A consellería de sanidade ignora os problemas de Ribadumia

   A Consellería de Sanidade denegou a petición do Concello de Ribadumia de suplir o descanso vacacional dun dos dous facultativos do Centro de Saúde municipal

enrique oubiña

Enrique Oubiña, concelleiro de sanidade

O concello de Ribadumia, a traves da concelleria de Sanidade que é  responsabilidade de Enrique Oubiña, e da alcaldía,  enviou onte  un escrito a Sanidade remitindo as queixas por parte do equipo de goberno ante a despreocupación da Consellería no asunto que conleva que o Centro de Saúde de Ribadumia xa leva máis dunha semana con un só médico para todo o municipio O pasado 6 de xullo o equipo de goberno presentou unha solicitude á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia co fin de evitar que o Centro de Saúde de Ribadumia contase, debido as vacacións dunha das docentes , con tan só un médico para todo o municipio durante medio mes de xullo (do 16 ó 31 de Xullo). Esta solicitude presentouse unha vez se tivo coñecemento no Concello de que  Consellería non tiña previsto designar a outro médico substituto para cubrir ese período vacacional. Finalmente, a contestación da Consellería, que tardou mais de dúas semanas en chegar e que cando chegou xa pasara unha semana dende que a facultativa marchara  de vacacións, foi negativa co argumento de que deixar o Centro de Saúde de Ribadumia co 50% dos facultativos non supoñía ningún problema, e que o servizo quedaba perfectamente cuberto. IMG_20150708_095220 Ante esta resposta, o equipo de goberno considera que este xeito despreocupado de actuar da Consellería, que Enrique Oubiña considera “unha tomadura de pelo non so o Concello, se non tamen as nosas veciñas e veciños, que ante un problema se encontran por parte da consellería do PP cunha  solución  consistente en non facer nada” ,  supón unha gran irresponsabilidade, pois a realidade é que se reduciu a atención sanitaria ó 50%, deixando o centro de saude cun so médico para atender a todos os veciños e veciñas, e isto está causando unha asistencia inadecuada, tempos de espera moi longos e unha carga de traballo excesiva para o outro facultativo. Por este motivo, dende o equipo de goberno remitiuse novamente un escrito á Consellería de Sanidade para insistir en que, nas vindeiras ocasións, se informe ó Concello desta situación e se prevea con antelación as substitucións para os novos períodos vacacionais que se concedan co fin de garantir que os veciños teñan uns servizos sanitarios básicos.

O novo equipo de goberno afonda no concepto de transparencia municipal

Onte o goberno municipal fixo pública, por primeira vez neste concello, unha acta plenaria, a do primeiro pleno (logo do de investidura) desta lexislatura.

Podedes accedera esa acta picando no seguinte enlace:

https://es.scribd.com/doc/272248931/ACTA-DE-PLENO-22-06-2015

Este parece un pequeno paso, pero o salto que supon en cuestións de transparencia é abismal, e supón un antes e un despois no funcionamento do noso concello,  e unha mostra moi clara de que o tripartito se tomou moi en serio mellorar a comunicación cos  veciños e a transparencia do seu traballo.

Ata o de agora a única información que transcendia dos plenos era a que os partidos transmitian por diferentes eidos, a prensa, boletíns ou a traves das redes sociais, e sempre eran fraccionadas. A partires de agora os veciños terán un acceso moito mais sinxelo as actas dos plenos, e leer o que nelas se recolla, con toda a información dos temas que se traten, das mocións presentadas polos partidos, e tamén  os posicionamentos dos partidos e concelleiros ante os distintos temas.

Hai que felicitar ó novo goberno municipal, que non solo cumpre con aquelo que propuxo no seu momento, se non que nin siquera agardou a por en marcha a nova web municipal (a actual é moi inoperativa), traballo que levará unhas semanas, se non que antes diso habilitou un espazo na nube que permite os nosos veciños acceder a este tipo de información.

Ademais disto, dende o inicio da nova lexislatura estamos vendo unha maior presenza nas redes sociais do concello, transmitindo e compartindo todo tipo de informacións municipais, felicitando a clubes, entidades e persoas do noso concello  nos  seus éxitos, informando dos prazos para solicitudes de axudas…toda unha labor que lle da próximidade ó concello cos nosos veciños, ademais de facilitar a transmision da información .

Enrique Oubiña e Mar Rey visitan o colexio de Barrantes.

foto visita colexio  A semana pasada Enrique Oubiña e Mar Rey visitaron o colexio, logo de que se aprobara en pleno a adxudicación da reforma do antigo ximnasio.

