O Concello de Ribadumia aprobou  os orzamentos para o 2016.

 

12592506_10206713969911833_4017630228369967536_n

Para facer mais axil e amena a expliación do documento orzamentario, e facilitar a súa interpretación, o equipo de goberno apoiouse nunha presentación con proxeccións.

  • No pleno extraordinario celebrado este pasado xoves na casa consistorial, o equipo de goberno aprobou o documento orzamentario para este ano 2016.

  • Na súa presentación, a concelleira de contas, Pilar Martinez, serviuse de apoio visual  cun proxector para explicar as características e novidades do orzamento, favorecendo así unha mellor comprensión por parte dos veciños presentes.

  Deste orzamento pódense salientar varias cousas; a primeira que son uns orzamentos que axustan as partidas ós gastos reais comprobados, o cal permitiu ter uns orzamentos acorde a realidade que vivimos no concello, algo que ata o de agora non acontecía; gracias a un esforzo na xestión dos recursos,  prevé unha redución do porcentaxe total destinado a gasto corrente dun 3%, pasando de ser o 49%  do total do orzamento no 2015 a supoñer o 46% ( 1.584.398,92€), a pesares de que a suba no consumo eléctrico, principalmente debido ó aumento do número de instalacións co novo campo de fútbol, prexudica seriamente este apartado.

orz1Por outra banda, este orzamento inclúe partidas novidosas, como a dedicada a festa do viño tinto, que este ano vai ser xestionada integramente a través do concello. Hai tamén unha partida nova destinada a apoiar as entidades que organizan as festas parroquiais, outra para apoiar diversos eventos deportivos, e en especial unha partida denominada promoción do emprego e inserción social, que pretende reforzar estas areas a través de diversos plantexamentos que se están estudando e que se porán en marcha nos próximos meses. Tamén se inclúe unha partida para alcanzar diferentes convenios coa igrexa, e poder así por unha banda dar apoio a reparación do campanario de Sisan, e por outra banda buscar unha solución ós accesos da igrexa de Barrantes. Neste sentido ademais esta prevista a adquisición dun panteón social no cemiterio de Leiro.

Unha cuestión a salientar corresponde as partidas para apoio a entidades culturais e sociais. Se ben estas cantidades orzamentariamente se manteñen como en anos anteriores, a partires deste ano as cantidades reais destinadas ó reparto de axudas vai pasar de ser o 50% da partida como ata o de agora, a supor o 100% da partida consignada nos orzamentos, o que na práctica supón un aumento nas axudas a estas entidades no dobre de anos anteriores, solo que sen modificar a partida orzamentaria.

Por outra banda auméntanse diversas  partidas, como a destinada ó apoio a entidades deportivas, que sube 9.000€, pero especialmente aumenta a partida  investimentos reais, que soben mais de 100.000€ con respecto o 2015, situándose nos 513.361,66€, e que suporá un importante avance na resolución de diversos problemas de saneamento, accesos e outros recollidos nas diferentes xuntanzas levadas a cabo nas  parroquias.

 Tamén hai que salientar a adhesión o proxecto transfronteirizo POPTEP 2015-2019, que suporá, de saír adiante un importante impulso para o sector vitivinicola e o turismo vinicola no noso concello e en toda a denominación Rías Baixas, coa creación do Cluster Luso-Galaico do viño alvariño.

   En resumo, tal como explica o equipo de goberno, este orzamento foi elaborado dun xeito moito mais claro e específico, que permitira situar cada partida económica nun apartado determinado perfectamente identificable, e así facilitar, non solo a comprensión por parte de calquera veciño, se non tamén a xestión das diferentes partidas, e comezar así un camiño de mellora no ordenamento e uso dos recursos municipais

O primeiro orzamento do novo equipo de goberno xa está listo.

  • Na proposta de orzamentos recóllense varias das propostas realizadas polos veciños nas xuntanzas que se mantiveron nas parroquias.
  • Na súa elaboración primouse a transparencia, detallando todas as partidas de investimentos e gastos.

03032016O equipo de goberno do Concello de Ribadumia ten cerrada a que será a súa primeira proposta orzamentaria para o presente ano 2016. Así, no día de onte, logo de comunicarllo o pasado venres na xunta de portavoces, entregóuselle á oposición municipal a proposta de orzamento e as bases de execución para que as poidan estudar e facer propostas se o cren convinte. A comisión de Contas foi tamen convocada para o próximo martes.

A proposta orzamentaria ascende a un total de 3.361.721,65 €, onde os INVESTIMENTOS REAIS,  suman un total de 513.361,66 €, cantidade que supón un incremento de máis de 100.000€ sobre os orzamentos presentados o ano pasado polo equipo da señora Peña.

O capítulo de persoal ascende a 1.080.491,14 € e o de gastos correntes a 1.584.398,92 €, capítulos nos que están incluídos todos os gastos necesarios para manter todos os servizos e accións que leva a cabo o Concello de Ribadumia ó longo do ano, todo isto facendo un esforzo para non  aumentar a carga impositiva sobre os veciños.

