Boa acollida da web municipal

webO equipo de goberno aportou estes días datos sobre o alcance da nova web e plataforma, e do comportamento das páxinas municipais nas redes sociais.

Así, destacase que en apenas dous meses de funcionamento  a web ribadumia.org  recibiu  preto  de 3.000 visitas.

 Dende o concello  remarcan  a porcentaxe de novas visitas á web, que vai en incremento; a día de hoxe un 75% son novas conexións, o que significa que esta ferramenta está tendo unha boa integración, e  moita xente  está a coñecer a páxina oficial do concello e a beneficiarse da información que alí se recolle.

  Hai que decir  que en dito portal está o apartado de transparencia onde os veciños que o desexen poden ver entre outras cousas as declaracións de bens dos diferentes membros da corporación local, e  acceder a outros documentos como  as actas dos plenos aprobadas ata o momento, ou o modelo de instancia para presentar no concello. O obxectivo é axilizar os procedementos para os veciños e que teñan á súa disposición a maior información posible. Do mesmo xeito  teñen dispoñible a información máis relevante e actualizada do  Concello, sobre actualidade ou cursos, ou a axenda cultural, por exemplo.

 Moi boa acollida da plataforma e da app.

   En canto a datos da plataforma e app, omeuconcello.ribadumia.org , son xa preto de 9000 as visitas recibidas, con varios minutos de navegación en cada unha delas, unha mostra clara do alto interese que esta xerando esta plataforma.

Dende o equipo de goberno animan  a todo o que o desexe a rexistrarse como usuario para sacar non só o máximo proveito da páxina web, se non tamén da plataforma do Concello que ademais de maior información, ofrece un servizo de alerta cando hai unha entrada nova en algún dos apartados de tal xeito que os veciños poden estar informados de todo o que acontece ou se publica de xeito inmediato.

Dito rexistro é áxil e fácil e totalmente gratuíto, así como totalmente seguro, xa que un aspecto fundamental nesta xestión e inversión foi a importancia de que a web, a plataforma e a app fosen totalmente seguras.

Importante aumento do seguimento a traves do facebook.

   Xunto a isto, destaca especialmente a presenza en redes sociais do Concello de Ribadumia, como por exemplo Facebook, onde os fans da páxina se incrementaron nun 30% nos últimos meses, e cuxas publicacións alcanzan as  13.000 persoas semanais, dato o que hai que unir o incremento das interaccións coas publicacións nun 27% , o que indica o alto interese que suscita o que se comparte neste portal, e que moitas persoas siguen a vida do concello a traves desta rede social.

   A destacar tamén que dos 3.300 seguidores da páxina do Concello de Ribadumia en Facebook ,  preto de 500 son veciños locais, e case outros tantos seguen esta páxina dende Cambados e dende Pontevedra, o cal fala dun alcance tamén moi importante mais alo do propio Concello.

13502995_970865023033888_6911081928466360420_o

Presentación da web e da plataforma dixital

  Para Enrique Oubiña,  “todos estes datos demostran varias cousas: a primeira que ese cliché tan gastado de que a vida municipal non interesa é falso, a segunda é que era necesario afondar no uso de todas estas ferramentas e mellorar a través delas a comunicación cos nosos veciños e veciñas. A terceira é que cando neste equipo de goberno decidimos apostar por estas canles de  comunicación, que ademais son un exercicio de transparencia municipal, estivemos moi acertados. fai un ano, cando nos chegamos ó goberno,  os veciños e veciñas que estaban interesados nalgunha cuestión, nalgunha liña de axuda que pudera saír, etc, tiñan que andar moi atentos, pasarse polo concello cada certo tempo, preguntar… Agora, con ler as mensaxes que chegan ó movil e o ordenador, ou seguindo ó concello nalgunha das redes sociais, xa se recibe moita información, e en tempo real ademais. Inda queda camiño por andar, e evidentemente estas ferramentas, que son complementarias ós cauces tradicionais de comunicación (bandos, comunicados, prensa, etc)  non chegan o 100% da veciñanza nin aportan todo o que dende Somos Ribadumia e dende o equipo de goberno cremos que poden chegar a aportar, pero estamos avanzando a grandes pasos, e para nos iso é unha satisfacción”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s