O Concello de Ribadumia acometeu en Sisán unha  reparación na ribeira do río Fonte Espiña.

  • A obra, e 53 metros de longo, tivo un custe de 7.000€
  • Acometeuse de urxencia ó detectar que o firme da estrada nese tramo cedera en parte e corría o risco de  irse abaixo, ou de afundir ó paso dalgún vehículo.

1486743397057

O Concello de Ribadumia ven de acometer unha obra de reparación nun tramo do regato Fonte Espiña, na parroquia de Sisán.

   A obra  levouse a cabo con carácter de urxencia, logo de que os técnicos municipais detectasen, a partir dos avisos dados por varias persoas que pasan habitualmente pola zona, que no punto afectado o muro que contiña a ribeira do río había cedido cara o centro do cauce provocando o afundimento da beiravia e parte do pavimento asfaltado da vía. Esta situación supoñía un perigo polo que se procedeu o corte da vía durante o tempo que durou a reparación do muro de contención da ribeira.

  Para a solución do problema foi preciso levantar un novo muro de perpiaño de 53 metros de longo e metro e medio de alto, rechear de formigón e asfaltar. Todo isto  tivo un custe de 7.000€.

   Dende o equipo de goberno, o concelleiro de Obras Enrique Oubiña  sinala que este tipo de actuacións, derivadas da acción natural da auga non son algo extraordinario, pero temos que resaltar  que a política de actuación actual con estas cuestións e con calquera tipo de deficiencia ou  problemática que xurda no Concello, e mesmo cos obras novas que se realicen,   é a de buscar solucións permanentes e con garantías, que inda que no momento de executar a obra teñan un custe algo superior que outras solucións temporais  que eran preferencia no goberno anterior,  eviten que o problema se repita no futuro.

O Equipo de Goberno de Ribadumia levará a pleno unha moción na defensa do transporte público de cercanías.

 

  • A moción orixinouse logo de que a Dirección Xeral de Mobilidade comunicase que este verán vencerán algunhas concesións nas liñas de transporte público e que iso podería provocar a desaparición dalgunha liña.
  • O equipo de goberno con está moción quere pedirlle a Direccións Xeral de Mobilidade, pertencente a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, que aproveite a ocasión para acometer modificacións que adecúen as liñas de transporte público a realidade e as necesidades dos veciños de Ribadumia.

mapa Na orde do día do pleno que terá lugar o próximo xoves 2 de marzo, o equipo de goberno incluirá unha moción relativa o transporte público.

   A orixe  desta moción está nun comunicado da  Dirección Xeral de Mobilidade de finais de xaneiro, onde con sete días de prazo se lle pedía o Concello de Ribadumia que explicara cal era a súa situación neste aspecto, cales eran as necesidades especificas do Concello de Ribadumia e que enumerara, con rutas e periocidade,  as propostas pertinentes. Con tan pouco prazo, e carecendo dun estudo de mobilidade, o equipo de goberno solo puido respostar o máis básico, poñendo de relevancia unha preocupante  realidade: Ribadumia padece a  ausencia total de comunicacións cos centros hospitalarios e de administración pública, malas conexións cos centros de transporte mais próximo, en concreto coas estacións de bus e trens de Vilagarcia e Pontevedra, ademais dunhas tamén deficientes conexións dentro do propio concello, sen liñas que conecten as parroquias co núcleo urbán ou co centro de saúde, e cos concellos limítrofes.

   A raíz de ter coñecemento de que o motivo destas consultas por parte da Dirección Xeral de Mobilidade era que no próximo verán vencerán as concesións dalgunhas das escasas liñas que pasan por Ribadumia e que se está planteando aproveitar a ocasión  para eliminar dalgunha delas, o equipo de goberno decidiu solicitarlle, a través da moción que levará a pleno este xoves, as administracións responsables, Dirección Xeral de Mobilidade e a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, que se tomen o tempo preciso para realizar un estudo detallado e elaborar un plan de mobilidade, coas correspondentes partidas económicas, que sexa realista coas necesidades dos veciños e veciñas de Ribadumia e aporte solucións acordes, e mentres isto non aconteza non recorten as escasas liñas de comunicación que o Concello de Ribadumia ten.

Implicación da Mancomunidade.

   Na moción tamén se proporá que se transmita á  Mancomunidade do Salnés a petición de que este organismo tome cartas no asunto, realizando unha proposta conxunta de comunicación comarcal a través dun transporte público de calidade, que conecte os concellos entre eles e cos centros administrativos e sanitarios, ademais de coas estacións de transporte para conectar deste xeito dunha m,aneira práctica e cómoda a nosa comarca co resto do país.

Valoración sobre a xuntanza das forzas que sustentan o goberno municipal do Concello de Ribadumia.

A xuntanza das forzas que sustentan o goberno de Ribadumia celebrouse no día de onte e á mesma, a parte dos Concelleiros, asistiron diversos membros das executivas das formacións que compoñen o goberno: IR, Somos Ribadumia e PSOE. Logo diso emitiron o seguinte comunicado conxunto:

pleno-03032016

Os sete Concelleiros de IR, SR e psoe, durante unha sesión do pleno municipal

“Na xuntanza realizouse unha analise do pacto asinado para valorar o cumprimento do mesmo, así como aqueles puntos que quedan por desenvolver ou nos que e preciso intensificar o traballo.

Todos os grupos coinciden na necesidade de reforzar aínda máis as políticas de atención as necesidades sociais dos veciños e aquelas iniciativas destinadas ao apoio ao emprego e as empresas locais.  Nese sentido puxéronse sobre a mesa varias ideas que van a ser estudiadas polo equipo de goberno para levar a cabo.

Tamén se aproveitou a xuntanza para analizar a organización municipal e revisar as diferentes responsabilidades e areas dos Concelleiros para tentar mellorar a información e a coordinación entre os mesmos.

Falouse da necesidade de visibilizar mais o traballo do equipo de goberno e dos Concelleiros, tanto a nivel público como directamente aos veciños e veciñas de Ribadumia.  Neste sentido está previsto organizar, coincidindo co cumprimento do ecuador da lexislatura, unha nova rolda de xuntanzas veciñais por todalas parroquias de Ribadumia, para informar do traballo feito e recoller as suxerencias dos veciños.

Finalmente, analizaronse os investimentos que está previsto levar a cabo nos próximos meses con cargo a diferentes Plans de Obras, e tamén aqueles proxectos que se consideran prioritarios para desenvolver en Ribadumia.”

Todos os asistentes valoraron que o Pacto de Goberno está funcionando de xeito positivo e estase traballando para cumplir as espectativas de cambio xeradas nos veciños de Ribadumia. Tamén incidirion ó rematar no bo tono  co que discorreu a xuntanza.

Quixeron tamén resaltar a unidade e ganas de traballar en favor dos veciños, tanto do equipo de goberno, como das 3 forzas políticas que o sustentan.