IR, Somos Ribadumia e Psoe aproban a creación do grupo mixto.

O PP non aprobou a nova proposta, solicitada por eles mesmos,  porque incluía unha redución na asignación de dietas por comisións.

Onte celebrouse no concello de Ribadumia un pleno extraordinario a petición dunha parte do grupo do PP (Rafael Louzan non asinou a petición) co obxectivo de cambiar a composición do goberno local creando o “grupo mixto”, onde se integraron os concelleiros de Somos Ribadumia e do Psoe.

   No transcurso do pleno fíxose un repaso  ó acontecido en lexislaturas anteriores, cando o PP na mesma situación non creou o grupo mixto. Tamén se fixo un repaso a toda a información legal dispoñible; explicouse que ó inicio da lexislatura se pediron informes a consultoras legais que ampararon a decisión de non  crear o grupo mixto; mais adiante, a petición do PP, pedironse mais informes, e estes últimos si aconsellan crear o grupo mixto. Hai que remarcar que estes informes non  son nin preceptivos nin vinculantes, polo que non había obrigatoriedade de mudar nada, e o goberno podería seguir co mesmo organigrama sen problema algún.

PLENO MUNICIPALA pesares de todo isto, para evitar que seguiran xurdindo dúbidas con este tema, o equipo de goberno realizou unha nova proposta, creando o grupo mixto e incluíndo nel o concelleiro de Somos Ribadumia e o do Psoe. Nesa proposta ademais incluíronse  as garantías necesarias para que todos os partidos políticos mantiveran a súa representación nos órganos municipais.

  Co novo organigrama o pleno municipal queda conformado por tres grupos. PP, IR e o grupo mixto, pero a única  diferenza estriba en que o concello se vai aforrar 30€ ó mes.Tal como explica Enrique Oubiña “o PP pretendía por un lado meter unha cuña entre o Psoe e SR, recortándonos a representatividade,e por outro buscarnos un prexuízo económico,  pero  o sentido común prevaleceu nos tres partidos que conforman o goberno, e solventamos a situación garantindo que todos imos ter os mesmos dereitos  no pleno municipal e tamén nas comisións. E economicamente efectivamente SR e Psoe perdemos 150€ ó ano, pero entendemos que iso non debe ser un problema; de feito, podendo facer o mesmo que o PP  en Vilanova, onde mantivo os dereitos económicos dos partidos do grupo mixto, preferimos deixalo estar e aforrarnos mais debates absurdos”.

Cambios nas comisións informativas .

Ó crear o grupo mixto, para poder garantir a representación de todos os partidos, foi preciso modificar as comisións informativas. De todas as posibilidades o equipo de goberno apostou por manter o número de comisións, e solo cambiar a representación dos partidos e a asignación económica. Así, dos sete membros iniciais acordouse que se pase a once, onde o PP terá cinco  representantes, IR terá catro, e o grupo mixto terá dous. E para evitar que estes cambios, forzados polo equipo de Salome Peña,  tiveran repercusión económica nas arcas municipais o equipo de goberno acordou que nos orzamentos do ano próximo se vai incluír unha proposta para baixar a asignación que se lle da a cada concelleiro por asistencia a comisións informativas de 30€ á metade,15€.Deste xeito cada comisión, que co goberno anterior do PP custaba 360€ e actualmente estaba en 150€,  pasará agora de custar dos 270€ que correspondería polos once concelleiros,a 135€. (Enrique Oubiña e David castro non cobran dietas por asistencia comisións ou pleno).

 Este punto supuxo o enfado da señora Peña e de todo o seu equipo , feito que confirma  definitivamente que o PP o que buscaba realmente era unha compensación económica para os seus concelleiros e concelleiras.

Finalmente, a nova proposta saíu adiante coa abstención do PP, que nun exercicio de demagoxia absoluta non aprobou os cambios que eles mesmos habían proposto.

Doazon a causas beneficas.

Hai que salientar que o pleno de onte, que o equipo de goberno considerou innecesario, tivo un custo de 900€. Os concelleiros do equipo de goberno acordaron doar as súas asignacións por este pleno ás campañas benéficas de Caritas e de Protección Civil. Sen embargo,  os membros do PP non apoiaron esta iniciativa e cada un deles vai a cobrar os seus correspondentes 90€ por este pleno.

