O Concello de Ribadumia traslada os servizos sociais e CIM ó edificio do “Concello Vello”.

  • Con esta medida búscase mellorar a atención aos veciños, unha mellor organización da Atención social e unha maior confidencialidade.
  • Para adecuar as instalacións e dotalas de equipamento, o Concello de Ribadumia investiu un total de 23.000,00 €.

 

 af11c6f2_1  O Concello de Ribadumia levou a cabo esta semana o traslado do departamento de Servizos Sociais e do Centro de Información a Muller ao Edificio do “Concello Vello”, situado na Avenida de Ribadumia, a 200 metros do Edificio actual do Concello.

   Concretamente o persoal que pasará a atender ao público nestas renovadas instalacións son a Traballadora Social, o Educador familiar, así como a Psicóloga e a Avogada do Centro de Información a Muller.   Ademais será neste edificio no que se centralizarán e atenderán todas as solicitudes e programas de Atención Social: Emerxencia social, Programa de Axuda no Fogar, Atención a Dependencia,  Expedientes RISGA, Trámites Pensións e Minusvalías, etc.

   Con esta medida reorganizativa, tal como explicou á prensa Enrique Oubiña, Concelleiro de Servizo Sociais, “o Equipo de Goberno do Concello de Ribadumia busca varios obxectivos.  Por un lado conseguir unha mellor calidade na atención, nunhas dependencias mais amplias, e adaptadas as necesidades dos veciños e dos traballadores,  nun edificio que centraliza toda a Atención social do Concello para unha mellor coordinación”.  Resaltar ademais a total accesibilidade das dependencias, posto que todos os servizos estan na planta baixa.

   Tal como explicou Enrique Oubiña, este traslado tamén permitirá unha mellor organización do departamento de Servizos Sociais, ao dispor de mais espazo, xa que levaban moito tempo nun espazo moi reducido no edificio do Concello, e sen contar sequera cunha sala de espera independente para os usuarios. Ademais  permitirá liberar espazos no Concello para reorganizar algún departamento.  Outro obxectivo que se consegue co traslado a un edificio adicado exclusivamente a Atención Social, e mellorar a confidencialidade dos usuarios, que xa non teran que compartir espera para ser atendidos con outros veciños que acudian ao Concello a outros departamentos ou simplemente a presentar un escrito.”

   Durante a visita que membros do equipo de goberno realizaron onte cos medios de prensa ó novo centro, o alcalde quixo  lembrar que os Servizos Sociais do Concello fan unha importante labor de atención a aquelas familias e veciños que teñen necesidades de atención social ou se atopan en situacións de dependencia, risco de exclusión ou pobreza; sendo unha das prioridades do  equipo de goberno atender e resolver este tipo de situacións. En efecto, no ano 2016 o Departamento de Servizos Sociais atendeu un gran número de persoas debido a que dende alí se levan casos de dependencia, minusvalía, cheque bebe, etc ou programas dirixidos a terceira idade.

INVESTIMENTO DE 23.000,00 € EUROS

   Para acondicionar estas instalacións e poder adaptalas ao uso pretendido de Atención Social e do CIM, o Concello de Ribadumia investiu nas mesmas un total de 23.000,00  Euros.  Concretamente procedeuse a unha reorganización interior do edificio, habilitándose e equipándose un total de 3 novos Despachos e unha Sala de Espera.  asi como mobiliario de despacho e o equipo informático necesarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s