Lamentamos que David Castro non nos deixe máis opción que ir a un pleno extraordinario

  • Este xoves terá lugar un pleno forzado pola oposición para debater as actuacións do goberno nun conflito cunha traballadora.
  • A documentación aportada e a terquedade de David Castro poñen moi en dúbida a actuación municipal.
  • Completa falta de vontade de diálogo. Nin sequera se convocou a Comisión Informátiva para tratar a cuestión e tentar aclarar a situación antes de chegar a pleno.

  Este xoves, vinte días despois de solicitalo e no límite legal, terá lugar se o goberno non pon remedio á situación un pleno extraordinario para valorar as actuacións  do goberno local no desenvolvemento dun conflito cunha traballadora.

  Recordamos que esta situación parte da reclamación dunha traballadora na definición dunha baixa, cuxa sentencia, supostamente sen consecuencias para o Concello, foi recorrida polo goberno de David Castro nunha actuación moi discutible, ou que cando menos xera moitas dúbidas.

  Dende Somos Ribadumia insistimos en que o obxectivo era e segue sendo aclarar se había motivos xustificados para meter ao concello nos custes de alongar un proceso xudicial e para ir en contra dunha traballadora. Hai que remarcar que as evasivas de David Castro en pleno e a falta de documentación aclaratoria son os motivos polos cales se solicitou ese pleno e tamén informes complementarios que puxeran negro sobre branco a actuación municipal.

   Unha vez achegada e analizada toda a documentación, seguimos mantendo moitas dúbidas sobre esa actuación, que polo de pronto xa bloqueou unha segunda parte no proceso xudicial, onde a traballadora solicitaba que a baixa permanente na que derivou a baixa temporal fora recoñecida tamén como incapacidade por accidente laboral e non como enfermidade común, feito que podería ter repercusión directa na pensión de xubilación desa traballadora.

   Temos constancia de que o goberno local está defendendo a súa postura xudicial con uñas e dentes, o que na práctica significa gastar cartos públicos nunha actuación  que a priori senta un perigoso precedente. Se a isto añadimos a opacidade de David Castro, que en ningún momento se dirixiu a Somos Ribadumia para tratar de aclarar a cuestión, ata o punto de non convocar  nin a Xunta de Voceiros nin Comisión Informativa previa ao pleno, liquidando o órgano de diálogo establecido formalmente e pechando todas as vías de diálogo, non temos máis remedio que aceptar que David Castro non está limpo nesta actuación.

   Queremos dende aquí insistir na nosa vontade de aclarar e solucionar esta cuestión sen necesidade de chegar ao pleno nin seguir gastando cartos. Chega con que David Castro, que é o único responsable desta situación, asuma a retirada do seu recurso xudicial, é deixe de complicarlle a vida a unha traballadora, que ademais xa esta xubilada, ou no seu defecto que nos aporte unha motivación bastante máis realista é críbel que a aportada ata o momento . Se non se da nada disto, haberá pleno, e nel David Castro terá que dar a cara é explicar que anda facendo cos  cartos da veciñanza, e nos se a situación non muda manteremos a nosa proposta en pleno de que se retire ese recurso, proposta que tanto David Castro como o resto de concelleiros de IR deberán votar, aclarando con ese voto tanto o tipo de persoas que son como o tipo de políticas que practican.

Lamentamos que David Castro non saiba cal é o escudo de Ribadumia

  • David Castro gabouse esta semana de por unhas xaulas para gardar os contedores no nucleo de Barrantes que son un atentado visual.
  • Somos Ribadumia xa advertimos en 2019 que ese formato non era o máis axeitado e deixamos propostas moito máis coherentes co entorno urbano.
  • O escudo que o equipo de goberno presumiu de incluir nas xaulas, non se corresponde co do Concello de Ribadumia.

