Somos Ribadumia tv.

Dende Somos Ribadumia seguimos a traballar por mellorar a comunicación cos nosos veciños e veciñas. Neste senso vimos de abrir uha canle en youtube, co obxectivo de achegarvos con imaxes e sons as nosas posturas políticas e o noso traballo.

E para iniciar esta andaina deixamosvos unha das intervencións de Enrique Oubiña no último pleno, relacionada cunha moción presentada polo PP.

Agardamos que con esta nova sección na nosa páxina poidades seguir mais de preto  e valorar o noso traballo diario.

Para acceder a esta sección,solo tes que clicar no fotograma da tua dereita, ou no menu superior ” Somos Ribadumia tv”. 

Éxito de participación e implicación social na VIII Feira da Familia.

IMG_20160515_183948

  • Máis de cincocentas persoas participaron no evento, que contou cunha importante participación de entidades sociais.

o domingo pasado tivo lugar  VIII Feira da Familia  na Praza do Concello de Ribadumia, que contou cunha importante afluencia de público.

IMG-20160515-WA0011 - copia

durante a tarde, diferentes entidades de caracter social realizaron todo tipo de actividades informativas e xogos de  para toda a familia centrados na concienciación social

Ademais das habituais actividades de animación infantil, con inchables, obradoiros e animación musical, dende o departamento do que é responsable Enrique Oubiña fixose un esforzo importante  por incluir a presenza na xornada de diversas entidades sociais,como Cruz Vermella, O SPAD, o Déficit de atención e hiperactividade de Pontevedra , BATA, o Refuxio de Animais de Cambados, Geriatrós ou Achega, que desenvolveron diversas actividades de información e concienciación ó longo da xornada.

   Finalmente, dende os Servizos Sociais organizouse tamén unha merenda para os nenos do Concello que tivo unha afluencia de máis de centocincuenta participantes. Tamén hai que remarcar que foi preciso ampliar o horario da apertura da feira a causa da alta participación.

IMG-20160515-WA0007       Enrique Oubiña, que como sempre estivo moi activo e participativo durante a xornada, resalta a importancia de integrar as entidades sociais neste tipo de eventos, “ pois realizan unha importante labor, moi relacionada coa vida diaria das persoas, e faise preciso poñer o seu traballo de relevancia. Ademais no día a día calquera de nos pode toparse cunha situación particular, como un fillo que teña algún tipo de autismo, ou un avo que precise de atención personalizada, por poñer  dous exemplos claros, e coñecer estas entidades pode facilitarnos moito a hora de vivir  estas situacións.” Tamén resalta Oubiña a importancia de que os mais pequenos coñezan a diversidade coa que convivimos todos os dias, e “dende ese punto de vista as actividades como as realizadas este domingo por  estas entidades son fundamentais”.

O pleno municipal aproba  unha moción  sobre a construción de invernadoiros en chan rústico.  

 

  •  A nova lei o do solo introduce cambios e restricións moi duras que supoñen un grave prexuízo para os veciños de Ribadumia.
Pleno Ribadumia /

As sesións plenarias incluen, logo dunha proba feita en marzo, a posibilidade de proxectar datos e imaxes nunha pantalla colocada a tal fin, que axuden a concelleiros e público en xeral na comprensión dos temas que se están tratando en cada momento.

 O pleno municipal aprobou o pasado xoves unha moción para solicitarlle á Xunta  de Galicia unha corrección na Lei do Solo, que modifique as esixencias para a construción de invernadoiros nos núcleos rurais.

A nova Lei do Solo de Galicia establece nos artigos 35 ao 39 os usos e actividades en solo rústico, o procedemento para o outorgamento de autorizacións e as condicións xerais das edificacións neste tipo de solo.  No punto g) do art. 35 inclúe como usos ou actividades admisibles a construción  e instalacións agrícolas tales como viveiros e invernadoiros; e no art. 39., nas condicións xerais da edificación,  transcribe o texto dos artigos 42 e 44 da LOUGA, reducindo a superficie da parcela mínima a 2.000 m2 e fixando que no caso da construción de invernadoiros a superficie máxima de ocupación será do 60% da superficie da leira, permitindo en casos excepcionais chegar ao 66%.

