O Concello de Ribadumia regulariza a situación da instalación eléctrica da Casa da Cultura de Besomaño

   O Concello de Ribadumia informa de que xa se atopan finalizadas as obras e a regularización da instalación eléctrica da Casa da Cultura de Besomaño.

Durante 15 anos, o anterior goberno, presidido pola actual portavoz do Partido Popular, Salomé Peña, mantivo en situación ilegal a instalación eléctrica da Casa da Cultura de Besomaño, que se atopaba conectada á rede pública, pero de xeito irregular. Ademais, a corporación de Salomé Peña non levara a cabo as xestións necesarias para pasar a inspección do OCA pertinente, coa gravidade que isto implica nun edificio público.

   O actual equipo de goberno tivo constancia desta situación irregular a mediados do pasado ano 2017, a través da denuncia dos veciños da parroquia. Inmediatamente, a corporación municipal  elaborou o proxecto  para regularizar a instalación e a subministración, solicitando un orzamento á empresa eléctrica Gas Natural Fenosa. O presuposto foi establecido pola compañía en  23.928,66 € para realizar os traballos para a posta a punto da instalación, así como para a alta do servizo contratado. Tras o estudo da zona e do plan de Fenosa, o Concello decidiu facerse cargo dos traballos necesarios para a canalización do tendido eléctrico, acadando unha importante redución do orzamento, que pasou a ser de  6.712,12 €, apenas un 28% do establecido inicialmente.

   Por fin, despois da irresponsable xestión do anterior goberno de Salomé Peña e das negociacións con Fenosa, as obras están xa rematados e o contrato coa eléctrica atópase xa en funcionamento.

  Enrique Oubiña poñia de relevancia na tarde de onte o seu “malestar polo feito de ter que dedicar tempo e recursos económicos que saen do peto de todos e todas  a este tipo de actuacións, que non supoñen avance ningún para o concello.  Pero é que  contra o que o PP de Ribadumia e a señora Peña parecen pensar, as institucións tamén teñen que cumprir coa lei, e nos como gobernantes, se detectamos unha irregularidade como por exemplo que unha casa de cultura teña a conexión da luz trampeada, ou o tanatorio sen licenza, ou a maior parte do alumeado público irregularizado e sen seguridade, temos que actuar e poñer todo acorde a lei. “

O Equipo de Goberno lamenta o afán do Partido Popular de apropiarse do bo traballo da Corporación Municipal

   Logo de ter constancia da presentación dun escrito por parte do Partido Popular de Ribadumia onde se propoñía ó Equipo de Goberno que se dedicaran os fondos do Plan Concellos a unha serie de obras, o Goberno do que Somos Ribadumia forma parte emitiu un comunicado para expresar, en primeiro lugar, que lamenta profundamente o descoñecemento que o Partido Popular de Salomé Peña e Luís Serantes mostra sobre a xestión municipal e as diferentes accións que se están levando a cabo en todo o Concello, polo que recomenda a este partido que, antes de presentar escritos destas características, se informe previamente.

IMG-20170721-WA0006

Enrique Oubiña durante a inspección dunha das numerosas obras realizadas con cargo ó Plan Concellos.

O motivo do comunicado do equipo de goberno é que na proposta, o Partido Popular enumera unha serie de obras e melloras nas que resulta que o equipo de goberno leva meses traballando, tal como explicaba esta maña Enrique Oubiña “sendo o PP consciente, polo que resulta evidente a intención partidista e política que Salomé Peña quere facer destes proxectos.”

O propio comunicado explica estas cuestións do seguinte xeito:

“No seu escrito, o PP chega a pedir a mellora da rede Wifi municipal, cando as obras para este proxecto levan en marcha máis dunha semana no centro urbano de Barrantes, como calquera veciño que se achegue por esta zona pode comprobar. Así mesmo, o Partido Popular refírese a asuntos relacionados co CPI Julia Becerra Malvar. Neste sentido, este Equipo de Goberno quere lembrar que, ademais de ter atendido todas as peticións que se realizaron por parte da dirección do Colexio, tamén ten previsto levar a cabo un proxecto que daría solución global aos problemas do CPI e que xa foi presentado a varias Administracións. Ademais, están tamén previstas varias reunións cos pais e nais de alumnos e a dirección do Colexio, así como coa Consellería de Educación, na procura do consenso necesario para levar a cabo o plan de melloras. Con este plan, o Concello tratará de arranxar tódalas deficiencias que se viñan padecendo tanto no Colexio como no seu entorno, sen que, ata o de agora, Salomé Peña tivera feito nada.

