Category: Sen clasificar
O pleno municipal aproba unha moción sobre a construción de invernadoiros en chan rústico.
- A nova lei o do solo introduce cambios e restricións moi duras que supoñen un grave prexuízo para os veciños de Ribadumia.

As sesións plenarias incluen, logo dunha proba feita en marzo, a posibilidade de proxectar datos e imaxes nunha pantalla colocada a tal fin, que axuden a concelleiros e público en xeral na comprensión dos temas que se están tratando en cada momento.
O pleno municipal aprobou o pasado xoves unha moción para solicitarlle á Xunta de Galicia unha corrección na Lei do Solo, que modifique as esixencias para a construción de invernadoiros nos núcleos rurais.
A nova Lei do Solo de Galicia establece nos artigos 35 ao 39 os usos e actividades en solo rústico, o procedemento para o outorgamento de autorizacións e as condicións xerais das edificacións neste tipo de solo. No punto g) do art. 35 inclúe como usos ou actividades admisibles a construción e instalacións agrícolas tales como viveiros e invernadoiros; e no art. 39., nas condicións xerais da edificación, transcribe o texto dos artigos 42 e 44 da LOUGA, reducindo a superficie da parcela mínima a 2.000 m2 e fixando que no caso da construción de invernadoiros a superficie máxima de ocupación será do 60% da superficie da leira, permitindo en casos excepcionais chegar ao 66%.
En resumo, a nova Lei elimina o réxime excepcional que para a construción de invernadoiros contemplaba a LOUGA, asociando este tipo de construcións a todo tipo de edificacións autorizables en Solo Rústico, esixíndolle as condicións de dotación de servizos urbanísticos, acceso rodado, recollida, eliminación e depuración de residuos, abastecemento de auga, subministración de enerxía eléctrica, parcela mínima, retranqueos e demais condicións.
Por todo iso, previamente a elaboración da moción que se presentou para o seu debate e aprobación o pasado xoves, o pasado día 22 de Marzo dende o Concello realizouse unha consulta á Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia con obxecto de confirmar as condicións que impón a nova normativa para a autorización de invernadoiros en Solo Rústico. A D.X. de Urbanismo contestou o pasado día 8 de abril por medio do escrito seguinte:
En relación á consulta formulada sobre a construción de invernadoiros en solo rústico, o mesmo constitúe un uso dos previstos no artigo 35.1.g), sometido á obtención do título habilitante municipal, e para o que resultan de aplicación as condicións de edificación previstas no artigo 39 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
Non se contemplan na nova Lei do Solo excepcións ás cuestións específicas formuladas, por canto:
– En relación á superficie mínima da parcela, será de 2.000 metros cadrados.
– Deberá garántirse o acceso rodado de uso público adecuado á implantación.
– En canto aos servizos esixidos, deberán garantirse a cargo do promotor da actuación nos termos dispostos na lei.
Polo exposto, dado o carácter eminentemente agrícola do municipio,e o evidente prexuízo para os veciños que supón a actual redacción da Lei do Solo nos artigos comentados, o pleno municipal aprobou dirixirse á Xunta de Galicia pedindo que mediante a modificación puntual da nova Lei do Solo establézase novamente o réxime excepcional que para este tipo de construcións tiña a LOUGA e así se posibilite a instalación deste tipo de construcións en Solo Rústico.
Servizos Sociais pon en marcha con Cruz Vermella a campaña de acollemento “En familia, por dereito”.
Esta mañá o Equipo de Goberno e Cruz Vermella presentaron a campaña de acollemento familiar “En familia, por dereito”.
Na presentación que contou coa presenza da presidenta de Cruz Vermella Pontevedra, Teresa Alvarez, e cunha parella acolledora que contou a súa experiencia, o concelleiro de Servizos Sociais Enrique Oubiña,explicou que esta campaña pretende informar e dar repercusón o programa de acollememento familiar da Xunta de Galicia que desenrola Cruz Vermella.
Oubiña chamou a atención sobre o feito de que en toda a comarca do Salnés non hai ningunha familia de acollemento, e animou a todo os veciños e veciñas a sumarse a este programa,onde se axuda a menores que durante un tempo precisan dun fogar.
Dende Cruz Vermella explicaron que para acoller a un neno non son precisas condicións especiais, e que calquera persoa ou familia que viva nunha situación normal pode facerse acolledora.
