O equipo de goberno de Ribadumia levará a pleno una moción sobre a revisión catastral rústica.

O acordo propón facer una valoración real das repercusións desta medida do goberno central e o estudo das posibles bonificacións que se poidan realizar dende o concello.

 Un dos asuntos que o equipo de goberno levará a pleno nos próximos días será unha moción referente á orde do goberno central que consiste, poñendo en práctica unha resolución da Dirección Xeral do Catastro de setembro de 2013, fundamentalmente en que se están a catastrar dende o goberno central todas as fincas do rural, así como a dar de alta bens como instalacións rústicas que son catalogadas como almacéns ou vivendas. Esta revisión levará na practica a que instalacións no rural que ata agora estaban exentas de facelo, teñan que pagar imposto de bens inmobles, (IBI).

    O que o equipo de goberno de Ribadumia pretende con esta moción é, dado que esta é unha orde do goberno central (PP) que non se pode evitar dende o concello,  clarificar o alcance desta medida para os veciños e veciñas de Ribadumia, e estudar a partires dun coñecemento realista da nova situación que coeficientes aplicar dende o concello e tamén elaborar propostas de bonificación acordes coas diferentes casuísticas.

O equipo de goberno levará a cabo esta fin de semana varias xuntanzas veciñais.

  Co obxectivo de rematar a rolda de xuntanzas veciñais nas parroquias antes de rematar cá redacción dos orzamentos municipais, o equipo de  goberno decidiu darlle un pulo as xuntanzas que estaba mantendo cos veciños e veciñas polas diferentes parroquias e que están recibindo moi boa acollida , concentrando as catro que inda estaban pendentes neste fin de semana.

image-71715

As xuntanzas polas parroquias están tendo unha gran aceptación entre os veciños, e son moi importantes porque permiten poñer ós membros do equipo de goberno en contacto coa realidade que se vive en todo o concello.

   Así, a axenda queda da seguinte maneira:

  • Venres 26 de Febreiro, as 20:00h, Barrantes, no centro social.
  • Sabado 27 de Febreiro, as 20:00, Ribadumia, na casa de cultura.
  • Domingo 28 de Febreiro, as 10:30, Besomaño, na casa de cultura.
  • Domingo 28 de febreiro, as 12:00, Leiro, no centro social.

Dende aquí convidamos a veciñanza a acudir a estas xuntanzas, que afondan na transparencia do funcionamento municipal, expoñendo ós concelleiros e concelleiras ó xuízo dos veciños, que teñen así unha moi boa oportunidade de transmitirlle todo aquilo que consideren.

Somos Ribadumia aproba os seus Documentos organizativos.

  Entre outras cousas, estes documentos regulan o funcionamento interno da plataforma, con especial énfase no seu espírito aberto e a importancia do consenso nos acordos, e inclúen unha carta financeira cuxa maior novidade consiste en non aceptar financiamento de empresas nin solicitar créditos a  entidades financeiras.

  En dúas asembleas, que tiveron lugar en barrantes nos dias 21 de Xaneiro e 11 de febreiro, Somos Ribadumia culminou o seu proceso de estruturación interna, coa aprobación de dous documentos, que xa se poden consultar na paxina de Somos Ribadumia: un Documento Fundacional e un Documento Organizativo, que tamén inclúe unha carta financeira.

  documentos organizativos Este proceso, que en todo momento tivo un carácter participativo e aberto a cidadanía, iniciouse no verán, e buscaba asentar a organización e os procesos internos de Somos Ribadumia, e dotala das ferramentas necesarias para o desenrolo das súas funcións.

   No Documento Fundacional explicase todo o proceso que levou a creación de Somos Ribadumia como unha plataforma veciñal aberta, que culminaría coa súa presentación as eleccións municipais e a posterior entrada no goberno de Ribadumia. Ademais diso, establécense uns principios éticos e políticos, que serán a base e a guía do traballo de Somos Ribadumia.

   Por outra banda no Documento Organizativo recollese a estruturación interna, que será totalmente aberta, cunha importancia vital da Asemblea e da figura do veciño/a e da súa participación e colaboración en todo o traballo de Somos Ribadumia. Hai que remarcar neste sentido a aposta forte polo consenso como formula para chegar a acordos e de toma de decisións, tanto que no caso de non darse ese consenso nalgunha decisión, a única vía que quedaría sería a da votación, e os acordos deberían entón contar necesariamente  neses casos  con dous terzos do apoio da asemblea para saír adiante. Tamén se recolle a creación dunha Comisión Executiva, de entre 5 e 11 membros nomeados pola Asemblea, que será a encargada de  levar a cabo os acordos ós que chegue a Asemblea, e de coordinar e realizar todo o relativo ó funcionamento interno.

  Por último, nos documentos inclúese unha carta financeira, que como punto mais relevante inclúe  que Somos Ribadumia non  se  financiará  a  través  de  créditos  con  entidades bancarias, nin aceptará doazóns por parte de empresas.

A primeira xuntanza veciñal sáldase con impresións positivas

image-71716Este pasado domingo tivo lugar a primeira dunha serie de xuntanzas que o equipo de goberno pretende realizar en todas as parroquias do concello, para pulsar a realidade municipal.

  A aceptación nesta  primeira xuntanza por parte das xentes de Sisan, que encheron o centro cultural,  foi moi positiva, e o equipo de goberno comprobou que esta maneira de traballar, mais aberta á participación veciñal,  cala entre os veciños e veciñas.

  image-71715 Onte o equipo de goberno falou de diversos temas cos veciños e veciñas, recolleu o estado deficiente dalgunha instalación municipal, como o acceso á casa de cultura e centro infantil, problemas con algunha conducción de auga,  e tratou temas como o referente ó campanario da igrexa. Mesmo un grupo de xovenes aproveitou esta xuntanza para presentarse ante a veciñanza  como o relevo da comisión de festas da parroquia.

  En resumo, foron casi tres horas de conversa fluida, cos políticos traballando a ras da terra e de fronte á xente, e os veciños comentando as súas preocupacións. Ó final o equipo de goberno recolleu todas esas impresións, queixas e propostas e  comprometeuse a traballar para resolver, se é posible, todas as cuestións, anque algunhas, como a de dotar de aseos o parque infantil, pudera non ser factible. Tamen se adquiriu dende o equipo de goberno o compromiso de xuntarse en próximos dias co consello pastoral para tratar en profundidade toda a cuestión do campanario.

  En próximos días esta previsto que estas xuntanzas  realicense no resto de parroquias, e no futuro mais próximo o obxectivo é manter esta formula de participación da cidadanía, afondando pouco a pouco nun concepto que dende Somos Ribadumia consideramos vital para mudar de verdade o xeito de facer política, e transformar o noso concello nun ente mais vivo, mais  aberto e xestionado pensando nos problemas dos veciños e non en intereses partidistas.