Marquesiñas limpas e máis e mellores taboleiros de información.
Nos últimos días estase procedendo o limpado das máis de 20 marquesiñas situadas ó longo de todo o municipio, co obxectivo de mellorar a imaxe destas e da contorna na que se sitúan, retirando a cartelería e lavando as cristaleiras e bancos. Ademais disto, na modificación de crédito aprobada en pleno o pasado xoves incluiase unha partida para proceder a substitución de varias das marquesiñas máis antigas, que no seu día se realizaron en chapa ondulada, e que co paso dos anos van presentando problemas como goteiras ou partes oxidadas, e xa é momento de renovalas.
Estase procedendo tamén a colocacións en cada marquesiña dun aviso de prohibido fixar cartéis para evitar a mala imaxe que xera a súa acumulación.
Enrique Oubiña, responsable da área de urbanismo recordábanos estes días que ” cando chegamos ó goberno, máis da metade das marquesiñas presentaban cristais danados, así como outros defectos froito do desgaste, e do total abandono no que o PP tiña estes espazos, que non debemos esquecer que son usados maiormente por nenos e nenas, e solucionar todos eses defectos supuxo unha inversión de case 5.000€. Coa prohibición de pegar carteis nas marquesiñas aforraremos en traballos de limpeza, pero sobre todo, e o máis importante , melloraremos a súa imaxe, e por extensión a imaxe do noso concello.”
Máis e mellores tableiros de anuncios.
Por outra banda nas últimas semanas tamén se procedeu ó cambio dalgúns dos máis de 50 tabolerios de anuncios que temos no concello, debido ó seu deterioro, e a colocación de varios máis, dando resposta así a distintas demandas veciñais. Ante a limitada durabilidade dos taboleiros de madeira, optouse por mudar de modelo, mantendo a estética pero cambiando o material do que están feitos, que pasa a ser de aluminio, máis resistente ó clima, e de mantemento máis sinxelo. O resto de taboleiros, iranse substituindo polo novo modelo según se vaian deteriorando.