A campaña realizarase o longo do mes de maio e consta das seguinte actividades:
– do 6 ó 13 de maio. exposición informativa nas dependencias do propio Concello, onde por un lado se expoñen casos de familias acolledoras e de adultos que foron acollidos no seu dia, e por outro se transmite información sobre este programa.
– distribución de folletos. a traves do colexio distribuiranse na semana do 9 o 13 de maio uns folletos informativos para que as familias reciban nas casas tamen información sobre este programa.
– charla no colexio luns día 9. dirixida a alumnos de 5º e 6º de primaria. dase en horario lectivo e a traves de varias actividades explicaselles os nenos e nenas o proceso de acollemento.
– na VIII Feira da Familia que terá lugar o domingo 15 de maio, Cruz Vermella dispora dun espazo informativo.
– 19 de maio, charla para os veciños. No centro social de barrantes a partires das 20.30 terá lugar esta charla aberta a todos oso veciños e veciñas que estean interesadas en informarse mellor sobre este programa de acollemento,
Entrevista a Enrique Oubiña
Logo de cumprirse un ano do comezo da andaina de Somos Ribadumia, e con motivo do lanzamento dun boletín informativo, entrevistamos a Enrique Oubiña, Tenente de Alcalde e Concelleiro de Obras Servizos e Urbanismo, Servizos Sociais, 3ª Idade e Sanidade.
Levas case un ano traballando no concello ¿Qué sensacións tes? Moi boas. Isto é moi absorbente, a verdade é que non me chegan as horas do día para todo o que hai que facer. O positivo é que cos socios de goberno estamos traballando de xeito fluido, e hai bo entendemento.
Somos Ribadumia entrou no goberno coa transparencia como unha das súas bandeiras ¿Estase cumprindo este compromiso? Evidentemente si. Dende o cambio de goberno a comunicación cos veciños mudou radicalmente. Como exemplos claros, ademais das charlas que houbo polas parroquias, agora as actas plenarias fanse públicas, e a partires de maio os plenos vanse gravar e emitir. Por outra banda, agora para ser escoitado no concello non fai falta ter carné de partido. Os veciños son todos iguais e tratados do mesmo xeito.
Falemos das túas áreas, ¿Cómo atopaches Obras Servizos e Urbanismo? Moi saturado e cunha importante falla de medios e persoal. O nivel de atasco era tal que había expedientes no concello sen dar saída dende o 2008, e nalgún caso dende o 2004. Era algo inasumible, e por ese motivo dende o primeiro día traballamos para corrixir a situación. E aí seguimos.
Fochedes criticados polo peche do tanatorio, os retrasos na obra do ximnasio, do campo de futbol…O PP non pode pedirnos ós que estamos gobernando que esteamos fora da lei. O tanatorio estaba nunha situación inasumible, e podemos dar gracias que non pasara nada nestes anos, porque as consecuencias ían pagalas os usuarios. Pero agora a realidade é que a situación esta resolta e os veciños teñen garantías de estar usando unha instalación con todas as da lei. O do campo de fútbol é moi complexo debido a falta de documentación e a varias cuestións no desenrolo da obra, pero estanse dando os pasos para poder solucionar todos os problemas. E con respecto a obra do ximnasio creo que esta todo dito xa. O PP perdeu os papeis o meternos con calzador unha obra, que o final demostrou ter moitas deficiencias. Agora é responsabilidade nosa que esa obra se faga correctamente, e polo que a min respecta, levará mais tempo ou menos, pero cando se remate será con garantías, e non unha chapuzada chea de humidades, como outras que se fixeron antes.

As actuacións de posta ó día dos parques infantis, supuxeron unha inversión superior os 30.000€, inversion que o PP non aprobou en pleno.
¿Qué outras actuacións fixéchedes neste ano? Realizouse unha mellora na beira do Umia en Barrantes, e levouse a cabo unha revisión profunda de todos os parques infantís, onde houbo que investir mais de 30.000€ en reparacións. Tamén se reparou todo o paseo fluvial logo das choivas do inverno, e ademais resolvéronse multitude de incidencias, a maioría delas relacionadas cos servizos, sumidoiros, recollidas de pluviais, etc.
¿Parte fundamental do programa de Somos Ribadumia residía nos Servizos Sociais. ¿Que se está facendo neste eido? Esa é unha área na que temos moito traballo por diante. O departamento funcionaba e segue funcionando bastante ben gracias sobre todo o equipo humano que ten, pero ata que chegamos nos había certas inxerencias políticas que facían que nalgunhas cousas ese funcionamento fallara e nin sequera había partida económica nin intención política para desenrolar proxectos deste tipo. Solucionado isto, agora o reto é por en marcha unhas políticas mais fortes no eido da integración social. Son cousas que levan tempo, porque supoñen un cambio importante, e hai normas que elaborar e aprobar, pero o noso empeño está en ter todos os obxectivos cumpridos ó remate da lexislatura.