Sobre a proposta relativa aos cemiterios, este Goberno ten moi adiantados os proxectos e as negociacións cos representantes da Igrexa para a dotación de melloras nos cemiterios e aparcamentos destas zonas, melloras que xa se efectuaron, por exemplo, no aparcamento da Igrexa de Barrantes e no acceso á Igrexa de Lois, algo moi demandado e sempre esquecido por Salomé Peña.

En resumo, este Equipo de Goberno quere deixar constancia de que todas as obras que o Partido Popular de Salomé Peña e Luís Serantes propón que se realicen con cargo ao Plan Concellos, non só estaban xa previstas, senón que esta Corporación establecera xa conversas cos veciños para tratar a mellor maneira de acometer estas cuestións e xa ten avanzadas as solucións.

Dáse a circunstancia de que tódalas actuacións que agora propón o PP pretenden resolver problemas creados polo propio goberno de Salomé Peña -como por exemplo o abandono dos parques e instalacións públicas, para o que o seu goberno non tivo partida económica nos orzamentos municipais e que nos levou a investir máis de 100.000€ dende o inicio da lexislatura, como xa fixemos público en varias ocasións-, ou refírense a peticións históricas ás que o PP fixo oídos xordos.

Salomé Peña e Luís Serantes son conscientes de que teñen á súa disposición, como calquera veciño, toda a información relativa a estes temas, cos correspondentes proxectos técnicos, memorias valoradas, etc., así como de outros proxectos levados a cabo, como a legalización do alumeado público, que costou 66.550€. Esta total transparencia non existía co seu goberno.

O Equipo de Goberno lamenta que, ante a ausencia de propostas propias, O Partido Popular pretenda apropiarse politicamente dos proxectos deste Equipo de Goberno. “

Para Enrique Oubiña, “o do Partido Popular de Ribadumia é de traca. Primeiro non estan contentos con que a Deputación nos aporte 800.000€, a maior cifra aportada por este ente, e agora pretende decirnos como investir eses fondos, pero cando lemos o papel resulta que as propostas de obras son as nosas. Obviamente é todo unha estratexia política para desmerecer o noso traballo. Pero non cola. Como táctica política queda fora de lugar e tempo, e como proposta, para o caso de que alguen pretenda que esta é unha proposta seria, non ten validez. Pretender que dediquemos os fondos que a Deputación aporta para contratacións a contratacións e os destinados a cultura que os usemos para temas culturais, é totalmente ridiculo por redundante, e ademais eses fondos non poden dedicarse a outra cousa. E con respecto as obras que propoñen, que saben de sobra que xa as estamos xestionando, o mesmo. Solo falta que agora lles pidan as cafeterías que ofrezan café.”

Para o noso voceiro, “en calquera caso é triste e preocupante que un partido, que ademais gobernou este concello durante tanto tempo, non teña mellores propostas que ofrecer que as dos partidos contrarios”.

O expediente da Pousada encamiña a súa solución.

  • David Regades visitou onte Ribadumia para tratar avanzar na solución na cuestion da pousada, do polígono de Santa Eulalia e na recuperación da xestión dos recibos municipais.
  • A inversión para regularizar a Pousada e rematar o polígono de Santa Eulalia rondará os 500.000€.
  • As negociacións coa Deputación tamén permitirán a remunicipalización da xestión dos recibos, actualmente en mans da ORAL.

visita david regades O Concello de Ribadumia informou da visita do deputado David Regades para manter unha reunión co equipo de Goberno sobre os convenios vivos entre Deputación e Concello.

Entre os temas de interese a tratar estivo a legalización da Pousada e concesión da correspondente licencia municipal. tamén as obras de urbanización da zona de Santa Eulalia e o impulso final para o remate da Pousada, todo isto co compromiso da Deputación de pechar as obras no 2018 cunha inversión de preto de medio millón de euros. O concelleiro de Obras e urbanismo, enrique Oubiña, explicaba esta mañá que “mentres a oposición se dedicaba á crítica sen razón, e a poñer paus nas rodas, nos traballamos para poder solucionar un problema complexo, pois todo o relativo a pousada e o polígono de Santa Eulalia era un castelo no aire a piques de caer, que puido ter graves prexuicios para o noso concello. Estas cousas levan tempo, pero finalmente conseguimos, este equipo de goberno e a deputación, encauzar o problema e dar coa solución, que por certo , gracias a penosa xestión do goberno anterior, vai requerir dunha inversión de case medio millon de euros, dos que se vai facer cargo esa mesma deputación que o PP dí que non nos apoia en nada. A pousada abrirá pronto, pero sobre todo abrirá con todas as garantias legais, e de paso conseguiremos completar a urbanización do polígono de Santa Baia.”

