Somos Ribadumia avanza na súa estruturación interna.

izquierda-ribadumia    Onte tivo lugar unha nova xuntanza de Somos Ribadumia. Nela fixose un repaso da labor do equipo de goberno nestes primeiros días, moi intensos, e mais especificamente do traballo de Enrique Oubiña, concelleiro de Obras, vias, urbanismo, asuntos sociais, terceira idade e sanidade. En resumo podese decir que os primeiros días do equipo de goberno estan sendo moi axetreados porque había traballo acumulado, froito  do parón derivado do proceso electoral e de cambio de goberno. Mais todo vai correctamente, as urxencias como a posta en marcha da piscina ou da escola de ocio de verán están solventadas, e o novo equipo de goberno xa esta a pleno rendemento. Pola banda da laboura de Enrique Oubiña, ademais da atención os diferentes asuntos plantexados polos veciños e veciñas, que son o día a día do concello, estase poñendo en marcha, coa estreita colaboración do persoal de asuntos sociais, a elaboración dun plan especifico de axudas sociais, algo moi importante para Somos Ribadumia, e tamen para os socios de goberno,  e do que se falará moito nos próximos meses. Tamen se informou da reclamación á consellería de sanidade realizada pola inadmisible situación do noso centro de saude, que ademais das carencias que ten, de infraestrutura, de medios e de persoal, resulta que en verán o Sergas non cubre as baixas por vacacións.

Centrandonos xa na situación interna de Somos Ribadumia, logo de valorar o noso estado actual e o traballo realizado ata o momento, e visto que este proxecto ten moito desenrolo por diante, e que ademais conta cun apoio crecente de veciños e veciñas, onte tomaronse importantes decisións:

–  Somos Ribadumia vai manter o seu caracter de plataforma veciñal aberta, o que quere decir que as xuntanzas van a seguir sendo abertas, e que as decisións importantes vanse seguir tomando en asemblea, coa posibilidade de que calquera veciño e veciña participe.

acordouse así mesmo elaborar un documento base, para ser levado a asemblea, que plantexe uns principios estatutarios e de funcionamento mínimos, que nos definan como grupo e que definan a nosa maneira de traballar. Para a laboura de redactar ese documento base nomeuse un equipo de tres persoas,  pero o proceso é aberto, polo que calquera persoa poderá facer as aportacións que considere. Na próxima asemblea, que tera certo caracter fundacional, debaterase este documento, coas aportacións e achegas que teñamos, e aprobarase o documento definitivo.

– mentres esta asemblea non ten lugar, provisionalmente estableceuse un grupo para o traballo diario. Non é un grupo pechado, polo que calquera persoa que queira aportar pode unirse e participar. Este grupo, que se comunicara diariamente a través de ferramentas como o e-mail ou o whatsapp, e que se xuntara como mínimo de xeito  quincenal,  ten o cometido de desenrolar o traballo político de Somos Ribadumia,  en base ó programa e código ético aprobados e o pacto de goberno asinado coas outras dúas forzas, fiscalizar e apoiar ó concelleiro  Enrique Oubiña no seu traballo, e atender a calquera situación que xurda.

En definitiva, a de onte foi  unha xuntanza moi fructifera, con importantes avances que van permitir que Somos Ribadumia teña un papel relevante no goberno municipal, a través do traballo de Enrique Oubiña e gracias o pacto asinado con IR e Psoe que nos da ademais dun proxecto de concello, a estabilidade municipal necesaria para traballar, pero tamén tamen que SR siga medrando como un espazo aberto de participación onde teñan cabida todos  os veciños e veciñas.

Enrique Oubiña reclama que se cubran as ausencias medicas no verán

IMG_20150708_095220O Concello de Ribadumia presentou unha solicitude á Consellería de Sanidade ante a falta de persoal médico no Centro de Saúde

A pesar da falta dun dos dous facultativos do centro dende o 16 ata o 31 de xullo por descanso de vacacións, a Consellería non ten previsto designar a outro médico substituto

O Concello de Ribadumia, a través da Concellería de Sanidade, presentou esta mañá unha solicitude á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia co obxectivo de evitar que o Centro de Saúde de Ribadumia preste servizo aos seus cidadáns con tan só un médico para todo o municipio durante medio mes de xullo.

A solicitude presentouse unha vez se tivo coñecemento no Concello de que con motivo do descanso de vacacións dun dos dous médicos titulares – do 16 ao 31 de xullo-, a Consellería non ten previsto designar a outro médico substituto para cubrir o período vacacional.

Por todo iso, o Concello a través do equipo de Sanidade, solicitou á Consellería pertinente a designación dun médico substituto “a fin de evitar que se produza falta de asistencia médica ós pacientes ou unha carga excesiva de traballo para os outros facultativos”.

