Salomé Peña minte cando fala de paralización do plan concellos.

 03032016  Na maña deste venres o equipo de goberno de Ribadumia tivo constancia polos medios de prensa  dunhas declaración de Salomé Peña onde acusaba o goberno de ter paralizado o plan concellos.

   E na mesma tarde  emitiu un comunicado aclarando unha serie de puntos sobre esta cuestión :

  • O “plan concellos” é unha liña de subvencións da Deputación de Pontevedra a que poden acollerse os concellos. Gracias a boa  xestión feita dende este equipo de goberno materializouse finalmente  a aprobación de 432.000€, unha cantidade moi importante, repartida en catro liñas de actuación: gasto corrente (64.861,49€), Actividades culturais (16.215,37€),  emprego (97.292,23€) e investimentos (254.040,81€) .
  • Destas catro liñas, nestes momentos unicamente falta por executar a liña de investimentos, para a cal hai prazo ata finais de marzo do ano 2017. As outras tres liñas están executadas ou en fase de execución. Convén recordarlle á señora Peña que o equipo de goberno actual é o responsable, e é quen decide cómo, cando e de que xeito   se xestionan estes investimentos.
  • A liña de investimentos deste plan é un exemplo da xestión que este equipo de goberno está realizando dos fondos públicos, pois cando se xestionou a solicitude, deuselle preferencia a obras solicitadas polos propios veciños nas xuntanzas mantidas con eles a primeiros de ano, e non a intereses partidistas como lle houbera seguramente gustado ó Partido Popular .
  • A señora Peña aporta datos incorrectos sobre as obras de investimento, pois ela enumera sete obras cando en realidade son seis as liñas solicitadas para diferentes obras de saneamento, redes pluviais, alumeados e muros de contención. A denominación e  as cantidades destas partidas ,dado que a señora Peña parece non estar ó día,  é a seguinte :

–  “obras de beirarrúas, rede pluviais, saneamento en Lois, Barrantes e Besomaño” (70.494,44€),

– “obras na rede de saneamento na parroquia Ribadumia”(61.946,44€),

– “obras na rede de saneamento da parroquia de Lois”(31.092,07€),

– “rede de alumeado en Ramirón- Lois e Puxafeita-Ribadumia”(20.174,63€), obras de aceras, alumeado e ampliación de vial na parroquia de Leiro”(50.185,96€),

– “obras de muros de contención e peche nas parroquias de Lois, Barrantes e Besomaño” (20.147,27€).

  • A señora Peña minte descaradamente cando afirma que as obras do plan concellos foron aprobadas no mes de abril. A primeira das obras aprobouse con data do 23 de maio, mentres que as outras cinco aprobáronse unha o 25 de maio, outras dúas o 19 de setembro e a última o pasado 14 de outubro.

   Este equipo de goberno quere facerlle ver a señora Peña que contra o que ela e o seu equipo pretenden facer creer, nin o Partido Popular, nin moito menos Salomé Peña, son imprescindibles para conseguir investimentos para o concello. A realidade é que a día de hoxe Ribadumia esta investindo en obras para mellorar os servizos e a calidade de vida dos seus veciños  e veciñas, e unha parte importante deses investimentos procede de axudas xestionadas coas diferentes administracións, sen que o feito de ter un goberno distinto ó PP sexa un problema.

   Para o noso concelleiro no equipo de goberno, Enrique Oubiña, “Salomé Peña e o seu equipo están moi perdidos e moi alonxados da realidade de Ribadumia: resulta que nos conseguimos apoio da deputación por casi medio millon de euros (sen acudir a chequera de Louzan como facía o PP, quero decir, facendo as cousas ben) , que van repercutir en beneficio de todos os veciños,  e eles buscanlle a crítica… Ademais no PP están empeñados en crer que poden mandarlle calquera escrito á prensa e movelo nas redes sociais sen perigo de penitencia ningunha por moi cheo de falsedades e medias verdades que estea. Pero penso que xa está ben diso;  deben deixar de mentirlle os veciños e veciñas, deben deixar de usar os datos retorcendoos según lles conveña, deben deixar de tratar a cidadania como se fora parva, porque non o é. E deben poñerse dunha vez no sito que lle corresponde, que é a oposición, e traballar por defender o seu proxecto, para o caso de que teñan un.”

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s