Category: Sen clasificar

Presentadas obras de mellora no polígono.

DSC_0411.JPG

O Concello de Ribadumia xunto co Concello de Cambados presentaron onte un  proxecto conxunto  para acometer melloras no polígono industrial que alcanza os 180.000,00 €, finaciado en gran medida pola Xunta de Galicia.
Na presentación  estiveron autoridades do Concello de Cambados, o Presidente da Asociación de Empresarios, e polo Concello de Ribadumia asistiron o alcalde, a concelleira de contas e promoción económica e o concelleiro de urbanismo Enrique Oubiña. Tamén contamos coa presenza do delegado provincial da Xunta D. José M. Cores Tourís e do Xefe Territorial de economia, emprego e Industria D. Ignacio Rial Santomé.

  O proxecto servirá, pola banda de Ribadumia, para adecentar unha zona de aparcadoiro e mellorar a sinalización viaria en parte do polígono. Este tipo de obras  axudan a mellorar a cara do polígono industrial.

Os últimos días do Eden. Un artigo de Fernando Ruiz.

fernandoOnte cumpriuse un ano das eleccións municipais. Fernando Ruiz reflexiona sobre aqueles días que xa parecen moi lonxe no seguinte artigo, que nos gardamos xunto a outros na sección “os nosos veciños opinan”.

Os ultimos días do Eden

Tómome  a liberdade dende estas liñas para recordarvos que nestes días cúmprense unha destas datas “simbólicas” e non, non me refiro ao  aniversario do famoso cantante Bob Dilan que esta a piques de cumprir  setenta e cinco  anazos , se non de outro nacemento, para sermos exactos o nacemento dunha pequena plataforma cidadá que acabou chamándose Somos Ribadumia, e que acabaría por revolucionar o panorama político do noso Concello. Facendo un pouco de memoria colectiva poderiamos recordar aqueles momentos, de profunda convulsa neste noso fogar que chamamos España, tales coma Ministros mentireiros, Políticos corruptos , algún que outro tesoureiro na cárcere sedes políticos pagadas en b sobresoldos, Gurteles Presidentes de Deputación imputados, e non sei cantas porcalladas mais… ben pensado e mellor non pensar como era todo fai un ano no noso pais porque calquera diría que sufrimos un Déjà viu  malsán. Centrándonos un pouco en como ía o todo no noso concello o PP estaba aínda neses días previos a gran fociñada electoral e vivía nunha enorme balsa de aceite, nada se movía sen o expreso permiso e beneplácito da Alcaldesa todo era marabilloso tal como estaba.

    Ah, pero a veces o destino e cruel e caprichoso e o que son designios sagrados de gloria tórnanse en amargas vitorias para estar na oposición. Os veciños de Ribadumia fartos de tanta prepotencia e aires de superioridade decidiran en varias asembleas públicas e abertas a tódalas persoas que quixeron participar, crear a Plataforma cidadá Somos Ribadumia co inefable espírito de renovar a Política no noso Concello. O principio nas altas esferas do Partido Popular parece que non houbo unha gran reacción (nin frío nin calor vamos) seguían no seu paraíso terreal no seu propio Edén privado, e dende ese tipo de posición sempre resulta  difícil calibrar o que esta por vir.

   Pasaron os días e as Semana e o final entramos na guerra que son as eleccións Municipal que enfrontan a veciños e familias alomenos de forma ideolóxica. Para aquelas persoas que sexan legos na materia das interioridades dunha campaña electoral direivos que se non tendes fondos ilimitados coma “outros Partidos” o que si iredes ter e unha inmensa morea de traballo. Para que este movemento cidadán sairá adiante era necesario mais que nunca que moitas persoas uniran esforzos de forma desinteresada, e alí estiveron os Veciños de Ribadumia sempre dispostos a votar unha man. Gustaríame enuméravos as persoas que  se empeñaran en que lograramos os nosos obxectivos pero estou seguro que me deixaría algún nome no tinteiro e seria inxusto con esas persoas. Polo tanto so direi unha cousa, GRACIAS, gracias a todos vos que gastastedes o voso escaso tempo de lecer nunha Ribadumia mellor, gracias por estar ata altas horas da noite enpaquetando sobres electorais, gracias por axudarnos a colocar carteis e a quitalos despois, gracias por asistir a largas reunións da Asemblea para crear este movemento Social, gracias polas vosas achegas económicas nestes días no que cada céntimo conta para chegar a fin de mes, e sobre todo gracias polas vosas ideas e tamén polas vosas criticas xa que dendelogo non somos infalibles. Gracias a todos vos por estar cando vos necesitabamos e gracias por confiar en nos e votarnos cando o fixestedes. De novo Gracias a todos.

