos cos nosos veciños e veciñas unha proposta de persoas para  conformar a lista electoral . Ó remate dese debate, aprobouse por unanimidade a lista cás dezasete persoas que van representar a plataforma Somos Ribadumia e o seu programa electoral, primeiro na loita por gañar a alcaldía e despois, ben sexa dende o goberno, ou ben dende a oposición, no traballo municipal diario.

Esta lista, onde a  media de idade anda nos 30 anos, está conformada por persoas de diferentes condicións, e ten a característica de que  moitas desas persoas estaban ata o de agora fora da actividade política, o que lle da un aire fresco  en canto ás ideas e ás maneiras de levar a cabo o traballo político, algo que sen dúbida moita xente está agardando. Pero o que mais une a todos estes homes e mulleres e a firme idea de que chegou o momento de provocar un cambio no xeito en que este concello está gobernado, e de que xa é hora de deixar de apoiar a intereses particulares e partidistas  e de preocuparse, non con promesas vacias se non con medidas concretas,  por axudar a solucionar os problemas dos nosos veciños e veciñas.

En resumo, podese dicir que a lista electoral de Somos Ribadumia é unha lista consensuada cos veciños e veciñas, sen inxerencias nin imposicións de ninguen, que une a persoas de diferentes ámbitos da vida, algunhas con experiencia política, e outras moitas sen ela, pero uns e outras con ganas de cambiar as cousas.

Cabe recordar ademais, que os homes e mulleres que conforman esta lista asumen o compromiso de cumprir o código ético aprobado recentemente, un compromiso claramente diferenciador de outros partidos, mais ambiguos en canto os comportamentos dos seus concelleiros e concelleiras.

 A lista completa é a seguinte:

1.- José Enrique Oubiña Lago.

2.-  Fernando Ruiz Padín.

3.- María Eva Peña Lorenzo.

4.- Ramón Nuñez Castro.

5.- Ana Belén Torres Alonso.

6.- José Luis Abal Casas.

7.- Hector Muñiz Alba.

8.- Jennifer Ruiz Padín.

9.- María Lucia Noya Dominguez.

10.- Ana Agustí Lopez.

11.- Agustín Martinez Vieites.

12.- Rebeca Padín Garcia.

13.- Ramón Mouriño Alfonso.

14.- José Manuel Serén Garcia.

15.- Marta Rey Gomez.

16.- Ricardo Fontán Deza.

17.- María Teresa Padín Pazos.

Aprobado o programa electoral.

democracia-directa Na última xuntanza de Somos Ribadumia, debatemos e aprobamos o noso  programa electoral. O obxectivo dese programa é poñer enriba da mesa propostas que axuden a solucionar os problemas que afectan ós nosos veciños e veciñas. Tratase  pois dun documento, xa definitivo e o que podedes acceder picando aquí , con trinta e sete  propostas centradas en solucionar os problemas dos veciños e veciñas de Ribadumia, poñendo moito enfase na loita contra o paro e na defensa da dignidade das persoas.

Cabe destacar que todas as propostas son realizables e realistas, pois cada cada unha delas  foi estudada e  evaluada logo dunha analise previa da situación económica e social do concello,  que nos garantira que estabamos aprobando unicamente medidas necesarias e viables. Non acharedes así pois neste documento  medidas electoralistas nin que atendan a intereses partidistas ou personalistas, somentes medidas en defensa dos intereses da maioria social de Ribadumia.

Hai que recordar ademais, que as persoas que formen parte da lista de Somos Ribadumia, asumirán un código ético que lles obriga a levar a cabo todo o recollido no noso programa electoral.