 Hai que destacar tamén o traballo en prol da TRANSPARENCIA que o equipo de goberno levou a cabo na elaboración dos orzamentos ó detallar na proposta as partidas de investimento e de gastos ó máximo (en subpartidas) e agrupalas por concepto de gasto, facendo moi sinxela a súa interpretación por calquera veciño.

Este goberno está comprometido coa transparencia e dar o máximo de información aos veciños sobre en que se está gastando realmente o diñeiro dos seus impostos.

  Dentro desta aposta do actual equipo de goberno pola información e a transparencia, realizáronse XUNTANZAS EN TODAS AS PARROQUIAS DO CONCELLO para contrastar cos veciños as necesidades de cada parroquia e recoller suxerencias e propostas. Nesas xuntanzas saíron a relucir moitas deficiencias, sobre todo nas redes de saneamento e abastecemento de auga, que levaban tempo solicitando ao concello sen obter resposta.

Neste orzamento recolléronse moitas destas necesidades apuntadas polos veciños, facendo ademais un reparto equilibrado entre as diferentes parroquias do concello.

Así podemos mencionar actuacións como o saneamento en Pereira, Traveselas ou Puxafeita (Ribadumia), a rede de pluviais en Casal (Besomaño), a ampliación do vial á igrexa de Lois, o saneamento na Costa, Leiromeán ou Piñeirón (Leiro), a mellora de varios camiños e acceso a fincas en Sisán ou a ampliación do vial de acceso norte ao colexio en Barrantes.

Ademais,  os orzamentos 2016 recollen melloras en distintos edificios públicos necesarias a deficiencias diversas ou á falta de mantemento nos anos anteriores debida principalmente a deixadez do anterior equipo de goberno. Así podemos poñer como exemplo o caso da partida de 9.500 € de investimento que hai que facer no Centro Social de Lois para reparar e poñer en funcionamento o sistema de calefacción, que dende que foi construida non chegou a funcionar correctamente e supoñia unha sangría de gastos en combustible inutil, ou diversas partidas para reparar deficiencias nas redes de saneamento e abastecemento reclamadas polos veciños.

Para Enrique Oubiña, “esta é a primeira pesentación, e non serán definitivos ata que vaian a pleno, pero xa se ven os cambios de estilo e de maneira de gobernar. Polo de pronto o documento é moito mais fácil de entender para calquera, co cal mellora a transparencia, e fixose un esforzo por recoller as propostas que os veciños nos fixeron chegar, algo que neste concello non se había visto ata o de agora, facilitando así a participación veciñal na vida municipal e na distribución dos recursos”.

Asinado un convenio de colaboración con BATA.

CIMG4514   Por primeira vez incluense persoas discapacitadas de Ribadumia, e este  novo convenio recolle a posibilidade de poderse ampliar  ó longo do ano.

  Na maña de onte déuselle sinatura ó convenio entre Concello de Ribadumia e BATA, unha entidade que traballa na  integración social de persoas con discapacidade.

 Dito convenio permitirá contratar a tres persoas, dúas das cales por vez primeira son veciñas do propio concello, algo que para Enrique Oubiña “non deixa de ser unha sorpresa que anteriormente non se fixera un esforzo por integrar a veciños do concello, mais vendo que efctivamente temos algún caso, co cal debemos concluir que igual  convenios como este se asinaban mais de cara a galería que con intención real de conseguir algo positivo para os nosos veciños e veciñas”. Como en anos anteriores estas persoas realizarán labouras de xardinería un día a semana, dende o próximo luns  ata o 31 de decembro.  Ademais destas tres persoas, que estarán acompañadas por un monitor, o convenio establece a posibilidade de que o longo do ano se puidera ampliar a mais persoas , días e mesmo outras areas de traballo, o cal podería en determinados momentos supoñer un reforzo para o persoal municipal.

  Para Enrique Oubiña, concelleiro de servizos  sociais,  “convenios como este axudan a que persoas discapacitadas poidan integrarse no mundo laboral e a mellorar por extensión a súa calidade de vida, e dende este equipo de goberno, inda que actualmente non previamos a ampliación, queremos deixar a porta aberta neste convenio a poder integrar a calquera veciño ou veciña que precise dar un paso neste senso. Ademais iniciamos unha nova etapa de colaboración, onde poremos especial atención en identificar os casos que poida haber entre os veciños e veciñas de Ribadumia, para tentar buscarlle solucións que supoñan unha mellora na súa calidade de vida .”

Sobre as obras do ximnasio de Barrantes

CIMG4491

Enrique Oubiña xunto ó equipo técnico, acompañou a dirección do colexio e da ANPA nunha visita a obra do ximnasio, onde constataron que efectivamente a obra esta ainda sen rematar, e cales son  os problemas que dos que adoece a edificación.

 Esta maña o equipo de goberno e Enrique Oubiña, tivo coñecemento de que Salomé Peña acusaos de ter rematada a obra fai semanas pero non a pon a disposición da comunidade escolar.