    E ben, retomando un pouco o noso fío nesta historia estabamos en Campaña e agora o PP si que estaba ca mosca tras a orella. Así que empezou co que se lle da mellor que  a ninguén, a guerra sucia contra os que pensan distinto a eles. ¿e como se fai iso? pois no manual de guerra sucia do PP esta no primeiriño lugar o de afogar por tódolos medios as criticas dos adversarios. Polo  tanto non permitiu que Somos Ribadumia fora o debate de Telesalnes, porque xa sabedes que un pobo desinformado e fácil de enganar. Así que para que vas permitir que a oposición mais critica contigo che diga na televisión as moitas falcatruadas que cometiches, seria de parvos ou que. Unha vez afogado a mensaxe do teu rival tes que pasar a empozoñar por calquera medio posible. ¿Exemplo practico?  A lona difamatoria que puxo o Partido Popular  no Ximnasio de Barrantes a dous días das eleccións. Xa sabedes todos a que me refiro aquela de ¡¡ti votaches en contra!!  ¡¡non, non fixen tal!!  O dos dous días antes das eleccions non e baladi porque se pos esa lona antes a oposición pode solicitar que se quite no tribunal. Ademais o sitio tampouco e o chou, xa que esta a porta dun colexio electoral, para que os votantes teñan frescas as mensaxes dos que mandan, evidentemente, iso tamén é ilegal.

    ¿E despois de sacar a artillería pesada contra Somos Ribadumia como nos foi? Pois entramos no Concello cun concelleiro e sendo a primeira forza da Esquerda superando ao Patido Socialista en mais de cen votos. Sinceramente  esperabamos mais, necesitabamos mais para desaloxar aos tunantes animosos do Partido Popular do Concello. E coa   axuda do Partido Socialista de Ribadumia mais Independentes por Ribadumia ao final lográmolo. Esa seria unha forma de velo outra forma mais correcta seria que as veciñas e veciños do noso pequeno Concello decidiron que xa estaba ben, e os votaron o fin.

    Despois diso verían negociacións para formar un goberno e moito, moito, pero que moito, traballo para empezar a cambiar as cousas… pero iso e outra Historia para contar noutro momento. Así que despídome de vos na esperanza de non habervos aburrido moito e que vos queden gañas de ler as miñas verbas outro dia.

 Saúdavos  atentamente o voso veciño e amigo…

Fernando Ruiz Padín

Somos Ribadumia tv.

Dende Somos Ribadumia seguimos a traballar por mellorar a comunicación cos nosos veciños e veciñas. Neste senso vimos de abrir uha canle en youtube, co obxectivo de achegarvos con imaxes e sons as nosas posturas políticas e o noso traballo.

E para iniciar esta andaina deixamosvos unha das intervencións de Enrique Oubiña no último pleno, relacionada cunha moción presentada polo PP.

Agardamos que con esta nova sección na nosa páxina poidades seguir mais de preto  e valorar o noso traballo diario.

Para acceder a esta sección,solo tes que clicar no fotograma da tua dereita, ou no menu superior ” Somos Ribadumia tv”

Éxito de participación e implicación social na VIII Feira da Familia.

IMG_20160515_183948

  • Máis de cincocentas persoas participaron no evento, que contou cunha importante participación de entidades sociais.

o domingo pasado tivo lugar  VIII Feira da Familia  na Praza do Concello de Ribadumia, que contou cunha importante afluencia de público.

IMG-20160515-WA0011 - copia

durante a tarde, diferentes entidades de caracter social realizaron todo tipo de actividades informativas e xogos de  para toda a familia centrados na concienciación social

Ademais das habituais actividades de animación infantil, con inchables, obradoiros e animación musical, dende o departamento do que é responsable Enrique Oubiña fixose un esforzo importante  por incluir a presenza na xornada de diversas entidades sociais,como Cruz Vermella, O SPAD, o Déficit de atención e hiperactividade de Pontevedra , BATA, o Refuxio de Animais de Cambados, Geriatrós ou Achega, que desenvolveron diversas actividades de información e concienciación ó longo da xornada.

   Finalmente, dende os Servizos Sociais organizouse tamén unha merenda para os nenos do Concello que tivo unha afluencia de máis de centocincuenta participantes. Tamén hai que remarcar que foi preciso ampliar o horario da apertura da feira a causa da alta participación.

IMG-20160515-WA0007       Enrique Oubiña, que como sempre estivo moi activo e participativo durante a xornada, resalta a importancia de integrar as entidades sociais neste tipo de eventos, “ pois realizan unha importante labor, moi relacionada coa vida diaria das persoas, e faise preciso poñer o seu traballo de relevancia. Ademais no día a día calquera de nos pode toparse cunha situación particular, como un fillo que teña algún tipo de autismo, ou un avo que precise de atención personalizada, por poñer  dous exemplos claros, e coñecer estas entidades pode facilitarnos moito a hora de vivir  estas situacións.” Tamén resalta Oubiña a importancia de que os mais pequenos coñezan a diversidade coa que convivimos todos os dias, e “dende ese punto de vista as actividades como as realizadas este domingo por  estas entidades son fundamentais”.