Comunicado sobre o Plan Concellos 2016.

   Na maña de onte o equipo de goberno de Ribadumia, formado por SR, IR e Psoe,  tivo constancia polos medios de prensa  dunhas declaracións de Salomé Peña onde acusaba o goberno de ter paralizado o plan concellos.

CIMG4491

Enrique Oubiña durante a visita a unha obra municipal 

Dende o equipo de goberno  emitiron un comunicado clarificando  varios puntos:

  • O plan concellos é unha liña de subvencións da Deputación de Pontevedra. Gracias a boa  xestión feita dende este equipo de goberno materializouse finalmente  a aprobación de 432.000€, unha cantidade moi importante, repartida en catro liñas de actuación: gasto corrente (64.861,49€), Actividades culturais (16.215,37€),  emprego (97.292,23€) e investimentos (254.040,81€) .
  • Destas catro liñas, nestes momentos unicamente falta por executar a liña de investimentos, para a cal hai prazo ata finais do ano 2017. Convén recordarlle a señora Peña que o equipo de goberno actual é o responsable, e é quen decide cómo, cando e de que xeito   se xestionan estes investimentos.
  • A Señora Peña minte e aporta mal os datos cando fala de 317.000,00€ paralizados, dado que os 64.891,49 € os que fai referencia como mantemento de alumeado público en realidade correspóndense coa partida para gasto corrente que incluía recollida de lixo, recollida selectiva do punto limpo e alumeado público, e xa foron executados ao longo do ano 2016.
  • A partida de 254.040,81 € destinados a investimentos non está en absoluto paralizada, e de feito os proxectos están debidamente aprobados e en trámite de execución, sinxelamente o equipo de goberno está traballando segundo a súa planificación, que en ningún caso vai a estar marcada polas urxencias do Partido Popular.
  • A liña de investimentos e a xestión deste plan é un exemplo de como este equipo de goberno está xestionando os fondos públicos, actuando sen presas innecesarias, realizando unha correcta planificación e dándolle preferencia as obras solicitadas polos propios veciños nas xuntanzas mantidas con eles, tal como demostran os proxectos solicitados as diferentes administración públicas, e non atenden a intereses partidistas como lle hubera seguramente gustado ó Partido Popular.
  • O equipo de goberno quere facerlle ver a señora Peña que contra o que ela e o seu equipo pretenden facer creer, nin o Partido Popular, nin moito menos Salomé Peña, son imprescindibles para conseguir investimentos para o concello. A realidade é que a día de hoxe Ribadumia esta investindo en obras para mellorar os servizos e a calidade de vida dos seus veciños e veciñas, e unha parte importante deses investimentos procede de axudas xestionadas coas diferentes administracións, sen que o feito de ter un goberno distinto ó PP sexa un problema.

Para Enrique Oubiña, concelleiro de obras,  “resulta sorprendente que dende outubro a única crítica dende o PP a este goberno consista en decir , mentindo e aportando datos erroneos, que temos paralizadas unhas obras. Esquece a señora Peña que somos os que gobernamos agora os que xestionamos os prazos e organizamos o traballo municipal. Quizais, se a nosa intención fose contratarlle obras a catro colegas e logo desentendernos delas, fose a cousa doutro xeito, pero non é o caso, nos prefirimos ir ó noso ritmo,  atender o mellor posible  a todo o que facemos, contratar correctamente e manter o control sobre o que se fai no concello cos cartos que son de todos.”

Un comentario

  1. Avatar de Sergio Campos
    Sergio Campos

    Eu o que non entendo e por qué para falar del plan concellos tes que facer referencia a Salomé ou o PP casi una docena de veces en un artículo de catro párrafos. Preferiría escuchar o que fa SR no Concello, e saber cual es esa planificación de la que tanto se habla pero de la que nadie sabe nada…

    Gústame

    • Avatar de enriqueoubina
      enriqueoubina

      Falamos do PP e de Salomé Peña precisamente porque este comunicado saiu en contestación a unhas declaracións súas, tal como se explica no primeiro parrafo. O traballo de SR no concello está ben definido e pensamos que se vai explicando nesta páxina e nas difernetes redes sociais, anque obviamente todo pode ser mellorado. En todo caso se precisas consultar calquera cousa, a comisión executiva de SR reunese cada quincena, podes unirte e consultar todo que consideres. Ou podes mandarnos un mail a somosribadumia@gmail.com.
      Un saudo.

      Gústame

      • Avatar de Sergio Campos
        Sergio Campos

        No gracias. Con esa “comisión” no tengo nada que hablar.

        Solo quería dejar constancia de mi opinión en un sitio público (que debería ser abierto y fomentar la participación de todos y no solo ser usado como escaparate, a modo de portavocía del Concello, aunque eso ya lo hemos comentado y te da lo mismo).

        Y sigues sin explicarnos cuál es esa planificación prevista para el plan concellos que pretendes defender en ese artículo tirando de los mismos tópicos de siempre y de las puyas, pero sin entrar en materia.

        Gústame

Deixar unha resposta