 “ Lamentable. Un alcalde debe saber cal é o escudo do seu concello”, Enrique Oubiña non saía do seu asombro esta fin de semana cando se achegou comprobar como eran as xaulas que o goberno de David Castro colocou nos últimos días, logo dun retraso de case dous anos, e que teñen como obxectivo disimular a fea imaxe dos grupos dos contedores do lixo, así como evitar que se despracen co mal tempo.

  O primeiro que hai que dicir é que esta actuación, así como a colocación dos suxeita contedores individuais no resto do concello é unha actuación prevista polo anterior equipo de goberno, sendo concelleiro de Urbanismo Enrique Oubiña e de parques, xardíns e limpeza, Pepe Lede do Psoe. É importante recordalo, porque tal como explica Oubiña esta actuación o alcalde retrasouna deliberadamente para tratar de desvinculala da xestión do goberno anterior, e aparentar que fai algo. Pero a realidade é que esa proposta saíu do concelleiro do Psoe e de Somos Ribadumia, xa no 2017, como unha solución aos problemas que ocasionan os contedores cando hai temporais  de vento, concretándose a proposta no 2018 e incluíndoa no Plan Concellos 2019”. Nese aspecto, que se fixera unha “foto oficial”, e non se nos convidara ni se nomeara na comunicación o traballo que deixamos feito, parécenos de certa falta de respecto institucional, pero de David Castro nese aspecto xa non agardamos nada.

  Máis grave nos parece a solución adoptada nos caso dos grupos de contedores no núcleo urbano. No seu momento, a finais da lexislatura pasada, David Castro, ignorando ao concelleiro de Somos Ribadumia  e todo o acordado neste eido, decidiu colocar unha xaula a modo de proba no centro de Barrantes, concretamente na rúa Condesa. Oubiña xa nese momento advertiu que “de todas as solucións valoradas a que se colocou foi a mais barata, pero resulta que non foi a acordada e, o realmente grave, é  a que peor impacto visual provoca. Había outras propostas máis discretas, ou de mellor imaxe, e nos propuxemos, en principio co visto bo de David Castro, un modelo que permitía usar os paneis frontais tanto como taboeiros de anuncios, ou incluso como soportes de imaxes publicitarias do noso concello, de xeito similar ao feito cos contedores do vidro no 2016, que mitigaran a mala imaxe dos grupos de  contedores”. Ante a tardanza por colocar o resto de xaulas, pensamos que o goberno estaría valorando a proposta inicial, ou cando menos unha corrección importante, pero nada máis lonxe da realidade, pois o formato final pouco ou nada se diferencia da xaula de proba.

   Ademais disto hai que recordar que o goberno anterior tiña un acordo para tentar na medida do posible homoxeneizar a imaxe dos obxectos públicos e decorativos, motivo polo cal por orde de Oubiña se repintaron todas as farolas, papeleiras e bancos públicos coa gama cromática que de xeito corporativo se usa na loxística e publicidade da festa do Viño Tinto do Salnés. O goberno actual de David Castro ignora este acordo, e de paso todo gusto estético, e colocou unhas xaulas que son un atentado visual, nunha cor castaña escuro que no canto de disimular a mala imaxe que os contedores viñan xerando, convérteos nunha horrenda referencia visual.

Ata o escudo está mal.

  Porén, ademais do mal gusto estético, que non é unha cuestión menor porque a imaxe que os visitantes se van levar do noso concello vai ser bastante pésima, resulta que nos topamos cunha situación do máis esperpéntica cando lemos o seguinte no comunicado do Concello: “Ademais, cada cobertor leva serigrafíado e recortado a láser o escudo e_nome do Concello de Ribadumia, cun grosor de 1,5 mm e un tamaño de 50×50 cm”, que nos interpretamos que o goberno quere vender como un plus de calidade, pero que dende o noso punto de vista solo serviu para aumentar o prezo innecesariamente. A sorpresa nosa, máis alo do ridículo do argumento comercial co que o alcalde pretende dar valor a esas xaulas, ven porque o escudo que se serigrafiou non se corresponde co do Concello de Ribadumia. Un erro que xa se cometeu na xaula de proba colocada en maio do 2019, e que polo visto ninguén no equipo de goberno observou, a pesar de pasar todos os días por diante desa xaula, nin en todo este tempo, nin nas novas xaulas, xunto as que o alcalde se fixo moi ufanamente unhas fotos. A cuestión é moi grave, porque ademais ese problema xa se dera ao principio da lexislatura anterior, e o propio Oubiña mandara todo tipo instrucións internas, así como ás empresas que traballaban nese momento co Concello, para evitar colocar o escudo erroneo. Faise evidente que faltou Oubiña no goberno e faltou quen xestionara as cousas correctamente. 