En resumo, a nova Lei elimina o réxime excepcional que para a construción de invernadoiros contemplaba a LOUGA, asociando este tipo de construcións a todo tipo de edificacións autorizables en Solo Rústico, esixíndolle as condicións de dotación de servizos urbanísticos, acceso rodado, recollida, eliminación e depuración de residuos, abastecemento de auga, subministración de enerxía eléctrica,  parcela mínima, retranqueos e demais condicións.

   Por todo iso, previamente a elaboración da moción que se presentou para o seu debate e aprobación o pasado xoves, o pasado día 22 de Marzo dende o Concello realizouse unha consulta á Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia con obxecto de confirmar as condicións que impón a nova normativa para a autorización de invernadoiros en Solo Rústico. A D.X. de Urbanismo contestou o pasado día 8 de abril por medio do escrito seguinte:

En relación á consulta formulada sobre a construción de invernadoiros en solo rústico, o mesmo constitúe un uso dos previstos no artigo 35.1.g), sometido á obtención do título habilitante municipal, e para o que resultan de aplicación as condicións de edificación previstas no artigo 39 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Non se contemplan na nova Lei do Solo excepcións ás cuestións específicas formuladas, por canto:

– En relación á superficie mínima da parcela, será de 2.000 metros cadrados.

– Deberá garántirse o acceso rodado de uso público adecuado á implantación.

– En canto aos servizos esixidos, deberán garantirse a cargo do promotor da actuación nos termos dispostos na lei.

Polo exposto, dado o carácter eminentemente agrícola do municipio,e o evidente prexuízo para os veciños que supón a actual redacción da Lei do Solo nos artigos comentados, o pleno municipal aprobou dirixirse á Xunta de Galicia pedindo que mediante a modificación puntual da nova Lei do Solo establézase novamente o réxime excepcional que para este tipo de construcións tiña a LOUGA e así se posibilite a instalación deste tipo de construcións en Solo Rústico.

Servizos Sociais pon en marcha con Cruz Vermella a campaña de acollemento “En familia, por dereito”.

image

Esta mañá o Equipo de Goberno e Cruz Vermella presentaron a campaña de acollemento familiar “En familia, por dereito”.
Na presentación que contou coa presenza da presidenta de Cruz Vermella Pontevedra,  Teresa Alvarez, e cunha parella acolledora que contou a súa experiencia, o concelleiro de Servizos Sociais Enrique Oubiña,explicou que esta campaña pretende informar e dar repercusón o programa de acollememento familiar da Xunta de Galicia que desenrola Cruz Vermella.
Oubiña chamou a atención sobre o feito de que en toda a comarca do Salnés non hai ningunha familia de acollemento, e animou a todo os veciños e veciñas  a sumarse a este programa,onde se axuda a menores  que durante un tempo precisan dun fogar.
Dende Cruz Vermella explicaron que para acoller a un neno non son precisas condicións especiais, e que calquera persoa ou familia que viva nunha situación normal pode facerse acolledora.

A campaña realizarase o longo do mes de maio e consta das seguinte actividades:

image

– do 6 ó 13 de maio. exposición informativa nas dependencias do propio  Concello, onde por un lado se expoñen casos de familias acolledoras e de adultos que foron acollidos no seu dia, e por outro se transmite información sobre este programa.

– distribución de folletos. a traves do colexio distribuiranse na semana do 9 o 13 de maio uns folletos informativos para que as familias reciban nas casas tamen información sobre este programa.

– charla no colexio luns día 9. dirixida a alumnos de 5º e 6º de primaria. dase en horario lectivo e   a traves de varias actividades  explicaselles os nenos e nenas o proceso de acollemento.

–         na VIII Feira da Familia que terá lugar o domingo 15 de maio, Cruz Vermella dispora dun espazo informativo.

– 19 de maio, charla para os veciños. No  centro social de barrantes a partires das 20.30 terá lugar esta charla aberta a todos oso veciños e veciñas que  estean interesadas en informarse mellor sobre este programa de acollemento,