Intensa axenda de actividades ó redor do Dia contra a Violencia de Xénero
O pasado 25 de Novembro foi o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. A Concellería de Servizos Sociais, que inclue os servizos de igualdade e o CIM comarcal (Centro de Información á Muller) , e todo o equipo de goberno, manteñen o longo deste mes, con motivo deste día ,unha intensa axenda de actividades, variadas e actuando en varios ámbitos, tanto políticos como sociais, co obxectivo de primeiro visibilizar un problema de tal calibre que xa é un problema de estado e, en segundo lugar, axudar a previr.
En Negro Contra As Violencias.
A principios de mes a Concellería de Servizos Sociais anunciaba a decisión do equipo de goberno de unirse a campaña nacida en Santiago de Compostela, que une xa a 75
Concellos e 3 Deputacións, xunto a outras moitas entidades de todos os ámbitos. O día quince deste mesmo mes asinábase dito protocolo, e iniciabase así unha campaña que pretende visibilizar esta lacra.
Días despois os comercios de Ribadumia uníronse a esta campaña, colocando nos seus escaparates un cartel negro visibilizando que son espazos libres de violencias de xénero. Estes carteis ocupan tamén lugares relevantes en todos os edificios municipais, e nos espazos do propio Concello, ó que se lle uniu unha gran pancarta negra.
Esta campaña de visibiliación esta prevista que se manteña todo o que queda deste mes de novembro.
Actividades dende o CIM.
O 20 de novembro presentábanse en Cambados as actividades do CIM para os meses de novembro e decembro, centradas en varios aspectos e orientadas a varias franxas de idade e escalas sociais. Ditas actividades, que se desenrolarán nos concellos de Ribadumia, Cambados e Meis, irán dende o empoderamento e o asociacionismo feminino, ata a actividades de prevención da violencia de xénero orientadas ós máis novos e desenroladas nos centros de ensino. Toda unha serie de actividades do máis interesante, algunhas novidosas como as sesións dirixidas a centros de educación infantil contra os estereotipos de xénero a través dos contos, ou unha xuntanza de entidades formadas por mulleres, e outras que xa acumulan varios anos de éxito, como Simposio Móstrate Salnés, que en Ribadumia en decembro celebrara a súa sexta edición.
Lectura do Manifesto.
O pasdo 24 de novembro tivo lugar a lectura mancomunada do manifesto en Contra da Violencia de Xenero, na casa consistorial.
“Cartas de amor” no CPI Xulia Becerra Malvar.
Este martes 28 poñiase en marcha no Colexio de Barrantes unha exposición, promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade e organizada polo departamento de Servizos Sociais do Concello, en colaboración co propio centro educativo, que irá acompañada dun obradoiro didáctico sobre igualdade. Dita exposición denominada “Cartas de Amor”, é unha mostra gráfica de ilustracións de diversos artistas onde o tema principal é a violencia de xénero e a mocidade. A través dunha selección de debuxos de artista como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, Pirusca, José Luís Méndez, Jack Mircala ou Javier Olivares preténdese chegar á xuventude e facerlles pensar sobre a situación que se está a vivir hoxe en día e que require de esforzo por cambiar. Con esta iniciativa búscase sensibilizar á poboación máis nova sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e, polo tanto, a eliminala. Trátanse dunhas idades que, segundo vai a sociedade actual, poden verse afectadas por estas condutas polo que é necesario concienciar desde moi novos.
Paralelamente á exposición, impartirase un obradoiro didáctico sobre igualdade o vindeiro xoves, 30 de novembro, dirixido aos cursos de 3º e 4º da ESO. Dentro destas iniciativas contra a violencia de xénero, a igualdade xoga un papel moi importante á hora de relacionarse uns cos outros.
Para Enrique Oubiña , todas estas actividades ” son moi necesarias, e o feito de que ano a ano se nos vaian sumando colectivos e entidades, como este ano o colexio e os comercios, que acolleron moi ben estas campañas, é un sintoma de que cando hai vontade poden facerse moitas cousas, que poden parecer pequenas e sinxelas, pero que supoñen avances moi grandes. “
O tenente de alcalde incidiu esta tarde na colaboración de diferentes entidades e colectivos co Concello e dos esforzos que se estan facendo dende Servizos Sociais e no positivo que todo iso resulta para o Concello. Afirmou Oubiña que “Os traballadores de Servizos Sociais de Ribadumia, e as traballadoras do CIM xa facían un moi bo traballo. Pero dende a nosa chegada todo mudou de dimensión, e non me refiro solo a física. O apoio continuado a estes departamentos, e o aumento de recursos, conleva que se sintan máis apoioados e iso da resultados. Agora o CIM chega mais lonxe, atraendo actividades novas, traballando máis a fondo con diferentes colectivos de mulleres. Pero a cousa vai máis alo, poñendo o foco nas mulleres victimas de violencia machista, e nos seus fillos, con actividades especificas e coa creación de foros de traballo, como a mesa mancomunada de coordinación contra a violencia de xénero… Servizos Sociais pola súa banda vai cada día a máis, involucrase, sacando tempo de onde non o teñen, nas diferentes iniciativas que organizamos, e o involucrarse eles arrastran a outros colectivos. Aparecen entidades novas como ESMAR_violencia Cero; o Colexio e o comercio local sumanse as actividades e colaboran con nos… O final , dende o goberno cumprimos coa nosa función impulsando estas cousas, pero son os actores reais os que fan que isto funcione, e a vista salta que funciona. Estou moi orgulloso do traballo que se esta facendo.”