Avanzamos na nosa conformación como unha forza local autónoma .

   Dende a Comisión Executiva de Somos Ribadumia informamos de que o pasado venres celebramos a asemblea ordinaria prevista, onde se chegou a diferentes acordos.

   O primeiro deles foi o da renovación da Comisión Executiva, que vai manter, logo da pertinente análise e avaliación do seu traballo, a mesma conformación que mantiña.

   Un importante acordo foi o de establecerse como forza propia. Nas pasadas eleccións Somos Ribadumia concorreu baixo o paraugas do partido instrumental “Participación Democrática Directa de Galicia”(PDDdeG), denominación “legal” que seguimos mantendo. O acordo do venres significa que se darán os pasos para que a nosa denominación legal a todos os efectos sexa “Somos Ribadumia”. Con esta medida completase un ciclo iniciado no ano 2015, e garántese a nosa autonomía como plataforma veciñal, aberta e transversal, onde calquera persoa do noso concello poida sentirse cómoda.

   De cara as próximas eleccións municipais tomáronse dúas decisións. Unha delas que a Comisión Executiva quedou responsabilizada de estudar a posibilidade de chegar a acordos con outras forzas próximas. Outra decisión, moi importante, foi a de abrir, aínda máis se cabe, o espazo para ó longo dos próximos meses seguir acumulando forzas, co obxectivo de establecer un grupo de persoas que conformen a lista e tamén escoller á persoa que nos represente nas próximas eleccións.

   En resumo, Somos Ribadumia demos un importante paso para fortalecernos como forza local, autónoma e totalmente independente, garantindo así que imos seguir sendo unha plataforma transversal e aberta, que pon as persoas que viven en Ribadumia por diante de calquera outra cuestión, e onde a nosa veciñanza, máis alo das ideas de cada quen, non solo pode sentirse identificada e apoiada, se non que ademais pode participar con nos tanto no noso traballo como na toma de decisións dun xeito libre, sen os compromisos e “marcas de auga” dos partidos tradicionais.

   Dende a Comisión Executiva queremos aproveitar para agradecer publicamente a valoración que a asemblea fixo do noso traballo e a confianza depositada en nos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s