Presentada a mesa contra á violencia de xénero

pres-mesa-local2

 

   Na mañá de onte presentouse en Cambados a mesa local de coordinación interinstitucional fronte á violencia de xénero.

  Este novo organo, impulsado dende o CIM e as concellerías de Servizos Sociais dos concellos de Ribadumia, Cambados e Meis , pretende crear mecanismos de comunicación entre todas as entidades que dun xeito ou outro participan na loita contra violencia de xénero, dende a formación e prevención, ata todo o proceso xudicial cando se chega a denuncia, o apoio psicoloxico e legal  as victimas, etc.

   A mesa local de coordinación interinstitucional fronte a violencia de xénero, a primeira que se crea en Galicia, en verbas de Enrique Oubiña, tenente alcalde e  concelleiro de Servizos Sociais “é unha ferramenta que busca conseguir que a loita contra a lacra da violencia de xénero se leve de xeito organizado e coordinado, polo que as institucións se refire. Por iso nela estan os tres concellos concellos, os servizos sociais de Ribadumia, Cambados e Meis, o CIM ( abogada, psicologa e axente de igualdade), a policia local de Cambados, o xulgado nº3 Cambados, a Garda Civil, a Secretaría xeral de igualdade, a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, o departamento de igualdade da Deputación de Pontevedra, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e os colexios de primaria e secundaria dos tres concellos e a Asociación de loita ocntra a violencia de xénero ESMAR. Ademais agardamos  que se sumen a Policia Nacional, a fiscalia e Protección Civil. 

   Esta mesa ten previstas xuntanzas semestrais, e a creación de protocolos conxuntos de actuación, dende a prevencion ata a denuncia e todo o proceso xudicial, e a atención as victimas. Enrique Oubiña expresou a súa satisfacción ó remate do acto de presentación, pois “inda que nada do que fagamos sera seguramente suficiente, pasos como este, pioneiros non solo na nosa comarca, se non en toda Galicia, supoñen  importantes avances na loita contra a violencia de xénero, e permitirán que a atención as victimas sexa moito mais rápida e eficiente”.

pres-mesa-local1

Realízanse melloras na gardería e no acceso ó ximnasio.

IMG_20161117_120349.jpg

O concello de Ribadumia está levando a cabo diversas actuacións no entorno escolar.

   Por unha banda, tal como informou o equipo de goberno en días pasados, o  Concello de Ribadumia foi  beneficiario dunha axuda enmarcada no programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, para  o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento na gardería.

img_20161117_115312   Dos  33.364,53 € que o concello había solicitado, para actuacións diversas de melloras nas instalacións e para dotar de materiais diversos á gardería,  foron concedidos 22.511,06 € dos cales o concello ten que asumir o 20%, 4.500,00 €.

   O reparto da axuda  entre obras e equipamentos será case o 50%, deste xeito a metade do orzamento concedido será destinado a compra de mobiliario interior e exterior, material didáctico e de xogo. E a outra metade será dedicada a obras de mellora da accesibilidade ou para dotar de novos servizos.

  Ademais disto, o Concello gastará entorno a outros 4500 € para prover a gardería do equipamento que quedou fora da subvención, por exemplo berces, tumbonas, cadeiras e babeiros, e farase cargo tamen da parte de obra que non se aprobou, e que supoñen o redor doutros 6.000€.

   Deste xeito, tal como afirmou esta mañá o tenente de alcalde e concelleiro de obras, vias e urbanismo, Enrique Oubiña, “realizamos unha actualización na gardería para poñela ó día renovando alguns equipamentos e dotando doutros novos , e realizamos melloras na propia instalación, cun patio cuberto novo, e ampliando a cuberta da entrada, para que a rampa de acceso e as escaleiras queden abrigadas, ademais de diversas actuacións no interior, na cociña e transformado un baño nun cuarto para material, ademais de solucionar algún problema de humidade e dar unha man de pintura a fachada. Todo isto por certo son propostas da dirección da gardería, que amablemente nos abriron as portas do centro e nos explicaron cales eran as súas carencias, que agora quedarán resoltas”.