Outro dos temas que centraron a reunión foi a ORAL, onde a Deputación puxo sobre a mesa a plena predisposición para acceder a revogación inmediata dos convenios de colaboración existentes co Concello, para que este poida levar a cabo a recaudación directa de impostos, que supora un aforro de uns 70.000€ ó ano , e permitirá unha xestión mellor e máis próxima, que redundará en beneficio dos veciños de Ribadumia. Este será un dos puntos a tratar no próximo pleno da Deputación. A este respecto Enrique Oubiña expresaba a súa “esperanza de Salomé Peña, que se erixiu tantas veces e por conta propia na nosa representante local no pleno da deputación, sepa por unha vez estar á altura das circunstancias, e defender os intereses do noso concello”.

Esta previsto que o Concello comece co servizo de recadación para o exercicio fiscal 2018, e o seguinte paso será polo tanto a reunión dos técnicos da Oral e do Concello para proceder o traspaso da xestión.

 LAMENTAMOS A ACTITUDE OBSTRUCIONISTA DO PARTIDO POPULAR DE RIBADUMIA.

 A semana pasada tivo lugar un pleno ordinario no cal o equipo de goberno do que Somos Ribadumia forma parte plantexou varias propostas de acordo relativas a cuestións que consideramos de importancia.

 Dúas foron as cuestións principais que se trataron no pleno. Por unha banda, unha moción relativa á praga da vespa velutina, ante a cal a Xunta de Galicia, ademais de negar o evidente,  mira para ouro lado  mentres Galicia vive un drama medioambiental que ademais de por en perigo as colmeas de moitos apicultores con todo o que iso pode acarrexar en cuestións de substentabilidade do sector ou en temas como a polinización de froiteiras, por non entrar en fonduras,   mantén un estado de alarma social ante o medo a un ataque desta especie. Neste sentido Enrique Oubiña mostrouse sorprendido no pleno por “como pode ser que con 350 niños retirados neste ano pasado, e ante a evidencia de que esas cifras van aumentar, o PP de Ribadumia pretende que se faga cargo do tema un corpo de voluntarios con dous traxes e unha pértiga, e cosidere que a Xunta xa está facendo abondo. É vergonzoso e indignante.”

  Por outra banda plantexouse un problema derivado da deixadez e falta de medios de Augas de Galicia, que ó non antender as súas responsabilidades no mantemento dos cauces fluviais, está sendo responsable de moitos dos problemas que cada inverno xorden coa chegada das enchentas, a maioría dos cales, polo menos no que respecta a Ribadumia, resolve o goberno local, dispoñendo de medios económicos, de maquinaria e persoal municipais, aínda que non lle corresponda. Para Oubiña “faise evidente que ó PP local e a Salomé Peña os problemas dos veciños de Ribadumia danlle igual, e que teñamos que gastar miles de euros porque a Xunta non quere saber nada do tema tamén. “

 Unha terceira cuestión foi o apoio a Cambados na súa loita para que a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas se traslade a Cambados, algo que ademais de supor un exercició de lóxica administrativa, redundaría en beneficio de toda a xente da nosa comarca ligada ó sector do viño. Sorprendentemente o PP local tampouco estivo de acordo con esta proposta.

  A actitude do Partido Popular durante o pleno foi totalmente contraria os intereses dos nosos veciños e veciñas, cunha  posición completamente partidista, sen nen sequera negar os problemas  propostos, ou argumentar dun xeito razoable, pero posicinándose en contra de calquera acordo que supuxera pedirlle responsabilidade ó goberno popular da Xunta de Galicia.

  Non contentos coa súa actitude no pleno, tiveron a desfachatez de saír na prensa acusando ó goberno de “vago”, algo que a Enrique Oubiña lle pareceu “unha falta de respecto, na súa liña de buscar broncas e titulares de prensa onde non os hai para ocultar a súa incapacidade política , pero que ademais define a quen a emite, que, por certo, na lexislatura anterior solo foi capaz de levar unha única moción a pleno municipal, mentres que o goberno actual leva como mínimo unha proposta de acordo en cada pleno.”

 Dende Somos Ribadumia lamentamos estas actitudes por parte do Partido Popular, que antepon os intereses do seu partido as cuestións que afectan a moitos dos nosos veciños e veciñas,  e pedímoslle ó PP local e a Salomé Peña, en primeiro lugar, respecto polas forzas que gobernan Ribadumia e, en segundo, que recapacite sobre a súa actitude nos plenos, un órgano democrático establecido para buscar acordos en beneficio da maioría dos veciños , non para atender a intereses particulares ou partidistas, nin para ter pataletas infantís.