Iniciamos a nosa andaina como parte do goberno do concello de Ribadumia
Onte votou a andar a nova lexislatura co primeiro pleno da nova corporación.
Na orde do día entre outras cuestión abordouse a creación dos distintos organos de goberno. Así, tal e como está recollido no acordo de goberno pactado entre SR, IR e Psoe, as areas de urbanismo, obras, asuntos sociais, 3ªidade e sanidade quedan baixo competencia de Somos Ribadumia, representados por Enrique Oubiña, parques, xardins, limpeza e medio ambiente será asumida polo representante do Psoe, e o restro de areas quedaran baixo a responsabilidade de IR.
Estableceronse, á par que as areas de goberno:
– a Xunta de goberno, formada polos concelleiros de IR, SR e Psoe.
– a Xunta de portavoces (ata agora inexistente), que inclue ó alcalde e ós portavoces de todos os partidos con representación,
– 8 comisións informativas,que estaran asemade compostas por 7 membros , respectando a proporcionalidade de representación que ten cada grupo: 2 de IR, 3 do PP, 1 de Psoe e 1 de SR.
Aprobouse tamén a periocidade dos plenos, bimestral, cada primeiro xoves dos meses impares (Xaneiro, Marzo, Maio, Xullo, Setembro e Novembro) que serán as 20:00 nos meses de inverno e as 21:00 nos de verán.
E tamen se deu aprobación ás liberacións de cargos. Neste caso, tal como figura no acordo de goberno, inicialmente aprobouse a liberación parcial do Alcalde, e a liberación a tempo completo de Enrique Oubiña. As cantidades que percibirán serán de 1200€ e 1800€ netos respectivamente, e hai que añadir que, ademais de que ningún dos dous liberados cobrará mais do que cobraba a anterior alcaldesa, e de que este será o custo en liberacións mais baixo do Salnés, o gasto para o concello de manter estas dúas liberacións, ven compensada polo aforro que supón ter un concelleiro menos cobrando por comisións e plenos, polo que o aumento total ascende a somentes 8000€ mais ó ano dos 42000€ que se viñan gastando en liberacións. Ademais realizase un exercicio de responsabilidade, pois no canto de ter persoas alleas ó concello como fixo o PP en anos anteriores, cun despacho municipal ocupado por unha persoa pagada e controlada pola deputación (cos cartos de tod@s) e con outra ocupandose do control das obras municipais tamen pagada pola deputación (tamen cos cartos de tod@s) en adiante as responsabilidades van ser asumidas por concelleiros elixidos polos veciños, e controlados polo equipo de goberno municipal.
En resumo, onte deuse o primeiro paso para un cambio na xestión do noso concello, cunha mellor organización nos organos de goberno. Ademais mellorouse dende o minuto un o exercicio da democracia, acabando co bloqueo imposto polo PP nos plenos da anterior lexislatura cando eliminou o dereito a réplica dos concelleiros da oposición.
O primeiro paso dun longo camiño.