Ribadumia reactiva o “fogar dos maiores “, transformadoo nun centro social.
No pleno do pasado mercores acordouse, coa oposición do PP, mudar o fogar dos maiores para darlle un novo pulo.

O fogar dos maiores está ubicado na casa de cultura de Ribadumia.
Tal como explicou Enrique Oubiña, concelleiro de terceira idade, no pleno, “o denominado “fogar dos maiores” inaugurouse no ano 2011, ano electoral, e foi vendido ós veciños como un centro de día, cando en realidade non é esa a súa función, nin pode selo, pois non conta nin coas instalacións nin co persoal necesario. Sen embargo, o plantexamento do Partido Popular aproximaba este centro a esa idea, incluíndo unhas taxas moi elevadas en relación os servizos que ofrece.”
Nun comunicado emitido polo equipo de goberno, explicase que logo de chegar o Concello, realizouse un estudo de uso, gastos/ingresos e actividades que se realizan nesta instalación, cuxos datos expuso o concelleiro Oubiña na súa intervención:
- a día de hoxe fan uso deste servizo 8 persoas, pero no momento de máxima participación, no ano 2012, solo había 13 usuarios.
- o custe anual de mantemento das instalación do fogar dos maiores, cunha profesional a tempo parcial, é de 18.714,99€. Hai que ter en conta que todos os usuarios teñen contratada media xornada. Polo que se fora necesario abrir a instalación a xornada completa, o custe de mantemento subiría ata case os 25.000€, solo en custes de persoal.
- Os ingresos estimados para este 2016 son 5.660€, dos cales 2040€ aportariaos unha única persoa, que paga 170€/mes por acceder á instalación media xornada.
- a pesares de existir unha exención total para as pensións mínimas, ningún dos veciños que poderían beneficiarse do uso destas instalacións fai uso delas.
- servizo que se está dando a día de hoxe é tamén mínimo, e moi centrado nas poucas persoas que acoden o fogar dos maiores, que ademais teñen idades moi elevadas.

Enrique Oubiña explicou no pleno a proposta do equipo de goberno de cambio no fogar dos maiores e de aposta pola dinamización da terceira idade.
A pesares disto, explicou tamén Oubiña , durante estes anos non se constatou ningún esforzo por dinamizar este servizo, alonxalo da imaxe negativa que os centros de día teñen e que influe moito na imaxe deste centro, e facelo inclusivo para todos os veciños e veciñas que xa chegaron a certa idade.
Tamén se aportaron datos poboacionais.
- En Ribadumia temos 1.527 persoas con 55 anos ou mais, case o 30€ da poboación.
- Destes, 496 teñen entre 55 e 65 anos, e 490 están entre os 65 e os 75.
As tres forzas qeu conformamos o equipo de goberno entendemos que un concello cunha poboación tan alta de persoas que superan os 55 anos, que ten un millar de veciños entre os 55 e os75 anos, e outro medio millar por riba desta idade, debe aportar iniciativas que favorezan a actividade e interrelación deste sector da poboación.
Por todo isto, propúxoselle ó pleno realizar un cambio profundo no formato do fogar dos maiores, e darlle un aire mais de centro social que de centro de día.
No acordo tomado estableuse unha taxa de 10€ anuais (a media era de 60€/mes). Eses 10€ darán acceso a instalación do fogar de maiores, onde poderán, como en calquera local social, ler a prensa, xogar a xogos de mesa, e facer uso de todo o que dispoñan as instalacións. Tamén poderán acceder sen mais custo a unha das actividades que se organicen o longo do ano, actividade que o equipo de goberno escollera entre as que teñan mais demanda.
Para o resto de actividades, saidas culturais, etc que se organicen, en cada o momento o equipo de goberno decidirá o custe para socios e non socios. O obxectivo é poder incluír actividades que sexan gratuitas ou cun custe reducido para os socios.
E para os veciños que non sexan socios, ou para veciños doutros concellos, tampouco se limita o acceso as actividades nas que haxa prazas dispoñibles, solo que obviamente o prezo de cada actividade será superior, e non haberá actividades a custe cero.
E para que os nosos maiores se animen a participar, a taxa farase efectiva logo dos seis meses de uso, tempo durante o cal as persoas que se fagan socias poderán participar das actividades e de todo canto se organice.
Outro cambio con respecto o formato actual, e que se amplia a idade de acceso ata os pensionistas maiores de 55 anos. Ademais, as parellas dos socios poderan tamen acudir sen necesidade de cumprir os requisitos de idade ou de ser pensionistas.
outra mellora no servizo atingue as persoas consideradas “non validas”. Tal como explicou o concelleiro Oubiña , ata o de agora o fogar dos maiores solo era permitido as persoas “validas”, ou sexa, que se valeran por si mesmas e non necesitaran do apoio de outra persoa. Agora as persoas que non poidan considerarse validas, poderán acceder igualmente as instalacións e actividades, pero deberán acompañarse doutra persoa.
Hai que puntualizar que as actividades con carácter gratuito que se viñan realizando para a terceira idade, ximnasia de maiores e taller de memoria, vai manterse ó marxe das actividades do fogar dos maiores, e manterá a súa gratuidade.
Por outra banda, as 8 persoas que actualmente fan uso do fogar dos maiores van poder seguir asistindo con total normalidade, e solo terán que facer un novo rexistro, pois o actual ficará vencido o aprobar o novo documento, anque por suposto deberan rexirse pola norma nova.
Enrique Oubiña explicou ó remate do pleno que “a partir deste punto poñemos en marcha un novo formato de “fogar dos maiores”, que ademais de supor un custo moito mais reducido para os ususarios, que pasaran de pagar 700€ ó ano de media a solo 10€, aposta pola vida activa, pola diversidade nas actividades que se lle ofrece ós nosos maiores, e pola integración das persoas que co paso dos anos e os achaques moitos xa queren relegar a un segundo plano. En resumo, este equipo de goberno quere darlle valor a un sector da nosa sociedade moi importante, e que se merece unha atención moito mellor da que se lle estaba dando. O partido Popular negouse a apoiar esta proposta, supoño que para eles o fogar dos maioes estaba ben como estaba. E iso di moito dese partido e do interes que ten polos nosos veciños e veciñas”.