   Para Oubiña que o noso alcalde descoñeza como é o escudo do noso concello, non ten perdón. E o malo é que non solo queda mal el e todo o seu equipo de goberno que anda igual de perdido que el, se non que déixannos quedar mal a todos os demais e á propia veciñanza, ademais de axudar a crear confusión con respecto a imaxe institucional que nos representa”.

Novo bloqueo de David Castro ao acceso á información municipal.

  • Fai unha semana solicitamos consultar de xeito periódico o rexistro municipal.
  • David Castro está bloqueando intencionadamente o noso dereito a obter información municipal.
  • David Castro está comprometendo deliberadamente a posición da secretaria municipal.

 “Para a correcta realización das nosas obrigas como forza política resulta vital poder acceder as entradas e saídas do rexistro municipal de xeito periódico”, así o explicaba Oubiña onte logo de achegarse ao  Concello a facer uso do seu dereito ao acceso á información, que había solicitado ante a secretaría municipal previamente, por educación e porque temos ánimo de desenvolver o noso traballo dende o respecto institucional. Porén, en realidade nin sequera temos que pedir permiso, pois o acceso ao rexistro do concello é un dereito fundamental de todos os concelleiros, sexan do goberno ou da oposición. Ademais a consulta do rexistro é algo totalmente normal”. Mais o que se encontrou no Concello o noso voceiro foi un portazo en toda regra, e á secretaria municipal actuando de parapeto, poñendo escusas e mesmo insinuando que quizais se nos negue o acceso ao rexistro.

    Pola nosa banda temos claro, tal como expón Oubiña que “non imos polemizar coa secretaria municipal, nin entrar na trampa de encerellarnos cunha persoa que o alcalde está poñendo por diante para non dar el a cara, ademais forzándoa a ir moi ao limite da legalidade, co cal pode acabar por verse metida nun problema legal por ser boa persoa e non querer ter problemas no seu entorno laboral”.  Dende logo, os comportamentos extorsionadores e abusivos de David Castro cos traballadores e traballadoras do Concello comeza a ser preocupante.

  Nos coñecemos perfectamente os nosos dereitos, recollidos, ademais de na Lei de bases do réxime Local,  no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, que nos seus artigos 14, 15 e 16 establece e regula o dereito ao acceso á información municipal dos concelleiros, e imos facer uso deses dereitos, gústelle ao alcalde ou non lle guste, e se para iso temos que tomar vías doutro tipo, non nos vai tremer a man o máis mínimo. Neste aspecto debemos admitir que pensabamos que a base de recibir notificacións da Valedora do Pobo David Castro xa tiña aprendido  que non pode negarnos os nosos dereitos, mais parece que segue encirrado na mesma liña obstrucionista, o cal nos leva a pensar: que oculta David Castro?”.

Solicitamos xunto ao resto da oposición un pleno para aclarar a situación xurídica .

  • No pasado pleno Enrique Oubiña puxo de relevancia a existencia dun recurso xudicial contra unha traballadora do concello.
  • As explicacións e informes achegados non aclaran cales son os intereses municipais neste asunto.
  • Todos os concelleiros da oposición asinamos unha solicitude de pleno extraordinario para aclarar está cuestión.

