Somos Ribadumia acorda asinar un pacto de goberno con IR e Psoe.

izquierda-ribadumia

Xuntanza de Somos Ribadumia para valorar os resultados electorais

Onte Somos Ribadumia tivemos unha nova xuntanza, co obxectivo de valorar a campaña electoral e os resultados, presentar as contas de campaña e valorar a s diferentes opcións de cara a investidura da nova alcaldía.

A valoración da campaña foi moi positiva, pois a pesares dos escasos medios materiais, fomos quen de levar a cabo, certamente con moito esforzo, unha campaña moi activa, con presenza nas parroquias, con moito contacto cos veciños, cos comerciantes, a través das redes … e todo isto superando no camiño  diversos paus postos nas rodas por outras forzas en liza, dende denuncias polo uso de locais en precampaña ou pola colocación de carteis a ataques nas redes sociais ou a  lona colocada no último día polo PP que nos obrigou a un esforzo extra de comunicación para desmentir o que alí se dicía. Un esforzo de moitas persoas que se volcaron coa campaña, traballando arreo moitas horas sacadas do seu tempo libre e que tivo o seu colmen no acto de peche de campaña, cunha afluencia mais que importante, tendo en conta que somos unha forza nova que partiu  da nada a dous meses das eleccións.

10988100_647512218726503_8112803635141301498_o

Momento do acto de campaña de Somos Ribadumia

Ó final, os 338 votos, tendo en conta as circunstancias propias de ser unha forza nova,  a irrupción de IR no panorama local,e o feito de que o PP perdera a maioria absoulta supoñen un resultado do que  estamos moi orgullosos porque reflexa moi ben  o acertados que estabamos en Somos Ribadumia cando vimos que existía moita  vontade de cambio  e as ganas que a xente tiña de que apareceran forzas novas como a nosa que defenderan outro xeito de facer as cousas.

No apartado das contas, estas non se puideron pechar por completo pois faltan algunhas facturas por pagar, debido a que pedimos ás empresas coas que contratamos  as cartelerías, lonas de campaña e demais recursos, que para que todo estivera perfectamente claro, nos  fixeran o cobro vía bancaria, e algunha inda non o fixo. No momento en que todo quede liquidado faranse públicos os ingresos e os gastos, pero en resumo podemos decir que o gasto de campaña non chegou os 2000€, unha cifra mais que modesta para unha campaña electoral, que foi totalmente financiada por aportacións particulares.

11266588_649378785206513_2591058062453278943_o

Resultados electorais

Por último, logo duns resultados electorais que deixaban Ribadumia sen maiorías absolutas, o equipo encargado de levar as negociacións coas outras forzas explicou como habían sido estas. Explicouse pormenorizadamente cales eran as diferentes opcións de partida, e como habían transcorrido as xuntanzas coas diferentes forzas. Clarificáronse  os motivos polos que  se paralizaron as conversas co PP, dos que hai que decir que se mostraron moi abertos e respectuosos, cun trato cordial que sen embargo non foi suficiente para alcanzar acordos  dado o contrario dos plantexamentos políticos de ambas forzas. Logo tamén se expuxo a  proposta consensuada con Ir e Psoe, dúas forzas que en todo momento se mostraron partidarias de chegar a un acordo ,  para tratar de lograr un  pacto de goberno que aporte estabilidade ó concello nos próximos catro anos e nos permita cumprir coa maior parte do noso programa electoral, ademais de supor un cambio na xestión municipal e no comportamento dos concelleiros. Unha vez explicado todo, e expostas todas as opcións, quedou claro que a mellor solución para Somos Ribadumia pasa por firmar o pacto proposto con IR e Psoe e avanzar nun cambio de goberno que supoña tamén un cambio no xeito de gobernar. E así foi aprobado, por total acordo de todos os presentes, firmar o acordo de goberno con IR e Psoe  e promover o cambio en Ribadumia.

Nos próximos días procederase, logo xa de falar coas outras dúas forzas que tamén decidiron internamente darlle para adiante ó acordo, á firma do pacto de goberno ante notario, e tamén se farán públicas as condicións dese pacto.

Dende aquí o noso agradecemento a todas as persoas que depositaron a súa confianza en nos, a todas as forzas políticas polo seu comportamento aberto ante esta nova situación municipal,  e especialmente  a todas as persoas que o longo destes días traballaron e se esforzaron, deixando de lado posicións partidistas,  para conseguir un acordo que leve a Ribadumia a unha nova época.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s