A xuntanza terá lugar este mercores 13 de decembro, no centro social de Sisan, as 20:30 horas.
Farase unha valoración da situación actual e sobre como encarar os próximos meses.
09/12/2017. A Comisión executiva de Somos Ribadumia tomou a decisión de convocar os veciños e veciñas de Ribadumia a unha xuntanza de carácter extraordinario, que terá lugar este mercores 13 de decembro no local social de Sisan, a partir das 20:30 horas.
Nesa xuntanza, que como sempre terá un caracter aberto a todas as persoas que desexen participar, ademais de presentar contas e repasar todo o traballo realizado no concello nos últimos meses, abordarase a situación actual no goberno, a relación cos socios de goberno, e marcaranse as liñas a seguir nos próximos meses, dentro da acción política.
O obxectivo da Comisión Executiva, mais aló de render contas do seu traballo, é recabar a opinión da cidadanía sobre como se está a desenvolver o traballo no goberno, clarificar unha serie de cuestións aparecidas recentemente en distintos medios de prensa e consensuar cales deben ser as liñas que Somos Ribadumia debe seguir.
O pasado 25 de Novembro foi o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. A Concellería de Servizos Sociais, que inclue os servizos de igualdade e o CIM comarcal (Centro de Información á Muller) , e todo o equipo de goberno, manteñen o longo deste mes, con motivo deste día ,unha intensa axenda de actividades, variadas e actuando en varios ámbitos, tanto políticos como sociais, co obxectivo de primeiro visibilizar un problema de tal calibre que xa é un problema de estado e, en segundo lugar, axudar a previr.
En Negro Contra As Violencias. A principios de mes a Concellería de Servizos Sociais anunciaba a decisión do equipo de goberno de unirse a campaña nacida en Santiago de Compostela, que une xa a 75 Concellos e 3 Deputacións, xunto a outras moitas entidades de todos os ámbitos. O día quince deste mesmo mes asinábase dito protocolo, e iniciabase así unha campaña que pretende visibilizar esta lacra.
Días despois os comercios de Ribadumia uníronse a esta campaña, colocando nos seus escaparates un cartel negro visibilizando que son espazos libres de violencias de xénero. Estes carteis ocupan tamén lugares relevantes en todos os edificios municipais, e nos espazos do propio Concello, ó que se lle uniu unha gran pancarta negra.
Esta campaña de visibiliación esta prevista que se manteña todo o que queda deste mes de novembro.
Actividades dende o CIM.
O 20 de novembro presentábanse en Cambados as actividades do CIM para os meses de novembro e decembro, centradas en varios aspectos e orientadas a varias franxas de idade e escalas sociais. Ditas actividades, que se desenrolarán nos concellos de Ribadumia, Cambados e Meis, irán dende o empoderamento e o asociacionismo feminino, ata a actividades de prevención da violencia de xénero orientadas ós máis novos e desenroladas nos centros de ensino. Toda unha serie de actividades do máis interesante, algunhas novidosas como as sesións dirixidas a centros de educación infantil contra os estereotipos de xénero a través dos contos, ou unha xuntanza de entidades formadas por mulleres, e outras que xa acumulan varios anos de éxito, como Simposio Móstrate Salnés, que en Ribadumia en decembro celebrara a súa sexta edición.
Lectura do Manifesto.
O pasdo 24 de novembro tivo lugar a lectura mancomunada do manifesto en Contra da Violencia de Xenero, na casa consistorial.
“Cartas de amor” no CPI Xulia Becerra Malvar.
Este martes 28 poñiase en marcha no Colexio de Barrantes unha exposición, promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade e organizada polo departamento de Servizos Sociais do Concello, en colaboración co propio centro educativo, que irá acompañada dun obradoiro didáctico sobre igualdade. Dita exposición denominada “Cartas de Amor”, é unha mostra gráfica de ilustracións de diversos artistas onde o tema principal é a violencia de xénero e a mocidade. A través dunha selección de debuxos de artista como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, Pirusca, José Luís Méndez, Jack Mircala ou Javier Olivares preténdese chegar á xuventude e facerlles pensar sobre a situación que se está a vivir hoxe en día e que require de esforzo por cambiar. Con esta iniciativa búscase sensibilizar á poboación máis nova sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e, polo tanto, a eliminala. Trátanse dunhas idades que, segundo vai a sociedade actual, poden verse afectadas por estas condutas polo que é necesario concienciar desde moi novos.
Paralelamente á exposición, impartirase un obradoiro didáctico sobre igualdade o vindeiro xoves, 30 de novembro, dirixido aos cursos de 3º e 4º da ESO. Dentro destas iniciativas contra a violencia de xénero, a igualdade xoga un papel moi importante á hora de relacionarse uns cos outros.