Tamén asumiches competencias en 3ª idade e Sanidade. Os nosos maiores son unha parte fundamental da nosa sociedade; durante anos traballaron e sacrificáronse moito para facer vida e axudaron a que este país saíra adiante, e agora xa xubilados merecen que a sociedade e as institucións nos esforcemos por eles. Para elo é imprescindible que a deixadez coa que o PP tiña por costume de tratar todolos temas que van dirixidos os veciños desapareza, pois os nosos maiores non poden ser tratados como un número nun papel. E nese sentido estamos traballando en accións que lles dean a relevancia que merecen, con actividades especificas para eles, e tamén poñer unha maior atención dende Servizos Sociais ós que están en situacións mais delicadas.
Outro cantar é o centro de saúde. É unha instalación onde, como no caso do colexio, o Concello solo ten como competencia o mantemento. Iso quere dicir que a nos non nos compete facer obras no edificio, que está moi deteriorado, nin temos responsabilidade sobre o persoal ou o servizo de atención.
Iso non quere dicir que esteamos mirando para outro lado. Todo o contrario, vendo que o Sergas nos está tratando como se foramos un concello de segunda, levamos dende que chegamos traballando para, por un lado conseguir melloras no servizo e o terceiro medico que tanta falta fai, e por outro para que sexa o Sergas quen asuma todas as competencias con respecto o edificio, e así liquidar os problemas que estamos tendo, metidos nunha loita diaria por ver a quen lle corresponde reparar isto ou facer aquilo.
¿Algo parecido entón o que acontece no colexio? Efectivamente, o problema é o mesmo. As consellerías do PP tentan escorrer o bulto, e cargarlle ós concellos competencias que non lle corresponden. E non pasaría nada se nos cargaran tamén os fondos para facer fronte as obras necesarias e o mantemento das instalacións, pero non é o caso.
Como membro do equipo de goberno e polo tanto responsable en certa medida da elaboración dos orzamentos ¿Que destacarías deles para este ano 2016? O orzamento é o documento mais importante do ano, pois conten as previsións de gasto e as inversións que o equipo de goberno prevé realizar. Neste sentido é moi importante a transparencia, algo que ata agora non había e no que nos traballamos moi intensamente, cun resultado que está á vista, nun documento que calquera veciño pode entender á perfección. Ademais disto, este ano fíxose un esforzo por, sen aumentar impostos, poder incluír inversións útiles para os veciños, e buscar medidas de apoio ós mais desfavorecidos. Eu destacaría, mais aló de obras de saneamento e canalizacións, que son moi importantes, as partidas novas de promoción do emprego e inserción social, e o aumento do apoio ás entidades deportivas, culturais e sociais.
Falemos agora da oposición ¿Cómo ves a labor que esta realizando o PP? Mira, eu estiven na oposición antes que Salomé Peña, e sei que é un traballo arduo e as veces pouco grato. Pero un ten que saber onde está e para que. No meu momento, na oposición plantexei alternativas, realicei diversas propostas, e esforceime en chegar a acordos con quen gobernaba. E tamén fun crítico co que considerei. Sen embargo, agora encontrámonos cun PP que non asume a súa labor opositora, non fiscaliza ó goberno, non fai propostas de ningún tipo, non quere chegar a acordos e o seu único obxectivo parece ser tentar crear fisuras que rompan o goberno actual.

Momento no que o PP abandona un pleno municipal, logo de que Luís Serantes forzara a súa expulsión.
Ultimamente os plenos municipais están algo movidos.¿ Hai tensión co PP? Non, pero faise evidente que o PP ten interese en tensar os plenos municipais, para así desviar a atención dos asuntos importantes, e evitar que a xente se dea conta de que realmente eles non están facendo absolutamente ningún traballo político.
No PP local tamén se deron casos de investigados xudiciais¿ Como valoras que non se tomen medidas políticas? Se eu estivera na situación de Luís Serantes o PP xa me tería pedido a dimisión, pois todos sabemos que o PP ten valores distintos cando trata dos seus que cando se trata dos demais. A verdade é que pregunteille en pleno a Salomé cando consideraba ela que os políticos imputados deberían dimitir, e inda estou agardando pola resposta. Somos Ribadumia ten uns criterios moi estrictos con estes temas, e eu como concelleiro estou sometido á asemblea, pero en último caso son os veciños os que deciden co seu voto que tipo de políticos queren.
