O Concello de Ribadumia moi involucrado co colexio.

O Concello de Ribadumia acometeu durante o verán obras de mantemento no CPI Xulia Becerra Malvar, ademasi da correspondente desinfección e da posta a punto do novo comedor e aula para o plan madruga.

  • As obras ,que se realizaron durante os meses de xulio e agosto, supuxeron unha inversión de 12.688,54€.
  •  Nestas obras incluíronse melloras nos illamentos das ventás e cristaleiras, a reconstrución de dúas cubertas no acceso o colexio e varias reparacións interiores.

  

img_20160816_112408

Entre as diferentes actuacións realizadas, incluiuse o cambio de dúas cubertas nos accesos o colexio.

O concello de Ribadumia ven de acometer importantes obras de mantemento no CPI Xulia Becerra Malvar, un colexio con cincuenta anos de antigüidade ó que o equipo de goberno, responsable do mantemento da instalación, tenta manter nas mellores condicións posibles.

   As obras realizáronse logo de recoller as deficiencias detectadas polo equipo directivo do colexio, as que se lle sumaron algunhas mais que detectaron os técnicos municipais en varias visitas para comprobar o estado da instalación.

   Así, durante os meses de xullo e agosto procedeuse a reparación e substitución de varios elementos das carpinterías interiores e exteriores, substitución de vidros danados, á mellora do illamento da carpintería exterior, a reparación e pintado de diversas paredes e elementos construtivos, a solucionar problemas de sumidoiros, canalizacións,  goteiras diversas por pezas deterioradas nos tellados, e reconstruír dúas cubertas en dous dos accesos o colexio, que presentaban, ademais dun estado de conservación lamentable, defectos na súa construción que derivaban en problemas de humidades, que tamén foron solventados.

 A realización destas obras involucrou a traballadores municipais e a dúas empresas externas diferentes, unha metálica e outra de aluminios,  que obtiveron os correspondentes contratos debido a que presentaron ofertas mellores que o resto de empresas as que se lle pediu orzamento,  co cal foi posible ademais conseguir un importante aforro .

O custe total das obras ascendeu a 12.688, 54€.

Labouras de desinfección.

Ademais da obras arriba explicadas, na semana pasada a empresa de control de pragas procedeu a desratización, desparasitación e desinsectación do CPI e dos centros do CRA Ribadumienses. Hai que sinalar  que gracias ó contrato asinado polo equipo de goberno con esta empresa, labouras como esta  teñen un custe mais asumible, pois van integradas no contrato global asinado, e non é preciso facer unha contratación especifica e mais cara.

Inicio do novo curso co novo comedor en marcha.

   Ademais, o mesmo tempo que daba comezo o novo curso, puxeronse en funcionamento as novas intalacións do edificio reformado do ximnasio. Así, os nenos xa poden desfrutar da nova aula para o plan madruga, o novo ximnasio  e do novo espazo de comedor.

  Con todas estas actuacións, ás que hai que añadirlle as obras de mantemento que se están levando a cabo nos CRAs e a solicitude a Xunta de Galicia da inclusión nunha liña de axudas para a gardería,  da que se  deu conta no pasado pleno municipal,  o equipo de goberno está demostrando o seu claro compromiso cara a comunidade educativa e a súa vontade de solucionar todos os problemas que poidan ter.

Para Enrique Oubiña “a maioria dos diferentes edificios escolares son moi vellos, e todos eles presentaban deficiencias no seu coidado, que pouco a pouco estamos solucionando, en colaboración cos diferentes equipos directivos, tanto no colexio, como nos CRAs como na garderia municipal;  en todos eles recollemos a finais de curso pasado cales eran as carencias que habeía que solventar. E  así se está facendo, pois a  nosa intención é  tentar que as instalacións estean nas mellores condicións posibles, no presente e tamén no futuro, por ese motivo cada obra que acometemos a estudamos moi ben antes. Queremos evitar na medida do posible os tipicos “parches” temporais.”

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s