Dende aqui felicitamos ó equipo de goberno  por esta iniciativa, pois consideramos que efectivamente non habia necesidade ningunha de celebrar un pleno extraordinario para algo de tan pouca importancia, e lamentamos a actitude do PP, mais enfocada a conseguir réditos económicos para os seus concelleiros que a solventar os problemas dos nosos veciños e veciñas.

SOMOS RIBADUMIA CRITICA Ó PP POLA SÚA OBSESIÓN DE QUERER CORTARLLE A PARTICIPACIÓN ÓS GRUPOS MINORITARIOS  

Considera a actuación do Partido Popular sobre o Grupo mixto, como unha “pataleta” que solo busca vingarse dos grupos ós que culpa da perda do goberno municipal.

 Para SOMOS RIBADUMIA queda demostrado que a intención real do PP ó solicitar un Pleno Extraordinario é darlle un “aguinaldo extra de nadal” ós seus Concelleiros á conta de todos os veciños, en forma de 90 euros cada un por asistir a un pleno totalmente innecesario.

 

PLENO MUNICIPAL

O PP pideu a celebración dun pleno extraordinario, que custará mais de 1000€, para tratar algo totalmente secundario, e que non ten repercusión ningunha na vida dos veciños. Ademais, o aforro que din pretender é igual o custe dese pleno.

Dende SOMOS RIBADUMIA queremos  manifestar a nosa  opinión sobre a polémica que quixo montar o Partido Popular a conta da solicitude dun Pleno extraordinario para tratar sobre a  constitución do Grupo Mixto e a conseguinte reordenación das Comisións informativas aprobadas no pleno de organización.

O PP defende insistentemente a necesidade supostamente  “vital” para un Concello como Ribadumia de crear o grupo mixto e de que se integren nel tanto o Concelleiro de Somos Ribadumia, Enrique Oubiña, como o do PSdeG-PSOE, José Ramón Lede.  E insiste no tema, curiosamente, o partido encabezado por Salomé Peña, que en anteriores lexislaturas, sendo ela alcaldesa, non o creou e permitiu que Ramón Mouriño utilizase as siglas do BNG a pesares de ter un so Concelleiro, e tampopuco obrigou o Bng a pasar ó grupo mixto logo da saida de Enrique Oubiña ….. Parece que a coherencia brilla pola súa ausencia no Partido Popular de Ribadumia.

A última ocorrencia do Partido Popular, é solicitar nada menos que un pleno extraordinario da corporación municipal para tratar este tema, “tan urxente e tan vital” que polo visto non podía agardar  ó pleno ordinario de Xaneiro. Curiosamente non fixo a mesma solicitude cando foi preciso paralizar a actividade do tanatorio, algo moito mais importante, no que teñen unha grande responsabilidade e moitas expliacións que  dar,  e que dende logo si ten repercusión na vida dos nosos veciños.

Pois ben, dende SOMOS RIBADUMIA opinamos o seguinte:

  1. Esta proposta do PP obedece únicamente a unha “pataleta infantil”, a unha ansia de vinganza contra os grupos que lle fixeron oposición no anterior goberno e ós que culpa por haber perdido o goberno municipal.
  1. Non é unha proposta coherente coa actuación do PP, especialmente da súa portavoz Salomé Peña, que en anteriores lexislaturas consentiu que non existise Grupo Mixto e incluso permitiu ampliar as comisións para que participaran nas mesmas concelleiros non adscritos.
  2. A intención real do PP e coartar a liberdade de participación de todos os grupos políticos en todas as comisións informativas e organismos do Concello, privando ós veciños que os votaron desa representación.
  1. Non se pode argumentar o suposto aforro económico, que sería únicamente de 30 euros cada mes, cando ó mesmo tempo se solicita un Pleno Extraordinario exclusivo sobre o tema, que vai a costarlle ó Concello mais de 1.000 €, que tamén van ir en boa medida para os petos dos concelleiros incluidos os do PP, pois Enrique Oubiña non cobra por asistencia a plenos ou comisións. En resumo, o concello vai gastar mais de 1000€ en unha hora de pleno para aforrar a mesma cantidade en catro anos. Ridiculo.
  1. Para SOMOS RIBADUMIA está claro que a intención real do PP ó solicitar o Pleno extaordinario é compensar aos seus Concelleiros cun “aguinaldo extra de nadal”, eso sí a conta de todos os veciños, en forma de 90 € de gratificación por asistir a un pleno totalmente innecesario.

