Éxito de participación e implicación social na VIII Feira da Familia.
- Máis de cincocentas persoas participaron no evento, que contou cunha importante participación de entidades sociais.
o domingo pasado tivo lugar VIII Feira da Familia na Praza do Concello de Ribadumia, que contou cunha importante afluencia de público.

durante a tarde, diferentes entidades de caracter social realizaron todo tipo de actividades informativas e xogos de para toda a familia centrados na concienciación social
Ademais das habituais actividades de animación infantil, con inchables, obradoiros e animación musical, dende o departamento do que é responsable Enrique Oubiña fixose un esforzo importante por incluir a presenza na xornada de diversas entidades sociais,como Cruz Vermella, O SPAD, o Déficit de atención e hiperactividade de Pontevedra , BATA, o Refuxio de Animais de Cambados, Geriatrós ou Achega, que desenvolveron diversas actividades de información e concienciación ó longo da xornada.
Finalmente, dende os Servizos Sociais organizouse tamén unha merenda para os nenos do Concello que tivo unha afluencia de máis de centocincuenta participantes. Tamén hai que remarcar que foi preciso ampliar o horario da apertura da feira a causa da alta participación.
Enrique Oubiña, que como sempre estivo moi activo e participativo durante a xornada, resalta a importancia de integrar as entidades sociais neste tipo de eventos, “ pois realizan unha importante labor, moi relacionada coa vida diaria das persoas, e faise preciso poñer o seu traballo de relevancia. Ademais no día a día calquera de nos pode toparse cunha situación particular, como un fillo que teña algún tipo de autismo, ou un avo que precise de atención personalizada, por poñer dous exemplos claros, e coñecer estas entidades pode facilitarnos moito a hora de vivir estas situacións.” Tamén resalta Oubiña a importancia de que os mais pequenos coñezan a diversidade coa que convivimos todos os dias, e “dende ese punto de vista as actividades como as realizadas este domingo por estas entidades son fundamentais”.