Tendo en conta que xeralmente durante o verán se produce un incremento de usuarios de centro médico pos asistencia de visitantes que se achegan ata este Concello polo período de vacacións “non se entende que un centro que xa ten faltas de persoal médico durante todo o ano, conte con tan só un titular no mes onde adoita haber máis usuarios”, replica o concelleiro de Sanidade Enrique Oubiña. “A Consellería debe pensar que a xente no verán non enferma”, engade o concelleiro.

“As baixas débense prever con anterioridade e é obriga deste departamento enviar o persoal necesario para que o funcionamento na atención pública non se vexa prexudicada”. “Por todo iso esperamos que esta falta de responsabilidade por parte da Consellería teña a máxima difusión posible e se poida arranxar antes de que se vexa prexudicada a propia saúde pública”, asegura Oubiña.

Xuntanza Somos Ribadumia

wpid-screenshot_2015-07-06-18-29-32-1.pngSomos Ribadumia non naceu como un proxecto electoralista. Nin moito menos. Temos vocación de continuidade,  e agora, logo destas semanas de infarto, coas eleccións, as negociacións para conformar un novo goberno estable e cun proxecto que nos permitise desenvolver as nosas propostas, e pasados xa os plenos de investidura e de organización do goberno municipal, onde temos un papel relevante como parte do tripartito (SR, IR e Psoe) que leva as rendas de Ribadumia, chegou o momento de dar pasos para seguir asentando Somos Ribadumia no panorama político local, e de impulsar o traballo municipal como parte do equipo de goberno.

Estamos no momento de afondar no desenrolo do noso proxecto para Ribadumia, e tamén na nosa organización interna, e seguir sumando a persoas que queiran participar dun proxecto como o noso, horizontal, aberto e profundamente democrático.

Por ese motivo estades convocados, veciños e veciñas a xuntanza que terá lugar o próximo mércores, a partires das 20:30 horas no centro cultural de Sisán.
Dende aquí animámosvos a vir e participar. Estamos traballando para construír unha nova Ribadumia, e queremos que formedes parte deste proxecto.

Iniciamos a nosa andaina como parte do goberno do concello de Ribadumia

Onte votou a andar a nova lexislatura co primeiro pleno da nova corporación.

Na orde do día entre outras cuestión abordouse a creación dos distintos organos de goberno. Así, tal e como está recollido no acordo de goberno pactado entre SR, IR e Psoe, as areas de urbanismo, obras, asuntos sociais, 3ªidade e sanidade quedan baixo competencia de Somos Ribadumia, representados por Enrique Oubiña, parques, xardins, limpeza e medio ambiente será asumida polo representante do Psoe, e o restro de areas quedaran baixo a responsabilidade de IR.

Estableceronse, á par que as areas de goberno:
– a Xunta de goberno, formada polos concelleiros de IR, SR e Psoe.

– a Xunta de portavoces (ata agora inexistente), que inclue ó alcalde e ós portavoces de todos os partidos con representación,

– 8 comisións informativas,que estaran asemade compostas por 7 membros , respectando a proporcionalidade de representación que ten cada grupo: 2 de IR, 3 do PP, 1 de Psoe e 1 de SR.

Aprobouse tamén a periocidade dos plenos, bimestral, cada primeiro  xoves dos meses impares (Xaneiro, Marzo, Maio, Xullo, Setembro e Novembro) que serán as 20:00 nos meses de inverno e as 21:00 nos de verán.

E tamen se deu aprobación ás liberacións de cargos. Neste caso, tal como figura no acordo de goberno, inicialmente aprobouse a liberación parcial do Alcalde, e a liberación a tempo completo de Enrique Oubiña. As cantidades que percibirán serán de 1200€  e 1800€ netos respectivamente, e hai que añadir que, ademais de que ningún dos dous liberados cobrará  mais do que cobraba a anterior alcaldesa, e de que este será o custo en liberacións mais baixo do Salnés, o gasto para o concello de manter estas dúas liberacións, ven compensada polo aforro que supón ter un concelleiro menos cobrando por comisións e plenos, polo que o aumento total ascende a somentes   8000€ mais ó ano dos 42000€  que se viñan gastando en liberacións. Ademais realizase un exercicio de responsabilidade, pois no canto de ter persoas alleas ó concello como fixo o PP en anos anteriores, cun despacho municipal  ocupado por unha persoa pagada e controlada pola deputación (cos cartos de tod@s) e con outra ocupandose do control das obras municipais tamen pagada pola deputación (tamen cos cartos de tod@s) en adiante as responsabilidades van ser asumidas por concelleiros elixidos polos veciños, e controlados polo equipo de goberno municipal.

En resumo, onte deuse o primeiro paso para un cambio na xestión do noso concello, cunha mellor organización nos organos de goberno. Ademais mellorouse dende o minuto un o exercicio da democracia, acabando co bloqueo imposto polo PP nos plenos da anterior lexislatura cando eliminou o dereito a réplica dos concelleiros da oposición.

O  primeiro paso  dun longo camiño.