SOMOS RIBADUMIA CRITICA Ó PP POLA SÚA OBSESIÓN DE QUERER CORTARLLE A PARTICIPACIÓN ÓS GRUPOS MINORITARIOS  

Considera a actuación do Partido Popular sobre o Grupo mixto, como unha “pataleta” que solo busca vingarse dos grupos ós que culpa da perda do goberno municipal.

 Para SOMOS RIBADUMIA queda demostrado que a intención real do PP ó solicitar un Pleno Extraordinario é darlle un “aguinaldo extra de nadal” ós seus Concelleiros á conta de todos os veciños, en forma de 90 euros cada un por asistir a un pleno totalmente innecesario.

 

PLENO MUNICIPAL

O PP pideu a celebración dun pleno extraordinario, que custará mais de 1000€, para tratar algo totalmente secundario, e que non ten repercusión ningunha na vida dos veciños. Ademais, o aforro que din pretender é igual o custe dese pleno.

Dende SOMOS RIBADUMIA queremos  manifestar a nosa  opinión sobre a polémica que quixo montar o Partido Popular a conta da solicitude dun Pleno extraordinario para tratar sobre a  constitución do Grupo Mixto e a conseguinte reordenación das Comisións informativas aprobadas no pleno de organización.

O PP defende insistentemente a necesidade supostamente  “vital” para un Concello como Ribadumia de crear o grupo mixto e de que se integren nel tanto o Concelleiro de Somos Ribadumia, Enrique Oubiña, como o do PSdeG-PSOE, José Ramón Lede.  E insiste no tema, curiosamente, o partido encabezado por Salomé Peña, que en anteriores lexislaturas, sendo ela alcaldesa, non o creou e permitiu que Ramón Mouriño utilizase as siglas do BNG a pesares de ter un so Concelleiro, e tampopuco obrigou o Bng a pasar ó grupo mixto logo da saida de Enrique Oubiña ….. Parece que a coherencia brilla pola súa ausencia no Partido Popular de Ribadumia.

A última ocorrencia do Partido Popular, é solicitar nada menos que un pleno extraordinario da corporación municipal para tratar este tema, “tan urxente e tan vital” que polo visto non podía agardar  ó pleno ordinario de Xaneiro. Curiosamente non fixo a mesma solicitude cando foi preciso paralizar a actividade do tanatorio, algo moito mais importante, no que teñen unha grande responsabilidade e moitas expliacións que  dar,  e que dende logo si ten repercusión na vida dos nosos veciños.

Pois ben, dende SOMOS RIBADUMIA opinamos o seguinte:

  1. Esta proposta do PP obedece únicamente a unha “pataleta infantil”, a unha ansia de vinganza contra os grupos que lle fixeron oposición no anterior goberno e ós que culpa por haber perdido o goberno municipal.
  1. Non é unha proposta coherente coa actuación do PP, especialmente da súa portavoz Salomé Peña, que en anteriores lexislaturas consentiu que non existise Grupo Mixto e incluso permitiu ampliar as comisións para que participaran nas mesmas concelleiros non adscritos.
  2. A intención real do PP e coartar a liberdade de participación de todos os grupos políticos en todas as comisións informativas e organismos do Concello, privando ós veciños que os votaron desa representación.
  1. Non se pode argumentar o suposto aforro económico, que sería únicamente de 30 euros cada mes, cando ó mesmo tempo se solicita un Pleno Extraordinario exclusivo sobre o tema, que vai a costarlle ó Concello mais de 1.000 €, que tamén van ir en boa medida para os petos dos concelleiros incluidos os do PP, pois Enrique Oubiña non cobra por asistencia a plenos ou comisións. En resumo, o concello vai gastar mais de 1000€ en unha hora de pleno para aforrar a mesma cantidade en catro anos. Ridiculo.
  1. Para SOMOS RIBADUMIA está claro que a intención real do PP ó solicitar o Pleno extaordinario é compensar aos seus Concelleiros cun “aguinaldo extra de nadal”, eso sí a conta de todos os veciños, en forma de 90 € de gratificación por asistir a un pleno totalmente innecesario.

En conclusión:  O Partido Popular continúa a facer unha oposición negativa, sen aportar nin unha soa proposta positiva ao Concello e con esta cuestión o único que pretende e “vingarse” dos grupos minoritarios, recortar a participación e a democracia municipal e, ó mesmo  tempo, conseguir un aumento das asignacións para a súa organización e concelleiros, a parte de darlles unha “gratificación navideña”.  Lamentable.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s