Publicadas as contas da Festa do Tinto

   O equipo de goberno do Concello de Ribadumia ven de facer públicas as contas da festa do Viño Tinto do Salnés.

Abre aquí o documento  BALANCE F.Tinto 2016_2017

   No documento publicado incluense as contas da festa do 2016, co cal é posible comparar como evolucionou a festa e sacar conclusións. A este respecto esta maña Enrique Oubiña comentábanos que “non se publican contas de festas anteriores porque foi imposible, debido a falta de documentación e a que parte da festa se xestionaba dende a comisión, motivos polos cales ademais de non ter os numeros claros era imposible saber canto custaba en realidade a Festa do Tinto. Agora que todo se fai dende o Concello e con transparencia, todo é máis facil”.

   O balance final da festa deste 2017 foi que se gastaron  124.028,89€, e se ingresaron 52.262,80€, polo que o concello tivo que facer fronte a 71.766,05€. Según Enrique Oubiña, o custe para o Concello non supon moita diferencia coas medias contas que o PP facia cando gobernaba. O que si esta claro é que cando todo se gasta en A, as contas sempre suben”.

  Comparativamente co ano 2016, a festa custou 15.758,08€ máis, pero os ingresos tamén aumentaron en 4.586,93€, onde se destaca o maior apoio da Deputación e das marcas comerciais. Tamén hai que ter en conta que este ano non se incluiron os case 2.000€ que cada ano se sumaban á caixa de ingresos e que viñan do que a Asociación de Veciños de Barrantes recadaba pedindo polas casas, quedando este ano en mans da propia asociación para afrontar os gastos da festa relixiosa.

   Enrique Oubiña comenta, ante o maior custe con respecto ó 2016 que está máis que xustificado; este ano a carpa dos stands foi maior, e quen veu á festa comprobou que fixo boa falta ese aumento, e fixéronse melloras en canto a contratación do persoal, que pasou de ser simple voluntariado a estar todo contratado con todos os dereitos, ademais de aumentar a aposta pola actuación de grupos locais, que nos consideramos necesaria nun Concello con tanta xente nova e tan alto nivel musical.”

   En resumo, para Enrique Oubiña “hai que salientar primeiro a transparencia das contas, unha mellora notable e que era imprescindible para Somos Ribadumia. E agora, á conta desta transparencia,  a festa poderá, por fin e cos números claros,  ser obxecto de valoración e mesmo de crítica, tanto por parte dos veciños como do partido da oposición. Cada quen que saque as súas conclusións, pero eu creo que calquera que ande metido nunha comisión de festas e sepa o que custa organizar estes eventos, estará de acordo comigo en que non se pode facer máis con menos. Poderase criticar se unha orquesta foi mellor, ou se este grupo estivo ben ou mal, ou se aquela actividade deu mellor ou peor resultado, pero eu dende aquí defendo, partindo da base de que todo é mellorable e que sempre hai cousas que corrixir,  tanto a xestión da festa, o seu plantexamento con actividades para todos os públicos,  como o enorme traballo de toda esa xente que a fixo posible, e gracias o cal puidemos  disfrutar de tres grandes días de festa; unhas persoas  que demostraron unha gran capacidade de traballo en equipo e de compromiso.”

conta do tinto 2016/17

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s