Aprobadas as axudas definivas a entidades e clubs 2015 e as novas bases de adxudicación.
Entre os puntos do pleno celebrado este pasado xoves figuraban dous moi importantes: a aprobación das cuantías definitivas para o ano 2015 que se lle otorgan as entidades e asociacións do concello, e unhas novas bases de adxudicacións, que rexirán a partires deste ano.
A revisión das axudas a entidades e clubs aprobadas en xullo era un compromiso do equipo de goberno, que ante a urxencia que se encontrou o chegar o concello de apoiar a estes colectivos, tomou unha decisión naquel momento que era provisional. A pesares deste caracter provisional, o equipo de goberno garantizou a todas as entidades que como mínimo recibirían as mesmas cantidades que no 2014. O que se fixo, así pois, dende o mes de Xullo ata o 31 de xaneiro, onde vencía o último prazo para a xustificación de actividades por parte dos colectivos, foi un traballo de recabación de información. Nese proceso animouse as entidades a xustificar todas as actividades e gastos que realmente tiveran realizado ó longo do ano, nun primeiro prazo ata o 30 de novembro, e nun segundo, para xustificar as actividades dos últimos dous meses do ano, ata o 31 de xaneiro. mais complexo foi realizar unha valoración obxectiva do traballo das entidades, pois as bases de adxudicación eran demasiado xenéricas e subxectivas, o cal obrigou os técnicos municipais e revisar e ponderar toda a documentación seguindo un proceso mais longo.
O resultado dese traballo foi un aumento na axuda as entidades culturais e sociais dun 19% con respecto o 2014, e superiores nun 3% no caso das entidades deportivas.
Hai que salientar aqui que, tal como Enrique Oubiña expuxo no pleno, “a dia de hoxe non temos constancia de ningunha proposta do PP con respecto o reparto de axudas, so sabemos que non votan a favor da nosa proposta, polo que interpretamos que non saben que facer, algo incomprensible nun partido político con representación municipal, ou peor, que se opoñen a que este goberno apoie economicamente a unhas entidades e clubs que realizan unha importante labor no noso concello”.
Novas bases de adxudicación.
Outro tema que se levou a pleno e se aprobou, sen o apoio do PP, foi un documento que recolle unhas novas bases de adxudicación a entidades e clubs. Este novo documento, cuxa elaboración era tamén un compromiso do equipo de goberno, que consideraba que as anteriores bases eran excesivamente subxectivas e moi dificiles de aplicar precisamente por ese motivo, supón unha mostra práctica da nova maneira de gobernar que os tres socios de goberno están mostrando dende Xuño.
Para a elaboración do documento, realizouse un traballo a tres mans, entre técnicos municipais, concelleiros e as propias entidades, coas que se mantiveron varias xuntanzas, a fin de recoller as suas inquedanzas e propostas, e tentar realizar un documento que fora o mais próximo posible a súa realidade. o resultado dese traballo e desas xuntazas cos colectivos plasmouse finalmente nun documento cuxa maior novidade está na súa sinxeleza e na valoración das actividades, que inclue criterios moito mais obxectivos que as anteriores, e facilmente cuantificables. tal como explica o concelleiro de asuntos sociais ” este documento ten a característica de que calquera entidade vai poder realizar por si mesma o calculo de puntos, de tal xeito que os técnicos municipais so terán que corroborar que toda a documentación estea en orde”.
A proposta saiu adiante cos únicos votos a favor de Somos Ribadumia, IR e Psoe, pois o PP abstivose. A este respecto Enrique Oubiña, moi disgustado coas actitudes do Partido Popular, expresou no pleno “non concibo a maneira de facer política do PP local. Tiveron meses para facernos chegar calquera proposta que tiveran, e constanos que se reuniron con algúns colectivos co cal sería de esperar que como moi tarde hoxe tiveran algo que contarnos; pero resulta que non teñen nin proposta nin ningún traballo feito. Se eu formara parte dun colectivo deses que visitaron sentiriame hoxe moi ofendido, porque é evidente que solo foron falar con eles para facer propaganda, e logo veñen o pleno a contarnos un conto. E non contentos con esa inutilidade manifesta para o traballo, resulta que nin siquera apoian unhas bases que por primeira vez neste concello foron consensuadas cos diferentes colectivos os que afectan.
Dende Somos Ribadumia queremos felicitar ó equipo de goberno polo traballo realizado, que nos consta que foi moi laborioso, e os técnicos municipais que fixeron en todo o proceso, tanto na redacción do texto novo como na valoración das entidades para o reparto de axudas do ano 2015, un importante traballo. Tamen queremos agradecer a boa disposición, que nos consta, de todas as entidades e clubs para axudar a elaborar unhas bases que estamos seguros de que son moito mais equitativas e obxectivas, e van permitir un reparto mais xusto das axudas.