Enrique Oubiña anuncia que pagará o seu convite ó xantar a pesar de estar exento.
Enrique Oubiña ven de anunciar na súa paxina persoal que pagará o seu convite ó xantar do tinto, como calquera outro veciño. No seu artigo, ó que podedes acceder aqui explica os seus motivos, que non nos corresponde valorar neste espazo, pois é unha cuestión persoal.
En todo caso, sendo moi respectuosos coas decisións persoais de cada quen, dende Somos Ribadumia valoramos moi positivamente que o noso portavoz, por decisión propia tome a iniciativa e renuncie a privilexios como este, mais ainda cando, obviando o seu cargo político, como membro da Comisión Organizadora estaría exento de pagar o convite. Esa renuncia, que parece un detalle nímio, é un feito fundamental para a nosa plataforma, recollido ademais no noso código ético, que di literalmene no seu primeiro punto: 1. NON AOS PRIVILEXIOS: Os Concelleiros de SOMOS RIBADUMIA rexeitarán calqueira agasallo, privilexio ou trato de favor, que se lle poida ofrecer en razón do seu cargo.
Exemplos como o de Enrique Oubiña indican que efectivamente algo está mudando no concello de Ribadumia, e nalgúns dos nosos representantes políticos.
Dende Somos Ribadumia aproveitamos para convidar a todos os veciños e veciñas a acudir a XLIV Festa do viño tinto do Salnés, e a disfrutar de toda a axenda que dende a Comisión Organizativa prepararon con toda a intención de facer destes días algo moi especial, e que estamos seguros de que vai ser un éxito de asistencia e participación.