O Concello de Ribadumia amplía puntualmente o convenio con BATA e reforza os equipos de traballo
- O Concello de Ribadumia realizou unha ampliación do convenio con BATA e novas contratacións de persoal para levar a cabo obras de mellora e limpeza do Concello.
O Concello levou a cabo unha ampliación do convenio firmado meses atrás con Baión Asociación Tratamento Autismo (BATA). Esta ampliación, cuxa posibilidade xa figuraba no convenio asinado meses atras, supuxo un importante reforzo das cuadrillas de traballo que eses días acondicionan o noso concello de cara o verán. Polo que respecta a BATA , o aumento do convenio supuxo pasar de tres traballadores a cinco e durante varios días, e tamén se aumentou a súa xornada pasando das cinco horas a oito.
Tal como explica Enrique Oubiña, “cando asinamos o convenio con BATA para este ano, xa contemplabamos como melloría a posibilidade de reforzar traballos diversos contando con esta entidade, unha formula sinxela que nos permite en momentos puntuais poder contar con este colectivo social no que tamen hai veciños do noso concello, e o mesmo tempo sacar adiante un traballo necesario.”

O concelleiro de parques e xardíns Pepe Lede e o concelleiro de obras e urbanismo Enrique Oubiña están estes días controlando as labouras de acondicionamento das zonas públicas do concello para que estean nas mellores condicións posibles.
Ó aumento do grupo de BATA sumáronse as novas contratacións realizadas na presente semana para reforzar as cuadrillas das que dispón o concello , e todos eles están nestes días e vindeiros a realizar tarefas de arranxo de mobiliario, limpeza do paseo fluvial do Umia e da Ruta da Pedra e da Auga, de zonas verdes e axardinadas, beirarrúas, etc.
O Concello de Ribadumia quere manter a súa boa imaxe para que os veciños , veciñas e visitantes poidan disfrutar do noso concello e das súas zonas mais interesantes, pero tal como explica o concelleiro de Obras ” aproveitamos a escusa de que nestes días temos a festa do viño para facer un esforzo extra na posta a punto de todo o concello, pero en realidade xa levamos semanas de traballo intenso, co obxectivo é facilitar os traballos de mantemento ó longo do verán e outono, e asi mellorar a xestión dos nosos recursos. Ademais estase traballando nunha mellor xestión medioambiental, co obxectivo de que cando veña o inverno e as riadas os paseos fluviais e zonas verdes non sufran tanto deterioro “.