O Concello de Ribadumia traslada os servizos sociais e CIM ó edificio do “Concello Vello”.

  • Con esta medida búscase mellorar a atención aos veciños, unha mellor organización da Atención social e unha maior confidencialidade.
  • Para adecuar as instalacións e dotalas de equipamento, o Concello de Ribadumia investiu un total de 23.000,00 €.

 

 af11c6f2_1  O Concello de Ribadumia levou a cabo esta semana o traslado do departamento de Servizos Sociais e do Centro de Información a Muller ao Edificio do “Concello Vello”, situado na Avenida de Ribadumia, a 200 metros do Edificio actual do Concello.

   Concretamente o persoal que pasará a atender ao público nestas renovadas instalacións son a Traballadora Social, o Educador familiar, así como a Psicóloga e a Avogada do Centro de Información a Muller.   Ademais será neste edificio no que se centralizarán e atenderán todas as solicitudes e programas de Atención Social: Emerxencia social, Programa de Axuda no Fogar, Atención a Dependencia,  Expedientes RISGA, Trámites Pensións e Minusvalías, etc.

   Con esta medida reorganizativa, tal como explicou á prensa Enrique Oubiña, Concelleiro de Servizo Sociais, “o Equipo de Goberno do Concello de Ribadumia busca varios obxectivos.  Por un lado conseguir unha mellor calidade na atención, nunhas dependencias mais amplias, e adaptadas as necesidades dos veciños e dos traballadores,  nun edificio que centraliza toda a Atención social do Concello para unha mellor coordinación”.  Resaltar ademais a total accesibilidade das dependencias, posto que todos os servizos estan na planta baixa.

   Tal como explicou Enrique Oubiña, este traslado tamén permitirá unha mellor organización do departamento de Servizos Sociais, ao dispor de mais espazo, xa que levaban moito tempo nun espazo moi reducido no edificio do Concello, e sen contar sequera cunha sala de espera independente para os usuarios. Ademais  permitirá liberar espazos no Concello para reorganizar algún departamento.  Outro obxectivo que se consegue co traslado a un edificio adicado exclusivamente a Atención Social, e mellorar a confidencialidade dos usuarios, que xa non teran que compartir espera para ser atendidos con outros veciños que acudian ao Concello a outros departamentos ou simplemente a presentar un escrito.”

   Durante a visita que membros do equipo de goberno realizaron onte cos medios de prensa ó novo centro, o alcalde quixo  lembrar que os Servizos Sociais do Concello fan unha importante labor de atención a aquelas familias e veciños que teñen necesidades de atención social ou se atopan en situacións de dependencia, risco de exclusión ou pobreza; sendo unha das prioridades do  equipo de goberno atender e resolver este tipo de situacións. En efecto, no ano 2016 o Departamento de Servizos Sociais atendeu un gran número de persoas debido a que dende alí se levan casos de dependencia, minusvalía, cheque bebe, etc ou programas dirixidos a terceira idade.

INVESTIMENTO DE 23.000,00 € EUROS

   Para acondicionar estas instalacións e poder adaptalas ao uso pretendido de Atención Social e do CIM, o Concello de Ribadumia investiu nas mesmas un total de 23.000,00  Euros.  Concretamente procedeuse a unha reorganización interior do edificio, habilitándose e equipándose un total de 3 novos Despachos e unha Sala de Espera.  asi como mobiliario de despacho e o equipo informático necesarios.

Aberto un punto de información catastral na casa de cultura de Ribadumia

 

977891ac200db2ecb08cdfc78600cba8

O punto de información de catastro está hubicado na pranta baixa da casa de cultura de Ribadumia, de luns a venres en horario de 9:00 a 14.00

 O concello de Ribadumia informa que a partir deste  luns 30 de xaneiro habilitase  un novo punto de información e axuda catastral na Casa de Cultura de Ribadumia en horario de 9 a 14 horas.

   Este servizo responde ó incremento de consultas por parte dos veciños, que veñen motivadas porque dende Catastro estanse   enviando diversas notificacións para adaptar os datos existentes cos datos que aparecen nos títulos de propiedade de distintas Parcelarias feitas durante os anos 70 en Besomaño, Leiro, Ribadumia, Barrantes e Sisán.

Deste xeito, co novo punto de información habilitado  tratase de axilizar a axuda os veciños para a descarga das notificacións e información.

Asinado o convenio de cesión do centro de saude ó SERGAS.

_20170128_125948

 Na tarde de onte, o Alcalde de Ribadumia e o Conselleiro de Sanidade asinaron o convenio de cesión dos custes de mantemento do centro de saude de Ribadumia.

