Charla informativa da plataforma en defensa da sanidade pública do Salnés.
Este venres 20 de outubro, as 20:30 da tarde, terá lugar no salón de plenos do Concello de Ribadumia unha charla pública organizada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés, na cal abordaran e explicaran as consecuencias da nova lei sanitaria que o PP pretende sacar adiante e que conlevaría, entre outras cuestións, a supresión da área sanitaria do salnés, relegandonos a ser un satelite do hospital de Pontevedra e provocando unha merma moi importante da calidade na asistencia sanitaria que recibimos.
Dende Somos Ribadumia estamos preocupados por esta cuestión, pois os nosos veciños e veciñas vanse ver afectados nalgo que é primordial no seu día a día, como é recibir unha atención sanitaria pública, de calidade, con medios e con prazos adecuados. Por ese motivo animamos a toda a cidadanía a asistir a esta charla, onde membros da plataforma aportarán toda a información necesaria para entender o que esta acontecendo e por que é tan importante parar a aprobación desta lei.