Nesa visita, onde ademais da dirección do colexio , estivo a presidenta da ANPA, os concelleiros do equipo de goberno puderon comprobar “in situ” a situación real das instalacións municipais, e constatar as deficiencias que ten. Fíxose patente que nos últimos anos o goberno anterior, que tanto presumia de “boa xestión”, no canto de solucións duradeiras e de actuacións adecuadas as necesidades presentes e futuras, para o cal hubera sido preciso facer estudos poboacionais e de densidade demográfica, que permitiran ter unha idea de cales ian ser as necesidades do colexio nos próximos anos, e adecuar as obras feitas a esas previsións, se dedicou a realizar parches (moi caros) sin xeito nin dereito, provocando que no día de hoxe teñamos no ambito do colexio  unha serie de instalacións que no seu día costaron moitos miles de euros, e que resulta que son claramente insuficientes, como a gardería.

foto visitia colexio 2     Ó final da xuntanza, onde ademais do tema do ximnasio, se lles informou de que en breve se realizara a obra de instalación de equipamentos infantís frente a aula de primaria, obra para a que foi preciso aprobar unha modificación de crédito, pois o PP non incluira esta actuación nos orzamentos municipais deste ano, constatouse o compromiso do equipo de goberno de buscar solucións ós problemas que ten o colexio, para o cal xa se solicitou unha visita do conselleiro de educación e do delegado territorial.

O equipo de goberno aprobará esta tarde a concesión de subvencións a entidades e clubs locais

O Concello de Ribadumia celebra esta tarde unha sesión Extraordinaria do Pleno Municipal, tres semanas despois do Pleno de organización de Goberno. Na orde do día figura ademais da adxudicación da reforma do ximnasio, a aprobación das bases de adxudicación para a dotación do edificio anexo o pavillon de Ribadumia, e unha modificación de credito para facer fronte a unhas  obras e compras que non estaban inicialmente orzamentadas para este ano,  un tema de moita importancia e que na última semana se esta vendo desvirtuado pola actitude do PP: a concesión de subvencións a entidades e clubs.

A oposición (PP) non fixo ningunha proposta concreta con respecto ó reparto destas axudas,  pero si criticou as propostas presentadas polo equipo de goberno nas Comisións Informativas, que tiveron lugar o pasado xoves,  por tratarse según o PP dun “corta e pega” das aprobadas o ano pasado.   “O que Salomé se esqueceu de decir, tal como aclarou á prensa o equipo de goberno, foi que  a concesión de subvencións a entidades e clubs xa tiñan que estar aprobadas polo anterior goberno, capitaneado  pola propia Salomé Peña,  en maio como moi tarde. Agora, “debido á deixadez do Partido Popular, que de abril a maio estivo máis pendente de facer propaganda electoral que de xestionar o Concello, a concesión de subvencións terá que ir a un pleno extraordinario” .

Ademais disto, na Comisión Informativa de Cultura e Deportes, e a pesares da urxencia  do tema, o equipo de goberno propuxo revisar a documentación das subvencións por se consideraban necesario facer algunha mellora nas axudas. O documento que se presentará esta tarde  para a  súa aprobación poderia presentar algún cambio, pero de non ser así o goberno comprométese a facer axustes antes de final de ano, se se vira que algunha entidade mantivo unha actividade moi por riba da valoración feita, unha valoración que debido a urxencia e sobre todo a ineficacia das bases ( unha ineficacia  que Enrique Oubiña non se cansou de denunciar ó longo da lexislatura pasada ante o silencio despreciativo do PP) non pudo realizarse  coa  obxetividade que este equipo de goberno pretende, algo que si acontecerá no futuro mais próximo.
Peña  tamén acusou estes días a Oubiña de “ter a pouca vergonza de defender en primeira persoa ese paquete de axudas a pesar de non ser o concelleiro de Cultura e Deporte” ao que Oubiña pide a Salomé Peña que “non se durma nos Plenos, xa que no Pleno de organización quedou moi claro que tanto Enrique Oubiña como José Ramón González forman parte de todas as comisións informativas como representantes dos seus respectivos partidos, ademais de formar parte do equipo de goberno”. Estas comisións, recordamos,  están compostas cada unha por sete membros , e respetando a proporcionalidade da representación que cada grupo político ostenta, corresponde en cada comisión 3 membros do Partido Popular, 2 membros de Independientes por Ribadumia, 1 membro do PSdeG e 1 membro de Somos Ribadumia.

  En resumo, as axudas as entidades  estaban nun caixon debido a inoperancia e irresponsabilidade do PP, e agora que o equipo de goberno, formado por SR, IR e Psoe, decide porlle remedio a esta situación pola vía de urxencia para que as entidades teñan acceso ás axudas canto antes,  topamonos con que o PP, en lugar de preocuparse polas entidades se preocupa de facer propaganda e demagoxia, pero sen facer ningún tipo de proposta, pois o único do que o equipo de goberno ten constancia tanto polo expresado nas comisións informativas como polo que chegou o propio concello, é do interes do PP en que haxa (e cobrar) cantas mais comisións informativas mellor. 

Cambio de bases.

O traballo do equipo de goberno coas axudas a entidades non acaba hoxe. A pesar de que este ano teñen que ser aprobadas por urxencia, dende o equipo de goberno, ante a evidencia de que as bases das subvencións non son obxectivas nin realistas coa labor que están a desenvolver as distintas entidades e clubs, temos  intención de consensuar e elaborar unhas novas bases que fagan xustizas a esta labor, primordial no desenrolo do noso concello.