Somos Ribadumia considera inadecuada a participación de David Castro na viaxe da semana pasada .
- David Castro participou na viaxe organizada pola Mancomunidade do Salnés sen comentar nada co representante de Somos Ribadumia, nin dar explicación algunha dos motivos de tal participación, nin do interés que podía ter para Ribadumia .
- O asistir a esta viaxe puxo en perigo a aprobación do resultado contable do ano 2016 no pleno do pasado xoves.
- Somos Ribadumia solicitará a Tino Cordal que pida explicacións por este tipo de viaxes no seo da mancomunidade.
A Comisón Executiva de Somos Ribadumia, organo responsable do traballo diario da plataforma e que vela pola correcta xestión do pacto de goberno, consideramos, logo de ter coñecemento de que David Castro participou nunha viaxe organizada pola Mancomunidade do Salnés a Francia, que a súa participación nesta viaxe foi innecesaria e inadecuada.

Foto da viaxe recollida polo Diario de Arousa
O concelleiro de Somos Ribadumia, Enrique Oubiña informou a semana pasada á Comisión Executiva de que o alcalde non participaría no pleno do xoves por estar no estranxeiro, pero non puido aportar máis motivos pois descoñecía os detalles de tal ausencia, considerando que se trataba dunha cuestión persoal. Máis adiante, pudose saber que en realidade o alcalde estaba participando nunha viaxe institucional, pero os detalles de tal viaxe, o propio concelleiro admite que os coñeceu pola prensa.
Dende Somos Ribadumia non nos opoñemos as cuestións institucionais e a estar presentes onde sexa necesario para os intereses de Ribadumia, e recoñecemos a figura do alcalde como máximo representante do noso concello. Pero este tipo de cuestións deben estar consensuadas, definidas e claramente xustificadas.
Por ese motivo cremos que esta maneira de actuar, de costas os socios de goberno non é adecuada. E menos vendo que a viaxe, cando menos discutible en canto o que puidera resultar de interesante para o noso concello, non foi en realidade máis que unha operación, pagada con fondos públicos, do señor Duran para estreitar lazos con cargos e forzas políticas concretas.

Titular do Faro de Vigo do pasado domingo
O máis grave desta situación, da que o alcalde, a pesares de voltar o domingo non aportou explicación algunha ata onte (martes) ó mediodía, foi a posición delicada na que quedou o equipo de goberno no pasado pleno municipal, celebrado o xoves e onde entre outros temas, se incluía a aprobación do resultado contable do ano 2016 e o plan económico financeiro requirido polo estado debido a un desaxuste contable, asuntos vitais para o desenvolvemento da vida municipal. A situación derivada da ausencia do alcalde provocou que se tivera que aprobar a conta co voto de calidade da alcaldesa en funcións, pois o PP votou en contra provocando un empate na votación. Se por calquera motivo un dos concelleiros ou concelleiras do equipo de goberno non puidese asistir a este pleno, o resultado contable non sería aprobado, e iso podería ter consecuencias negativas para o concello, pois a aprobación das contas é necesaria para cuestións tan importantes como a consecución de subvencións e fondos outras administracións.
Polo que respecta á viaxe, dende somos Ribadumia solicitaremos ó noso homologo cambadés, Tino Cordal, que no seo da mancomunidade pida explicacións e plantexe as medidas oportunas para controlar este tipo de viaxes e os seus custos, e evitar que cando se organice un evento deste tipo, se deturpe a súa función transformando unha viaxe institucional nunha viaxe orientada a atender intereses políticos concretos, deixando de lado o interés real para os nosos concellos.
Somos Ribadumia aproveitamos para recordar que nos presentamos as pasadas eleccións cuns obxectivos moi concretos, e asinamos no seu momento un pacto de goberno moi esixente en moitas cuestións, e cunha serie de medidas concretas que tomar e de cuestións éticas e de transparencia que deben respectarse. O feito de asinar ese pacto levou a David Castro a ser alcalde co noso apoio, e a Somos Ribadumia a formar parte do equipo de goberno, pero nin perdemos a nosa identidade como forza política, nin a nosa independencia para tomar as decisións que consideremos oportunas. Neste momento algunhas das medidas previstas no pacto acumulan demasiado retraso, ademais de que certas inxerencias están desvirtuando e entorpecendo o bo traballo do equipo de goberno. Consideramos, así pois, que debe centrarse na súa labor de cumprimento do pacto, por que no caso contrario este perdería o seu efecto e a súa razón de ser, invalidando todos os acordos tomados.