   Enrique Oubiña, concelleiro de sanidade, que tamén estivo presente na sinatura do convenio, que agora queda pendente de varios tramites burocráticos, explicou que “este convenio supón a culminación dun intenso traballo levado acabo por este equipo de goberno dende que chegamos o concello, e premia a insistencia que outros antes non quixeron ou non superon ter. Coa sinatura deste convenio, o SERGAS faise cargo dunhas competencias que xa fai tempo que debería ter asumido, quedando responsabilizado do mantemento do edificio,  e permitiranos a partir de agora mellorar a xestión municipal, dispoñendo de  máis recursos económicos, e mesmo de persoal. Unha boa nova para os veciños e veciñas de Ribadumia”.

   O convenio, que establece as condicións nas que o edificio do centro de saude pasa a mans do SERGAS, establece que se no futuro deixase dedicarse a función actual, o Concello tería a posibilidade de recuperar o edificio para usos municipais.

  Dende Somos Ribadumia queremos parabenizar o Concelleiro de Sanidade, Enrique Oubiña, o Alcalde David Castro e a todo o resto de concelleiros e concelleiras  do equipo de goberno por conseguir levar a bo fín esta xestión, que entendemos é positiva para Ribadumia.

Comunicado sobre o Plan Concellos 2016.

   Na maña de onte o equipo de goberno de Ribadumia, formado por SR, IR e Psoe,  tivo constancia polos medios de prensa  dunhas declaracións de Salomé Peña onde acusaba o goberno de ter paralizado o plan concellos.

CIMG4491

Enrique Oubiña durante a visita a unha obra municipal 

Dende o equipo de goberno  emitiron un comunicado clarificando  varios puntos:

  • O plan concellos é unha liña de subvencións da Deputación de Pontevedra. Gracias a boa  xestión feita dende este equipo de goberno materializouse finalmente  a aprobación de 432.000€, unha cantidade moi importante, repartida en catro liñas de actuación: gasto corrente (64.861,49€), Actividades culturais (16.215,37€),  emprego (97.292,23€) e investimentos (254.040,81€) .
  • Destas catro liñas, nestes momentos unicamente falta por executar a liña de investimentos, para a cal hai prazo ata finais do ano 2017. Convén recordarlle a señora Peña que o equipo de goberno actual é o responsable, e é quen decide cómo, cando e de que xeito   se xestionan estes investimentos.
  • A Señora Peña minte e aporta mal os datos cando fala de 317.000,00€ paralizados, dado que os 64.891,49 € os que fai referencia como mantemento de alumeado público en realidade correspóndense coa partida para gasto corrente que incluía recollida de lixo, recollida selectiva do punto limpo e alumeado público, e xa foron executados ao longo do ano 2016.
  • A partida de 254.040,81 € destinados a investimentos non está en absoluto paralizada, e de feito os proxectos están debidamente aprobados e en trámite de execución, sinxelamente o equipo de goberno está traballando segundo a súa planificación, que en ningún caso vai a estar marcada polas urxencias do Partido Popular.
  • A liña de investimentos e a xestión deste plan é un exemplo de como este equipo de goberno está xestionando os fondos públicos, actuando sen presas innecesarias, realizando unha correcta planificación e dándolle preferencia as obras solicitadas polos propios veciños nas xuntanzas mantidas con eles, tal como demostran os proxectos solicitados as diferentes administración públicas, e non atenden a intereses partidistas como lle hubera seguramente gustado ó Partido Popular.
  • O equipo de goberno quere facerlle ver a señora Peña que contra o que ela e o seu equipo pretenden facer creer, nin o Partido Popular, nin moito menos Salomé Peña, son imprescindibles para conseguir investimentos para o concello. A realidade é que a día de hoxe Ribadumia esta investindo en obras para mellorar os servizos e a calidade de vida dos seus veciños e veciñas, e unha parte importante deses investimentos procede de axudas xestionadas coas diferentes administracións, sen que o feito de ter un goberno distinto ó PP sexa un problema.

Para Enrique Oubiña, concelleiro de obras,  “resulta sorprendente que dende outubro a única crítica dende o PP a este goberno consista en decir , mentindo e aportando datos erroneos, que temos paralizadas unhas obras. Esquece a señora Peña que somos os que gobernamos agora os que xestionamos os prazos e organizamos o traballo municipal. Quizais, se a nosa intención fose contratarlle obras a catro colegas e logo desentendernos delas, fose a cousa doutro xeito, pero non é o caso, nos prefirimos ir ó noso ritmo,  atender o mellor posible  a todo o que facemos, contratar correctamente e manter o control sobre o que se fai no concello cos cartos que son de todos.”