Rampa de acceso ó ximnasio escolar.

 Por outra banda, estes días os operarios municipais estan construindo unha rampa adoquinada que mellore o acceso o ximnasio escolar. Con esta actuación, buscase mellorar a segurdade no acceso o ximnasio dende o colexio. Para Enrqiue Oubiña “no equipo de goberno entendemos que o proxecto do Novo ximnasio era evidentemente deficiente, e plantexaba un edificio sen ter en conta a urbanización do entorno  exterior,  con “rarezas” como poñer o accceso para persoas con discapacidade pola parte traseira e mais alonxada as portas do edificio. Así que optamos por plantexar solucións, e cunha única actuación mellorar os accesos o edificio e tamen plantexar un camiño de acceso dende o colexio  mais limpo e seguro, a traves dunha vía pavimentada e accesible”.

Salomé Peña minte cando fala de paralización do plan concellos.

 03032016  Na maña deste venres o equipo de goberno de Ribadumia tivo constancia polos medios de prensa  dunhas declaración de Salomé Peña onde acusaba o goberno de ter paralizado o plan concellos.

   E na mesma tarde  emitiu un comunicado aclarando unha serie de puntos sobre esta cuestión :

  • O “plan concellos” é unha liña de subvencións da Deputación de Pontevedra a que poden acollerse os concellos. Gracias a boa  xestión feita dende este equipo de goberno materializouse finalmente  a aprobación de 432.000€, unha cantidade moi importante, repartida en catro liñas de actuación: gasto corrente (64.861,49€), Actividades culturais (16.215,37€),  emprego (97.292,23€) e investimentos (254.040,81€) .
  • Destas catro liñas, nestes momentos unicamente falta por executar a liña de investimentos, para a cal hai prazo ata finais de marzo do ano 2017. As outras tres liñas están executadas ou en fase de execución. Convén recordarlle á señora Peña que o equipo de goberno actual é o responsable, e é quen decide cómo, cando e de que xeito   se xestionan estes investimentos.
  • A liña de investimentos deste plan é un exemplo da xestión que este equipo de goberno está realizando dos fondos públicos, pois cando se xestionou a solicitude, deuselle preferencia a obras solicitadas polos propios veciños nas xuntanzas mantidas con eles a primeiros de ano, e non a intereses partidistas como lle houbera seguramente gustado ó Partido Popular .
  • A señora Peña aporta datos incorrectos sobre as obras de investimento, pois ela enumera sete obras cando en realidade son seis as liñas solicitadas para diferentes obras de saneamento, redes pluviais, alumeados e muros de contención. A denominación e  as cantidades destas partidas ,dado que a señora Peña parece non estar ó día,  é a seguinte :

–  “obras de beirarrúas, rede pluviais, saneamento en Lois, Barrantes e Besomaño” (70.494,44€),

– “obras na rede de saneamento na parroquia Ribadumia”(61.946,44€),

– “obras na rede de saneamento da parroquia de Lois”(31.092,07€),

– “rede de alumeado en Ramirón- Lois e Puxafeita-Ribadumia”(20.174,63€), obras de aceras, alumeado e ampliación de vial na parroquia de Leiro”(50.185,96€),

– “obras de muros de contención e peche nas parroquias de Lois, Barrantes e Besomaño” (20.147,27€).

  • A señora Peña minte descaradamente cando afirma que as obras do plan concellos foron aprobadas no mes de abril. A primeira das obras aprobouse con data do 23 de maio, mentres que as outras cinco aprobáronse unha o 25 de maio, outras dúas o 19 de setembro e a última o pasado 14 de outubro.