En conclusión:  O Partido Popular continúa a facer unha oposición negativa, sen aportar nin unha soa proposta positiva ao Concello e con esta cuestión o único que pretende e “vingarse” dos grupos minoritarios, recortar a participación e a democracia municipal e, ó mesmo  tempo, conseguir un aumento das asignacións para a súa organización e concelleiros, a parte de darlles unha “gratificación navideña”.  Lamentable.

Sinopse do acontecido co tanatorio municipal

Deixamosvos un resumo de todo o asunto do tanatorio, do que se deu conta na rolda de prensa do pasado sábado:

IMG_964928 de novembro: o equipo de goberno, logo de recibir o informe técnico onde se constatan unha serie de importantes irregularidades administrativas e total ilegalidade (dende 18/09/2011), asi como a inexistencia  do proxecto coincidinte coas obras realizadas, moi diferentes ó proxecto orixinal, que dispararon o orzamento inicial dos 390.000€ ata os 540.000€, vese obrigado a suspender temporalmente a actividade no tanatorio.

Hai que insistir en que sería unha grave irresponsabilidade, por parte do equipo de goberno, unha vez tido coñecemento da situación de ilegalidade, manter o tanatorio en funcionamento. Tal como expón Enrique Oubiña , “o que teñen que preguntarse os veciños de Ribadumia non é ¿porque se pechou o tanatorio?  se non que deben preguntarse ¿como era posible que  estivera aberto?”

Do 28 de novembro ó 11 de decembro: unha vez constatada a situación do tanatorio e sendo moi conscientes da importancia que esta instalación ten para os nosos veciños, e mesmo para veciños de outros concellos que fan uso deste servizo, o equipo de goberno axilizou os trámites para poder resolver a situación canto antes.

   o primeiro paso foi encargar o sr. Abilleira un proxecto de legalización que recollese a obra realmente construida, pois resultou que non constaba en ningún lado, nin no concello nin na Deputación, ningun proxecto modificado que contemplase a obra construida.

   Como apunte hai que decir que o señor Abilleira foi o arquitecto-director das obras por encargo da Deputación provincial logo de que o director inicial, e realizador do proxecto, o sr.Pernas renunciase despois de non aceptar os cambios impostos por Salome Peña.

PLANO TANATORIO FINAL

  Na maña do 11 de decembro, so trece dias naturais despois do peche do tanatorio, o sr. Abilleira fai entrega no concello deste expediente de legalización, cuxo custe, de case 3.000€, deberán afrontalo as arcas municipais, ou sexa os veciños e veciñas de Ribadumia.

Nese mesmo 11 de decembro, os técnicos municipais informaron sobre o expediente e, considerando os informes favorables da Consellería de Sanidade, foi convocada a Xunta de Goberno municipal, que tomou ó acordo, grazas a unha reforma lexislativa do 2013 que permite legalizar a instalación sen  informe de medio ambiente,  de legalizar as obras construidas e a súa actividade, e xusto ó remate desa Xunta de Goberno decretouse o reinicio das actividades no tanatorio municipal.

  O que resulta moi lamentable é a actuación do PP e de Salome Peña neste asunto. Para Enrique Oubiña, “se xa non ten escusa posible que se mantivese a situación ilegal do tanatorio dende o 2011,  sabendo como sabía Salome Peña que o tema se podería ter resolto cun par de informes no seu momento, ou cun proceso de dez días lectivos, como o resolveu o actual equipo de goberno, moita menos excusa ten que a súa actuación nestas semanas  fose a de dedicarse a mentir ós veciños e veciñas de  Ribadumia, e  convocar concentracións  en plena campaña electoral, buscando a foto na prensa e atacar ó equipo de goberno,  no canto de vir polo concello e axudar a solucionar unha situación da que é a máxima responsable. “

O CONCELLO DE RIBADUMIA SEGUE TRABALLANDO PARA SOLUCIONAR CANTO ANTES OS PROBLEMAS DE LEGALIDADE E PROCEDER A APERTURA DO TANATORIO CON TODALAS GARANTIAS DE LEGALIDADE

Os servicios Técnicos do Concello de Ribadumia están traballando intensamente para recabar todos os informes e documentación necesaria.