Para Enrique Oubiña , todas estas actividades ” son moi necesarias, e o feito de que ano a ano se nos vaian sumando colectivos e entidades, como este ano o colexio e os comercios, que acolleron moi ben estas campañas, é un sintoma de que cando hai vontade poden facerse moitas cousas, que poden parecer pequenas e sinxelas, pero que supoñen avances moi grandes. “
O tenente de alcalde incidiu esta tarde na colaboración de diferentes entidades e colectivos co Concello e dos esforzos que se estan facendo dende Servizos Sociais e no positivo que todo iso resulta para o Concello. Afirmou Oubiña que “Os traballadores de Servizos Sociais de Ribadumia, e as traballadoras do CIM xa facían un moi bo traballo. Pero dende a nosa chegada todo mudou de dimensión, e non me refiro solo a física. O apoio continuado a estes departamentos, e o aumento de recursos, conleva que se sintan máis apoioados e iso da resultados. Agora o CIM chega mais lonxe, atraendo actividades novas, traballando máis a fondo con diferentes colectivos de mulleres. Pero a cousa vai máis alo, poñendo o foco nas mulleres victimas de violencia machista, e nos seus fillos, con actividades especificas e coa creación de foros de traballo, como a mesa mancomunada de coordinación contra a violencia de xénero… Servizos Sociais pola súa banda vai cada día a máis, involucrase, sacando tempo de onde non o teñen, nas diferentes iniciativas que organizamos, e o involucrarse eles arrastran a outros colectivos. Aparecen entidades novas como ESMAR_violencia Cero; o Colexio e o comercio local sumanse as actividades e colaboran con nos… O final , dende o goberno cumprimos coa nosa función impulsando estas cousas, pero son os actores reais os que fan que isto funcione, e a vista salta que funciona. Estou moi orgulloso do traballo que se esta facendo.”
No documento publicado incluense as contas da festa do 2016, co cal é posible comparar como evolucionou a festa e sacar conclusións. A este respecto esta maña Enrique Oubiña comentábanos que “non se publican contas de festas anteriores porque foi imposible, debido a falta de documentación e a que parte da festa se xestionaba dende a comisión, motivos polos cales ademais de non ter os numeros claros era imposible saber canto custaba en realidade a Festa do Tinto. Agora que todo se fai dende o Concello e con transparencia, todo é máis facil”.
O balance final da festa deste 2017 foi que se gastaron 124.028,89€, e se ingresaron 52.262,80€, polo que o concello tivo que facer fronte a 71.766,05€. Según Enrique Oubiña, “o custe para o Concello non supon moita diferencia coas medias contas que o PP facia cando gobernaba. O que si esta claro é que cando todo se gasta en A, as contas sempre suben”.
Comparativamente co ano 2016, a festa custou 15.758,08€ máis, pero os ingresos tamén aumentaron en 4.586,93€, onde se destaca o maior apoio da Deputación e das marcas comerciais. Tamén hai que ter en conta que este ano non se incluiron os case 2.000€ que cada ano se sumaban á caixa de ingresos e que viñan do que a Asociación de Veciños de Barrantes recadaba pedindo polas casas, quedando este ano en mans da propia asociación para afrontar os gastos da festa relixiosa.
Enrique Oubiña comenta, ante o maior custe con respecto ó 2016 que “está máis que xustificado; este ano a carpa dos stands foi maior, e quen veu á festa comprobou que fixo boa falta ese aumento, e fixéronse melloras en canto a contratación do persoal, que pasou de ser simple voluntariado a estar todo contratado con todos os dereitos, ademais de aumentar a aposta pola actuación de grupos locais, que nos consideramos necesaria nun Concello con tanta xente nova e tan alto nivel musical.”
En resumo, para Enrique Oubiña “hai que salientar primeiro a transparencia das contas, unha mellora notable e que era imprescindible para Somos Ribadumia. E agora, á conta desta transparencia, a festa poderá, por fin e cos números claros, ser obxecto de valoración e mesmo de crítica, tanto por parte dos veciños como do partido da oposición. Cada quen que saque as súas conclusións, pero eu creo que calquera que ande metido nunha comisión de festas e sepa o que custa organizar estes eventos, estará de acordo comigo en que non se pode facer máis con menos. Poderase criticar se unha orquesta foi mellor, ou se este grupo estivo ben ou mal, ou se aquela actividade deu mellor ou peor resultado, pero eu dende aquí defendo, partindo da base de que todo é mellorable e que sempre hai cousas que corrixir, tanto a xestión da festa, o seu plantexamento con actividades para todos os públicos, como o enorme traballo de toda esa xente que a fixo posible, e gracias o cal puidemos disfrutar de tres grandes días de festa; unhas persoas que demostraron unha gran capacidade de traballo en equipo e de compromiso.”
Enrique Oubiña respondeu esta semana as preguntas de Marta Landeira no programa Falemos do Canal Rias Baixas. Na entrevista fixo unha valoración do goberno de Ribadumia e clarificou algunhas cuestións acontecidas en días pasados e a preocupación de Somos Ribadumia por que se cumpra o pacto de goberno, e da necesidade de dar un impulso claro e rotundo as políticas sociais e de creación de emprego .