¿Cómo ves o futuro do concello de Ribadumia? Polo de pronto o que vexo é que o concello como institución xa traballa dun xeito mais próximo o cidadán, que era algo que moitos votabamos de menos. Co cal un dos obxectivos de Somos Ribadumia xa esta cumprido. Agora queda o mais difícil, que é aportar solucións, pero se facemos as cousas ben veremos que Ribadumia se convirte nun sitio moito mellor para vivir.
O CONCELLO DE RIBADUMIA DENUNCIA NO XULGADO A SUSTRACIÓN DE DISCOS DUROS E O BORRADO DE DATOS DOS SERVIDORES INFORMÁTICOS DO CONCELLO.
- Os incidentes tiveron lugar días antes da toma de posesión do novo equipo de goberno, e foron detectados con motivo dos traballos de elaboración da páxina web municipal e da contratación do sistema de gravación dos plenos.
A primeiros do presente ano 2016 con motivo dos traballos de revisión informática necesarios para a actualización da Páxina Web Municipal e a contratación do sistema de gravación dos Plenos o equipo de goberno atopouse de maneira circunstancial cunha serie de incidencias nos servidores informáticos que almacenan toda a información relacionada coa xestión administrativa do Concello, motivo polo que acordou a contratación dunha auditoría do sistema a cargo de unha empresa externa.
Esta semana, logo de analizar os resultados desa auditoría e realizar todas as averiguacións oportunas, ante a gravidade dos feitos constatados, o equipo de goberno acordou poñer en coñecemento da xustiza os mesmos, presentando a correspondente denuncia, a fin de que se aclaren as responsabilidades as que houbera lugar e se investiguen os posibles responsables dos mesmos.
Os feitos detectados, segundo o informe da empresa auditora informática foron os seguintes:
- Imposibilidade de restauración de copias de seguridade do servidor informático do Concello máis atrás do día 12 de Xuño de 2015 (a pesar de que o sistema estaba programado para conservalas durante 894 días).
- Sustracción dos 2 discos duros de almacenamento das copias realizadas (sustituidos o 11 de xuño de 2015 non atopándose no Concello o volumen anterior).
- Imposibilidade de recuperar posibles datos borrados con sotfware de recuperación de arquivos ó ser o disco duro “sobreescrito” con carácteres hexadecimais aleatorios.
Débese ter en conta ademais que estes feitos, detectados agora, prodúcense xusto nos días anteriores a toma de posesión da nova corporación e posteriormente ao anuncio público do pacto de goberno que ía propiciar o cambio na alcaldía. Tamén que estes servidores están situados nun cuarto ao que soamente tiñan acceso o persoal de mantemento informático autorizado e os xestores do Concello nese momento.
E máis que evidente a gravidade destes feitos denunciados, así como os posibles delitos cometidos polas persoas que, tanto pola súa acción directa, como pola omisión do seu deber de garda e custodia e boa xestión dos datos propiciaron que se cometeran. Estariamos falando de incumprimento do deber de custodia de datos persoais e posible vulneración da Lei de Protección de Datos por parte das persoas responsables directamente de eses arquivos e de un Delito de danos contra a Administración Pública.
E por iso polo que este equipo de goberno acordou a presentación da correspondente denuncia no xulgado, por un lado para que se investiguen os feitos denunciados e buscar que se aclaren as posibles responsabilidades legais e penais as que houbera lugar; e polo outro para poder salvagardar a posición do Concello diante dunha posible mala utilización ou uso dos datos que se puideran conter nos discos duros subtraídos.
O equipo de goberno considera que é o seu deber, unha vez comprobados estes incidentes, poñelos en coñecemento da xustiza. Tamén queremos deixar claro que dende o equipo de goberno non se está facendo ningún tipo de acusación directa, simplemente poñemos en coñecemento da xustiza os feitos e indicamos os nomes da persoa e empresas responsables directos da xestión informática no momento en que sucederon os mesmos.
Xunto coa denuncia presentouse o informe da informática realizado e solicítase que se comparezan, en calidade de investigados a anterior alcaldesa Salomé Peña Múñiz e a empresa responsable do mantemento informático do Concello.