 O Concello de Ribadumia reitera de novo a súa intención de reabrir o tanatorio municipal o antes posible, en canto se resolva a situación de ilegalidade na que se atopan as instalacións dende o ano 2012 ó NON HABERSE TRAMITADO A LICENZA DE ACTIVIDADE E A OBTENCIÓN DE TODOLOS PERMISOS NECESARIOS PARA A MESMA POR PARTE DO ANTERIOR GOBERNO PRESIDIDO POLA EXALCALDESA SALOMÉ PEÑA.( tal como figura no informe ó que podes acceder premendo aquí)

Dende o momento en que este equipo de goberno tivo coñecemento desta situación ilegal, púxose a traballar intensamente para solventala, encargándolle aos servizos técnicos municipais que se recompilase toda a documentación necesaria para poder tramitar os permisos legalmente esixidos e poder proceder a apertura no menor tempo posible e con todalas garantías de legalidade.

tanatorioxxxxx

extracto do informe 1: onde se evidencia que Salome peña e o PP paralizaron a concesión de licenza de actividade do tanatorio

É evidente que o Concello de Ribadumia non pode permitir que o tanatorio municipal estea aberto sen cumprir coa legalidade, posto que, a parte de estar obrigados ó cumprimento da Lei, os veciños e traballadores da instalación estarían totalmente desprotexidos ante calqueira accidente ou problema que puidera producirse nesas instalación, incumprindo, desta forma, a lei.

Reiteramos de novo as deficiencias atopadas, copiando literalmente o exposto no informe técnico:

tanatorio xxx

extracto de informe 2: onde queda claro que o tanatorio carece de licenzas e non se pode manter en funcionamento en tanto non se subsane esta situación.

  • Que la construcción y actividad del mismo carece de las preceptivas licencias de actividad y construcción.                                                                            
  • Que el edificio construido no responde al proyecto encargado en su día por la Corporación de la Sra. Peña.                                                                                          
  • Que el gobierno de la Alcaldesa construyó y concluyó el edificio meses antes de poner a trámite el expediente de actividad.                                                       
  • Que con el edificio ya construido la Alcaldesa hizo “oídos sordos” a los requerimientos de la Consellería de Medio Ambiente, no contestando a los mismos, lo cual provocó que la Xunta acordase en Abril de 2012 el archivo y devolución del expediente al Concello.                                                      
  • Que conociendo la situación de no contar con los informes preceptivos la Alcaldesa no siguió con la tramitación de la actividad, e inauguró y puso en servicio el Tanatorio.                                                                                                            
  • Que la Alcaldesa ha consentido la ilegalidad irresponsablemente desde el año 2011 sabiendo que ha construido el edificio sin licencia y, lo que es más grave, sin licencia de actividad y, conociendo, que por Ley es la Alcaldía la responsable de la legalidad urbanística.

A efectos de causarlles ós veciños as menores molestias posibles derivadas desta situación de ilegalidade herdada do anterior goberno, chegouse  a un acordo coa empresa Geriatros, a fin de poder utilizar a sala velatorio da que dispoñen nas dependencias de Ribadumia.

E difícil poder entender que quen provocou e mantivo esta situación de ilegalidade no tempo, agora, en período de campaña electoral, promova e convoque concentracións chamando a veciños e veciñas, incluso doutros concellos, para esixirlle a este equipo de goberno que incumpra a lei.  LASTIMA QUE NON FORA TAN DILIXENTE PARA SOLVENTAR OS PROBLEMAS DO TANATORIO NO SEU MOMENTO.

E dende este equipo de goberno, ante a negativa de Salomé Peña e o seu equipo do Partido Popular de recoñecer a ilegalidade en que se atopa o tanatorio, volvemos a insistir en que calquera veciño que queira pode acudir ás oficinas municipais a consltar o expediente e así comprobar de primeira man as mentiras e manipulacións que está levando a cabo o Partido Popular de Ribadumia.