  Cando no pleno do pasado 3 de setembro Enrique Oubiña puxo de relevancia a existencia dun recurso presentado contra unha sentenza relativa a unha baixa dunha traballadora, o que agardabamos dende Somos Ribadumia era que David Castro respondera a unha pregunta sinxela: cales son os motivos específicos que xustifican que se presentara ese recurso?.

 No pleno non foi posible obter unha resposta. E nin o informe que posteriormente se nos fixo chegar dende os servizo xurídicos do Concello , nin as  consultas de documentación que o noso voceiro realizou na casa consistorial lograron aclarar está cuestión.

 O proceso xudicial referido foi iniciado por unha traballadora, que  o 24 de abril de 2018 sufriu unha caída durante a xornada laboral. A caída, que derivou nun problema nun ombreiro que finalmente non lle permitiría volver ao traballo, coincidiu no tempo con outras cuestións de saúde que tamén supoñían para a traballadora estar un tempo de baixa. De todo isto desprendeuse un conflito por dilucidar se a baixa temporal, que inicialmente se concedeu como enfermidade común,  que tivo esa traballadora correspondía que fose por accidente.

   O proceso xudicial seguindo o procedemento legal correspondente, conlevaba demanda contra a Seguridade Social , a Mutua e a empresa, neste caso o Concello. A sentenza foi favorable á traballadora, ao dar por probado que o motivo da baixa fora o accidente acaecido o 24 de abril do 2018. Unicamente o Concello presentou un recurso ante esta sentenza.

   Cabe sinalar, e remarcar, explica Oubiña a conclusión a que chegamos a partir de toda a información aportada e consultada, así como das consultas profesionais externas realizadas por Somos Ribadumia,  é que a sentenza non tivo ningunha repercusión para o Concello, nin económica nin de ningún outro tipo, nin a pode ter no futuro, pois a caída da traballadora non foi motivada por ningunha causa achacable ao Concello, nin se derivou ningunha inspección por cuestións de seguridade no traballo, nin se estaba incorrendo en ningunha irregularidade laboral. Así que a pregunta  é: se non hai efectos para o concello, porque gastar cartos nun recurso? “.

    A cuestión é que para o Concello non, pero si pode ter efectos este recurso,  de provocar un cambio nesa sentenza, na situación da propia traballadora, que actualmente ten aberta outra causa para tentar que o xulgado determine que a Incapacidade Permanente que se derivou desa baixa, sexa tamén, en toda lóxica, declarada como baixa por accidente e non por continxencia común. A sentenza podería ter, de saír favorable á traballadora, repercusións na súa pensión de xubilación. 

  En resumo. O concello presentou un recurso ante unha sentenza xudicial que non lle afecta no máis mínimo. Unha sentenza tan clara que nin a Seguridade Social nin a propia mutua puxeron en dúbida, nin moito menos formalizaron un recurso. Porén, ao recorrer dita sentenza, o Concello está xogando, voluntaria ou involuntariamente,  coa pensión dunha traballadora municipal.”

  Dende Somos Ribadumia queremos pensar que ou ben non se nos transmitiu correctamente a información, ou houbo un erro na xestión deste asunto, por que a alternativa posible resultaría dunha extrema gravidade.

Está é a posición de Somos Ribadumia. O resto de partidos da oposición chegaron a unha conclusión similar, por ese motivo consideramos que era preciso solicitar un pleno extraordinario, e en paralelo un informe da secretaría-intervención municipal, e tratar de aclarar está cuestión.

Pola nosa banda temos confianza en que o informe solicitado nos aporte a xustificación desta actuación dun xeito claro, ou no seu defecto que nos próximos días David Castro rectifique e dea orde de retirar ese recurso. Nese caso retiraremos a solicitude do pleno. Porén, de non ser así, e se o informe solicitado non aclara as dúbidas, no pleno proporemos que se vote a retirada dese recurso.