Category: Sen clasificar

Somos Ribadumia aproba os seus Documentos organizativos.

  Entre outras cousas, estes documentos regulan o funcionamento interno da plataforma, con especial énfase no seu espírito aberto e a importancia do consenso nos acordos, e inclúen unha carta financeira cuxa maior novidade consiste en non aceptar financiamento de empresas nin solicitar créditos a  entidades financeiras.

  En dúas asembleas, que tiveron lugar en barrantes nos dias 21 de Xaneiro e 11 de febreiro, Somos Ribadumia culminou o seu proceso de estruturación interna, coa aprobación de dous documentos, que xa se poden consultar na paxina de Somos Ribadumia: un Documento Fundacional e un Documento Organizativo, que tamén inclúe unha carta financeira.

  documentos organizativos Este proceso, que en todo momento tivo un carácter participativo e aberto a cidadanía, iniciouse no verán, e buscaba asentar a organización e os procesos internos de Somos Ribadumia, e dotala das ferramentas necesarias para o desenrolo das súas funcións.

   No Documento Fundacional explicase todo o proceso que levou a creación de Somos Ribadumia como unha plataforma veciñal aberta, que culminaría coa súa presentación as eleccións municipais e a posterior entrada no goberno de Ribadumia. Ademais diso, establécense uns principios éticos e políticos, que serán a base e a guía do traballo de Somos Ribadumia.

   Por outra banda no Documento Organizativo recollese a estruturación interna, que será totalmente aberta, cunha importancia vital da Asemblea e da figura do veciño/a e da súa participación e colaboración en todo o traballo de Somos Ribadumia. Hai que remarcar neste sentido a aposta forte polo consenso como formula para chegar a acordos e de toma de decisións, tanto que no caso de non darse ese consenso nalgunha decisión, a única vía que quedaría sería a da votación, e os acordos deberían entón contar necesariamente  neses casos  con dous terzos do apoio da asemblea para saír adiante. Tamén se recolle a creación dunha Comisión Executiva, de entre 5 e 11 membros nomeados pola Asemblea, que será a encargada de  levar a cabo os acordos ós que chegue a Asemblea, e de coordinar e realizar todo o relativo ó funcionamento interno.

  Por último, nos documentos inclúese unha carta financeira, que como punto mais relevante inclúe  que Somos Ribadumia non  se  financiará  a  través  de  créditos  con  entidades bancarias, nin aceptará doazóns por parte de empresas.

A primeira xuntanza veciñal sáldase con impresións positivas

image-71716Este pasado domingo tivo lugar a primeira dunha serie de xuntanzas que o equipo de goberno pretende realizar en todas as parroquias do concello, para pulsar a realidade municipal.

  A aceptación nesta  primeira xuntanza por parte das xentes de Sisan, que encheron o centro cultural,  foi moi positiva, e o equipo de goberno comprobou que esta maneira de traballar, mais aberta á participación veciñal,  cala entre os veciños e veciñas.

  image-71715 Onte o equipo de goberno falou de diversos temas cos veciños e veciñas, recolleu o estado deficiente dalgunha instalación municipal, como o acceso á casa de cultura e centro infantil, problemas con algunha conducción de auga,  e tratou temas como o referente ó campanario da igrexa. Mesmo un grupo de xovenes aproveitou esta xuntanza para presentarse ante a veciñanza  como o relevo da comisión de festas da parroquia.

  En resumo, foron casi tres horas de conversa fluida, cos políticos traballando a ras da terra e de fronte á xente, e os veciños comentando as súas preocupacións. Ó final o equipo de goberno recolleu todas esas impresións, queixas e propostas e  comprometeuse a traballar para resolver, se é posible, todas as cuestións, anque algunhas, como a de dotar de aseos o parque infantil, pudera non ser factible. Tamen se adquiriu dende o equipo de goberno o compromiso de xuntarse en próximos dias co consello pastoral para tratar en profundidade toda a cuestión do campanario.

  En próximos días esta previsto que estas xuntanzas  realicense no resto de parroquias, e no futuro mais próximo o obxectivo é manter esta formula de participación da cidadanía, afondando pouco a pouco nun concepto que dende Somos Ribadumia consideramos vital para mudar de verdade o xeito de facer política, e transformar o noso concello nun ente mais vivo, mais  aberto e xestionado pensando nos problemas dos veciños e non en intereses partidistas.

O EQUIPO DE GOBERNO DE RIBADUMIA ORGANIZA UNHA XUNTANZA COS VECIÑOS DE SISAN.

Esta será a primeira dunha rolda de reunións que o equipo de goberno realizará en todas as parroquias para coñecer de primeira man cales as impresións e necesidades dos veciños

Participacion-ciudadanaO equipo de goberno de Ribadumia ven de convocar a todos os veciños e veciñas da parroquia de Sisan a unha xuntanza que terá lugar este domingo as doce e media da maña no centro cultural, co obxectivo de tomar contacto coa veciñanaza, e escoitar as demandas ou necesidades que teña.

   Esta xuntanza é a primeira dunha serie reunións que o equipo de goberno pretende levar acabo en todas as parroquias, co obxectivo de achegarse a xente e poder ter unha impresión de primeira man do que acontece no concello, de cales son as demandas e necesidades que os veciños teñen, así como as criticas que estes queiran facer a labor de goberno.

   Tanto para Somos Ribadumia como para o equipo de goberno  son primordiais este tipo de formulas de achegamento a cidadanía, non solo porque supoñen  unha maneira directa de tomarlle o pulso o concello, se non tamén por que resulta un importante  mecanismo de participación cidadá, que fai mais participes os veciños e  veciñas da vida municipal.

Somos Ribadumia celebra este xoves a segunta parte da súa Asemblea Organizativa

 asemblea organizativa 2  Logo de que na asemblea do pasado 21 de Xaneiro puxeramos en marcha o debate organizativo, toca rematar o traballo iniciado.

  A cita será este xoves, as 20:30 no centro cultural de Barrantes, e como sempre, a xuntanza está aberta a todos os veciños e veciñas que queirades participar, e axudarnos a facer concello.

  Ademais, a parte do proceso organizativo, procederemos a designar a Comisión Organizativa, o grupo de homes e mulleres  que se vai ocupar de levar os asuntos do día a día de Somos Ribadumia e da nosa parte como integrantes do goberno municipal, e trataremos diversos asuntos municipais.