Aprobado o código ético

image

O pasado domingo, mentres o presidente da deputación presumía dunha pousada que todos sabemos que solo vai traer gastos para as xentes de Ribadumia, en Barrantes un numeroso grupo de veciños e veciñas tomaba decisións importantes para o futuro do noso concello. Unha desas decisións foi a aprobación dun código ético ó que podedes acceder picando aqui.
¿E por qué un código ético?
Pois por qué xa está ben de ter concelleiros que solo están para cobrar pola asistencia a plenos. Xa esta ben de concelleiros que se limitan a levantar a man cando lle mandan sen preocuparse se votan por cousas correctas ou non. Por que xa esta ben de concelleiros que solo pensan en enriquecerse e beneficiar ás empresas dos amigos e familiares, usando a súa posición e os cartos que son de todos. Por que xa está ben de concelleiros que non se preocupan polos seus veciños mais que para irlles pedir o voto cada catro anos.
E por qué tampouco nos valía solo con dicir isto, xa que as palabras lévaas o vento,  decidimos poñelo por escrito, e someter as persoas que vaian na lista de Somos Ribadumia unhas condicións mínimas de actuación e de transparencia que son esixentes, pero imprescindibles se queremos mudar o xeito de levar este concello. 

Enrique Oubiña acusa ó PP local de invadir unha finca privada para obrar sen autorización dos propietarios.

IMG_20150321_111604   Esixe que se abandonen as obras ata que o contrato de cesión estea pechado e a inmediata dimisión do concelleiro de obras por ser responsable destes feitos.

  Nos orzamentos deste ano 2015 aparece unha partida destina da abrir un vial na AV/ Rosalia de Castro, no caleixón comunmente coñecido como “do DIA”. A preguntas do concelleiro Oubiña, o concelleiro e presidente local do PP Martín Serantes declarou  en comisión informativa que había un trato de cesión  establecido cos propietarios do terreo para abrir ese víal, cousa que resultou ser falsa.

No día de hoxe acabamos de ter coñecemento de que o concello de Ribadumia sen previo aviso, e sen ter chegado a acordo formal algún de cesión nin de ningún outro tipo cos propietarios do terreo por onde se prevé que transcorra o novo vial que o equipo de goberno pretende  abrir en barrantes , invadiu eses terreos privados e comezou a demarcación para o inicio da obra.

Para o candidato de Somos Ribadumia, Enrique Oubiña, “semellante xeito de actuar do equipo de goberno popular que, espoleado pola urxencia da próxima campaña electoral e a necesidade de inaugurar algo no centro urbano do concello como método para conseguir votos,  ordea comezar unhas obras nun terreos de titularidade privada sen nin sequera contar coa autorización dos propietarios, parécenos totalmente inadmisible, ademais dun abuso de autoridade sen precedentes neste concello. “

Para os membros de Somos Ribadumia que o PP logo de anos sen facer nada por Barrantes, logo de  anos sen facer nada por resolver os atascos que se producen na Rua Rosalia de Castro, no entorno do Dia, agora lle entren as presas eleitorais e queira facelo pasando por riba da lei e dos veciños solo para poder ter algo que un inaugurar  parécenos un total despropósito.

Dende logo estariamos a favor de solventar os problemas de trafico desa rúa, pero sempre actuando con seriedade, chegando a acordos cos propietarios e aproveitando para facer unha correcta ordenación e desenvolvemento da área. Dende logo non facendo parches a todo correr por puro afán electoralista.

Por estes  motivos vimos de presentar un escrito no concello esixindo o seguinte:

– a parada inmediata de calquera obra que se estea realizando nas ditas fincas, e retirada de calquera material de delimitación ou outro tipo que se teña posto nelas, ata o momento en que se firme o correspondente acordo que autorice ou leximite ó concello a actuar.

– que se dirixa por escrito un comunicado público ós propietarios da finca coas correspondentes desculpas.

– que o concello actúe correctamente e lle presente os propietarios do terreo por escrito o expediente de expropiación ou no seu caso  a proposta de cesión coas correspondentes contrapartidas que se lle ofrecen, sexan económicas ou doutro tipo, para que con calma poidan estudala, plantexar contraoferta ou negarse a aceptar a cesión se o consideran oportuno.

– a inmediata dimisión do concelleiro de obras como máximo responsable municipal nestes feitos.