O pleno municipal aproba unha moción sobre a construción de invernadoiros en chan rústico.
- A nova lei o do solo introduce cambios e restricións moi duras que supoñen un grave prexuízo para os veciños de Ribadumia.

As sesións plenarias incluen, logo dunha proba feita en marzo, a posibilidade de proxectar datos e imaxes nunha pantalla colocada a tal fin, que axuden a concelleiros e público en xeral na comprensión dos temas que se están tratando en cada momento.
O pleno municipal aprobou o pasado xoves unha moción para solicitarlle á Xunta de Galicia unha corrección na Lei do Solo, que modifique as esixencias para a construción de invernadoiros nos núcleos rurais.
A nova Lei do Solo de Galicia establece nos artigos 35 ao 39 os usos e actividades en solo rústico, o procedemento para o outorgamento de autorizacións e as condicións xerais das edificacións neste tipo de solo. No punto g) do art. 35 inclúe como usos ou actividades admisibles a construción e instalacións agrícolas tales como viveiros e invernadoiros; e no art. 39., nas condicións xerais da edificación, transcribe o texto dos artigos 42 e 44 da LOUGA, reducindo a superficie da parcela mínima a 2.000 m2 e fixando que no caso da construción de invernadoiros a superficie máxima de ocupación será do 60% da superficie da leira, permitindo en casos excepcionais chegar ao 66%.
En resumo, a nova Lei elimina o réxime excepcional que para a construción de invernadoiros contemplaba a LOUGA, asociando este tipo de construcións a todo tipo de edificacións autorizables en Solo Rústico, esixíndolle as condicións de dotación de servizos urbanísticos, acceso rodado, recollida, eliminación e depuración de residuos, abastecemento de auga, subministración de enerxía eléctrica, parcela mínima, retranqueos e demais condicións.
Por todo iso, previamente a elaboración da moción que se presentou para o seu debate e aprobación o pasado xoves, o pasado día 22 de Marzo dende o Concello realizouse unha consulta á Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia con obxecto de confirmar as condicións que impón a nova normativa para a autorización de invernadoiros en Solo Rústico. A D.X. de Urbanismo contestou o pasado día 8 de abril por medio do escrito seguinte:
En relación á consulta formulada sobre a construción de invernadoiros en solo rústico, o mesmo constitúe un uso dos previstos no artigo 35.1.g), sometido á obtención do título habilitante municipal, e para o que resultan de aplicación as condicións de edificación previstas no artigo 39 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
Non se contemplan na nova Lei do Solo excepcións ás cuestións específicas formuladas, por canto:
– En relación á superficie mínima da parcela, será de 2.000 metros cadrados.
– Deberá garántirse o acceso rodado de uso público adecuado á implantación.
– En canto aos servizos esixidos, deberán garantirse a cargo do promotor da actuación nos termos dispostos na lei.
Polo exposto, dado o carácter eminentemente agrícola do municipio,e o evidente prexuízo para os veciños que supón a actual redacción da Lei do Solo nos artigos comentados, o pleno municipal aprobou dirixirse á Xunta de Galicia pedindo que mediante a modificación puntual da nova Lei do Solo establézase novamente o réxime excepcional que para este tipo de construcións tiña a LOUGA e así se posibilite a instalación deste tipo de construcións en Solo Rústico.