Ramon Mouriño opina sobre as xuntanzas veciñais.

Iniciamos unha nova sección denominada “os nosos veciños opinan”. Con  esta sección abrimos un espazo libre, para que aqueles veciños e veciñas que o desexen poidan ver reflexadas as súas opinións sobre os temas que consideren oportunos. Tamén, no pasar das próximas semanas iremos añadindo seccións fixas para os colaboradores mais habituais. Para que as vosas opinión sexan recollidas nesta sección teredes que facernolas chegar, ben dirixindovos a membros de Somos Ribadumia, ou ben mandando un e-mail a somosribadumia@gmail.com

  E damos inicio a esta ferramenta cun artigo de opinión de Ramón Mouriño.

  12118634_10153370796459143_2194767459115532870_n Outra opinión sobre as xuntanzas do goberno de Ribadumia cos veciños.

Anímome a escribir logo de ver nas redes como algún membro da oposición municipal publica opinión sobre a asistencia a unha desas xuntanzas e dado que eu tamén asistín e teño unha visión diametralmente oposta a súa e polo que me decidín a facela pública.

Eu quero comezar felicitando ao equipo de goberno de Ribadumia pola iniciativa de ir parroquia a parroquia explicando o seu traballo no Concello e escoitando aos veciños e veciñas, respostando as súas dúbidas e escoitando as súas necesidades, xusto no proceso de elaboración dos orzamentos. Creo que é das poucas iniciativas dese estilo que se están levando a cabo: todos os partidos, moitos concellos falan de participación, de transparencia da xestión, pero a hora de verdade, cantos se someten a avaliación dos seus veciños deste xeito??.

Eu comprobei como os veciños e veciñas estaban contentos de poder escoitar o alcalde e demáis membros do goberno, de poder falar con eles, de plantexarlle os seus problemas e que foran escoitados. Pode que aos membros do anterior goberno lle molestara ten que dar contas, e falar con todos os veciños, pero agora eso cambiou.

Na xuntanza presentouse os membros do equipo de goberno. Explicóuse a situación do Concello, o traballo realizado e algunhas das incidencias que se atoparon. Logo seguía unha parte na que se explicaban algunhas das actuacións que se pretenden facer en cada parroquia e logo, para min a parte máis importante, na que os veciños preguntaban dúbidas, comentaban problemas que existían nalgunha zona da parroquia e facían propostas.

Entón, que é o que lle molesta a oposición municipal????.  Que se falara da labor do anterior equipo de goberno??. Para min é lóxico, con máis argumento aínda logo de ver como eran acusados na prensa de non facer nada e bla bla bla….. Hai un refrán dos vellos que moi aplicable a esta situación e dí así: A QUE TEN A LENGUA AGUDA TEN QUE TER A COSTELA DURA!!.

E que os veciños non teñen dereito a saber os problemas e iregularidades en que se atopaban algunhas instalacións municipais??.  Que o Tanatorio non contaba con todos os permisos e licenzas; que na obra do Campo de futbol existen ata 3 proxectos diferentes ou os defectos atopados en varias Casas da Cultura e nas redes de saneamento de todo o Concello, e si, tamén se debe explicar, por que non? A situación irregular na que se atopaba o tractor municipal (un tema menor di algún, pero que podería provocar un gran problema para o conductor e para o propio Concello en caso de ter un accidente…).

Igual o problema e que algúns non queren que se sepán estas cousas, e como se facían, pero está decindo algunha mentira???, porque eu puiden ver nalgunha charla a Concelleiros da oposición e incluso membros do anterior goberno, e en ningún caso vin rebatir ningunha das explicacións que se deron por parte de membros do goberno actual, molesta entón a realidade???

Polo demais fálase de falta de proxecto, de nula xestión (manda carallo despois de que se explicou sobre o anterior goberno…) e de que  o único que os move e o ánimo de revancha. En fin…. igual a frustración pola perda do poder, por ver que o goberno está traballando e consolidándose ou o fastidio por ver que os veciños reciben con naturalidade o cambio político, e o que leva a algúns a non ser capaces de ver o lado positivo das xuntanzas. Igual para a oposición que o goberno queira terminar a dotación de servizo de auga e de alcantarelado a moitas casas que a día de hoxe seguen sen telo, ou mellorar o acceso ao colexio non son importantes, acostumados como están a falar de pousadas ou proxectos faraónicos, pero seguro que para os veciños si que son vitais.

Finalmente hai unha cousa na que si coincido, en que a pesares de que a participación foi moi importante, en parroquias como Ribadumia pasaban das 100 persoas na xuntanza, e unha pena que non viñeran aínda máis veciños as mismas…… a diferenza e que hai quen cree de verdade na trasparencia e na necesidade de que os veciños participen no Concello e hai quen o di agora, pero cando tiveron ocasión non o levaron a cabo. 

Quedome co lado positivo da promesa do goberno de que van a seguir tendo xuntanzas veciñais ao longo de toda a lexislatura. E unha boa nova.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s