O concello mellora o servizo de recollida selectiva de lixo

O pasado xoves, Enrique Oubiña e Pepe Lede acompañaron os técnicos de Ecovidrio na entrega de cubos a locais de hostalería, que tamen recibiron información sobre como usar os automatismos nos novos contedores instalados na rúa.
- Instaláronse una ducia de contedores de cartón, vidro e plásticos.
- O concello conta dende a semana pasada cun contedor para o papel.
O equipo de goberno de Ribadumia, a través das concellerías de urbanismo e medio ambiente, puxo este mes en práctica un plan de mellora do servizo de recollida de lixo, centrado neste caso na reciclaxe: plastico, cartón e vidro.
Para a posta en marcha deste plan durante os últimos meses dende estas concellerías negociouse coas empresas concesionarias destes servizos, co obxectivo de conseguir varias melloras.
Froito desas negociacións procedeuse a primeiros de ano á limpeza de todos os contedores de vidro e reparación de varios deles. Tamén se mellorou o servizo que se lle da os locais de hostalería do núcleo de Barrantes, colocando tres contedores de vidro con volteador automático, e distribuíronse contedores adaptados este mecanismo e con rodas en varios locais, co obxectivo de facilitarlle os hostaleiros o traballo de acarrexar e descargar o vidro. Estes contedores, ademais, inclúen nun dos seus laterais imaxes publicitarias do noso concello.
Como complemento a este esforzo, durante as festas a empresa de xestión do vidro, Ecovidrio, instalou un stand na carpa da festa para dar información e promover a reciclaxe, e dispuxo dun servizo de apoio e reforzo na recollida do vidro os locais e na propia carpa.

No nucleo de Barrantes instalaronse tres contedores con mecanismo de volteado, e ademais inclen tres fotografias publicitarias do nosos concello, con referencia ó castro de Besomaño, á senda fluvial do Umia e a festa do viño tinto do Salnés.
Enrique oubiña recalca que ” no núcleo de Barrantes é onde maior número de locais de hostalería se concentra, e faciase necesario reforzar o servizo, ademais eses novos contedores, co sistema automático, acompañado duns cubos adaptados e con rodas, permite facilitar enormemente o transporte e o vaciado do vidro no contedor, algo que os hostaleiros agradecen”.
Fixéronse así mesmo cambios na instalación de contedores de cartón e plástico, xestionados por Soil-Recovery, mudando varios que eran evidentemente insuficientes por outros mais grandes e de mellor acceso, e añadindo outros en puntos onde se crían necesarios ou había demanda por parte dos veciños. A empresa está tamén procedendo nestes días a súa limpeza.
Un dos puntos onde se colocou un contedor de recollida de papel, foi no edificio do concello, onde, tal como explica Oubiña “a pesares da gran cantidade de papel que se xera, ninguén se había preocupado de colocar un contedor azul.”
Oubiña tamén remarca que “todas estas actuacións, que ademais non lle custaron un euro ó concello, son froito do traballo de meses dende a miña concellería e a de Pepe Lede, e supoñen unha importante melloría no servizo da recollida selectiva”.