O Concello de Ribadumia consegue autorización para limpar o Monte do Castro

  • Os traballos de limpeza estanse levando a cabo nesta semana.
  • o equipo de goberno confiou os traballos a  BATA, unha entidade social.

img_20161005_170630   Despois de realizar os tramites pertinentes, e dun tempo de espera, a finais da pasada semana chegaba finalmente a autorización de Patrimonio para poder realizar dende o Concello de Ribadumia as tarefas de acondicionamento e limpeza do Monte do Castro, para poder manter así un dos atractivos turísticos de Ribadumia nas mellores condicións posibles.

A autorización de patrimonio era esencial para levar a cabo calquera actuación nesta localización e no seu entorno polo seu carácter protexido. Tal como explica Enrique Oubiña, concelleiro de obras e urbanismo, “a ley está para cumplirse, e os espazos como o Monte do Castro, de gran importancia, deben antes que nada protexerse. Nin nos nin moito menos o PP pode entrar  nun espazo como o Monte do Castro a realizar traballos de ningún tipo sen as pertinentes autorizacións. Levounos tempo, pero agora temos os permisos necesarios, e tamen a instrucción do que se pode facer ou non facer. Outros pretendian entrar como os cruzados en Xerusalen”.

   Para as tarefas de limpeza, que consisten en desbrozar toda a zona do castro  e sacar as malas herbas  da zona xa consolidada, o Concello de Ribadumia quixo contar cunha brigada de BATA. (Baion Asociación Tratamento Autismo) que estará toda esta semana desenvolvendo a súa labor no  Monte do Castro, e serán os encargados de que este entorno retome o seu atractivo. Para Enrique Oubiña “está non é a primeira vez que contamos con BATA para labores deste tipo, unha entidade coa que mantemos un convenio de colaboración que permite que persoas do concello con autismo poidan avanzar na sua integración social, e alegranos poder contar con eles nestas ocasións.”

Enrique Oubiña recorda que “dende o primeiro día, dende o equipo de goberno actuouse como se debe actuar, petando nas portas que corresponde petar, e seguindo os cauces legais correspondentes,  inda que supoñan un atraso para certas cousas.  Salomé Peña, antes de tentar movilizar os veciños e casi metelos nun problema  instandoos a actuar nun entorno protexido sen autorizacións nin instruccións  dos profesionais sobre como actuar, debería dirixirse as estancias superiores do seu partido e esixirlle explicacións  sobre o abandono ó que o Ministerio de Fomento condenou a varios xacementos arqueoloxicos, entre eles o do Monte do Castro.”

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s