Category: Sen clasificar
Xuntanza de valoración de Campaña
Logo de deixar repousar os resultados das pasadas eleccións, e de entablar conversas cosas diferentes forzas para poder buscar un pacto de goberno que garantice a estabilidade nos próximos catro anos e o desenrolo do nosos programa electoral sen deixar de lado as condicións do nosos código ético, este martes teremos unha xuntanza de Somos Ribadumia para valorar todo o proceso electoral, presentar as contas da campaña , e falar das diferentes opcións que se nos presentan de cara a elección da próxima alcaldia, nomeadamente das condicións de pacto propostas a tres bandas por SR, IR e Psoe.
COMUNICADO CONXUNTO DAS FORZAS POLÍTICAS INDEPENDENTES POR RIBADUMIA, SOMOS RIBADUMIA E PARTIDO SOCIALISTA OBREIRO ESPAÑOL.
IR, SR e PSOE reunimonos ó longo desta semana e logo destas conversas desexamos comunicar o seguinte acordo:
– as tres forzas consensuamos as bases para elaborar un pacto que permita un cambio de goberno en Ribadumia.
– estas bases están pendentes de atar varios flocos, redactar o acordo e sometelo as correspondentes asembleas das organizacións asinantes.
– O acordo será asinado ante notario, e conten un código ético, uns obxectivos programáticos comúns e unha proposta de organización do concello co correspondente reparto de areas.
– a intención de todos os grupos é impulsar unha nova etapa no concello de Ribadumia, caracterizada pola transparencia, pola mellora de atención os veciños e a pola democratización do concello.
Asinan os representantes de Independentes por Ribadumia, Somos Ribadumia e Psoe.
David Mougan, Enrique Oubiña e José Ramón Gonzalez.
En Ribadumia, a día 5 de Xuño de 2015.