  Enrique Oubiña,  a raiz destas declaracións que califica de “totalmente falsas”  reuniuse esta mesma  maña coa directiva do colexio e a dirección da ANPA no ximnasio en cuestión, co obxectivo de clarificar as dúbidas que puderan producirse a raiz das declaracións da señora Peña, explicarlle o estado de situación das obras, os motivos dos retrasos e as próximas actuacións e previsións de remate.

   Neste sentido,  Enrique Oubiña, como concelleiro de obras e membro do equipo de goberno do concello de Ribadumia quere facer una serie de aclaracións, que son as mesmas que se lle expuxeron a ANPA e dirección do colexio:

Sobre o estado actual da obra:

  • É totalmente falso que a obra do ximnasio de Barrantes estea rematada.
  • A día de hoxe, a execución obra está totalmente fora de prazo, pois a única ampliación que se lle concedeu a empresa adxudicataria venceu o 18 de novembro de 2015.
  • O edificio, se ben coa execución  moi avanzada, presenta una serie de problemas de humidades, que afectan a maior parte do seu perímetro, que obrigaron a paralizar una parte da obra e, a petición do equipo de dirección de obra, á realizar unha consulta a unha empresa externa, que clarifique a orixe do problema e a solución mais adecuada., que garantice que non vai haber problemas a posteriori.
  • Os informes recabados deixan constancia dun grave problema de humidades detectado nas soleiras, que obrigará a tomar una serie de medidas, cuxa execución depende en gran medida do tempo atmosférico pois debe realizarse pola parte externa do edificio, e mentres esas medidas non se fagan efectivas a obra non se poderá rematar no seu interior.

Sobre as condicións de contratación:

  • o proxecto e as bases de adxudicación foron contratado e elaboradas baixo a responsabilidade do anterior equipo de goberno, nomeadamente o Partido Popular, e pola anterior alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña.
  • O equipo de goberno actual a única actuación que realizou con respecto a a posta en marcha deste proxecto foi a contratación da obra coa empresa adxudicataria.
  • A vista do proxecto presentado, faise evidente que as premuras da señora Peña e do PP por aprobar esta obra antes das eleccións  levaronlle a actuar con total irresponsabilidade, e un alto grado de deixadez. Froito desa deixadez, e da celeridade na elaboración do proxecto, e das limitacións económicas que impuxeron dende o PP, no proceso posterior de execución da obra, xa con este equipo de goberno, detectáronse unha serie de problemáticas que obrigaron a facer unha serie de modificacións, algunhas das cales acabaron por provocar os problemas que temos agora mesmo.
  • A empresa adxudicataria, gracias as condicións que puxo o equipo da señora Peña, esta moi protexido, pois as penalizacións por retraso están tasadas en 60€ por dia. 1200€ ó mes, e para poder actuar sobre esa empresa, debería ter acumulados mais de dez meses de retraso sobre a data de inicio.

    Captura

    Extracto das bsaes de adxudicación das obras, que deixan moi claras cales foron as ridiculas cuantias de penalización que se estableceron, e que claramente deixan o equipo de goberno sen apenas mecanismos para presionar a empresa constructora en caso de non cumprir os prazos de adxudicación.

  Tal como se lle explicou á dirección do colexio e a ANPA , a obra estara rematada previsiblemente antes de maio, pero existe unha dependencia total do tempo atmosférico que podería retrasar o final da obra. Tamen se lle explicou á ANPA e á directiva do colexio que toda a documentación relativa a esta obra, que recolle todos os pasos dados dende o primeiro día, esta nas dependencias municipais a súa disposición para que poidan consultala sen problemas se o desexan.

   Para Enrique Oubiña. É indignante que Salomé Peña, logo de entrevistarse comigo persoalmente e de ter sido posta ó día da situación da obra fai xa dúas semanas, e de saber que ela é en gran medida responsable das carencias deste proxecto, saia na prensa mentindo con ese descaro. Dende logo, a vista das circunstancias eu agardo que teña a decencia, xa que non a tivo ata agora, de pedir disculpas publicamente, non a este equipo de goberno, se non as nais e os pais dos alumnos do centro, a dirección e o claustro e o resto de veciños e veciñas, que non merecen ser tratados con ese desprezo.”

 En relación ó remate das obras ,Enrique Oubiña remarca  que “dependemos enormemente do tempo atmosférico,  porque as correccións hainas que facer por fora do edificio e coa soleira perimetral seca, asi que non podemos asegurar cando se vai rematar, pero agardamos que sexa antes de maio. En todo caso nos non imos facer como  a señora Peña e o seu equipo,  que nos deixaron unha serie de edificios con problemas e defectos construtivos e que agora supoñen unha sangría económica en mantementos, e non imos de ningunha maneira permitir que as obras se rematen en falso ou con deficiencias, a pesares de que para facer as cousas  ben teñamos que asumir retrasos nas obras que fagamos.”