   Este equipo de goberno quere facerlle ver a señora Peña que contra o que ela e o seu equipo pretenden facer creer, nin o Partido Popular, nin moito menos Salomé Peña, son imprescindibles para conseguir investimentos para o concello. A realidade é que a día de hoxe Ribadumia esta investindo en obras para mellorar os servizos e a calidade de vida dos seus veciños  e veciñas, e unha parte importante deses investimentos procede de axudas xestionadas coas diferentes administracións, sen que o feito de ter un goberno distinto ó PP sexa un problema.

   Para o noso concelleiro no equipo de goberno, Enrique Oubiña, “Salomé Peña e o seu equipo están moi perdidos e moi alonxados da realidade de Ribadumia: resulta que nos conseguimos apoio da deputación por casi medio millon de euros (sen acudir a chequera de Louzan como facía o PP, quero decir, facendo as cousas ben) , que van repercutir en beneficio de todos os veciños,  e eles buscanlle a crítica… Ademais no PP están empeñados en crer que poden mandarlle calquera escrito á prensa e movelo nas redes sociais sen perigo de penitencia ningunha por moi cheo de falsedades e medias verdades que estea. Pero penso que xa está ben diso;  deben deixar de mentirlle os veciños e veciñas, deben deixar de usar os datos retorcendoos según lles conveña, deben deixar de tratar a cidadania como se fora parva, porque non o é. E deben poñerse dunha vez no sito que lle corresponde, que é a oposición, e traballar por defender o seu proxecto, para o caso de que teñan un.”

 

O Concello de Ribadumia consegue autorización para limpar o Monte do Castro

  • Os traballos de limpeza estanse levando a cabo nesta semana.
  • o equipo de goberno confiou os traballos a  BATA, unha entidade social.

img_20161005_170630   Despois de realizar os tramites pertinentes, e dun tempo de espera, a finais da pasada semana chegaba finalmente a autorización de Patrimonio para poder realizar dende o Concello de Ribadumia as tarefas de acondicionamento e limpeza do Monte do Castro, para poder manter así un dos atractivos turísticos de Ribadumia nas mellores condicións posibles.

A autorización de patrimonio era esencial para levar a cabo calquera actuación nesta localización e no seu entorno polo seu carácter protexido. Tal como explica Enrique Oubiña, concelleiro de obras e urbanismo, “a ley está para cumplirse, e os espazos como o Monte do Castro, de gran importancia, deben antes que nada protexerse. Nin nos nin moito menos o PP pode entrar  nun espazo como o Monte do Castro a realizar traballos de ningún tipo sen as pertinentes autorizacións. Levounos tempo, pero agora temos os permisos necesarios, e tamen a instrucción do que se pode facer ou non facer. Outros pretendian entrar como os cruzados en Xerusalen”.

   Para as tarefas de limpeza, que consisten en desbrozar toda a zona do castro  e sacar as malas herbas  da zona xa consolidada, o Concello de Ribadumia quixo contar cunha brigada de BATA. (Baion Asociación Tratamento Autismo) que estará toda esta semana desenvolvendo a súa labor no  Monte do Castro, e serán os encargados de que este entorno retome o seu atractivo. Para Enrique Oubiña “está non é a primeira vez que contamos con BATA para labores deste tipo, unha entidade coa que mantemos un convenio de colaboración que permite que persoas do concello con autismo poidan avanzar na sua integración social, e alegranos poder contar con eles nestas ocasións.”

Enrique Oubiña recorda que “dende o primeiro día, dende o equipo de goberno actuouse como se debe actuar, petando nas portas que corresponde petar, e seguindo os cauces legais correspondentes,  inda que supoñan un atraso para certas cousas.  Salomé Peña, antes de tentar movilizar os veciños e casi metelos nun problema  instandoos a actuar nun entorno protexido sen autorizacións nin instruccións  dos profesionais sobre como actuar, debería dirixirse as estancias superiores do seu partido e esixirlle explicacións  sobre o abandono ó que o Ministerio de Fomento condenou a varios xacementos arqueoloxicos, entre eles o do Monte do Castro.”