A prevención do acoso escolar, unha prioridade.

IMG-20171222-WA0020 - copia   Este pasado xoves asinouse un convenio de colaboración entre o Concello e o CPI Xulia Becerra Malvar, co obxectivo de desenvolver unha serie de actividades de prevención do acoso escolar.

   A orixe desta iniciativa está nunha serie de xuntanzas que o departamento de Servizos Sociais, con Enrique Oubiña á cabeza, ven mantendo coa directiva do CPI dende o inicio do mandato, co obxectivo de establecer pautas de colaboración en diferentes eidos. A prevención do acoso escolar, un problema que ten en todo o estado, e especialmente en Galicia se atendemos ós datos oficiais, unha importante presencia, foi dende o primeiro momento un obxectivo a cumplir.

   Nese sentido, as diferentes xuntanzas levadas a cabo ó longo destes últimos meses, deron como resultado  informes do departamento de Servizos Sociais do Concello e da Dirección do centro educativo que  transmiten que resultaría de sumo interese, e moi positivo para unha mellor formación dos nenos e nenas en valores de igualdade, realizar actividades orientadas a previr e combater actitudes que poidan evolucionar e acabar desenvorcando en casos de acoso escolar. Chegouse tamén á conclusión de que o ámbito máis adecuado para este tipo de actividades e o propio centro educativo, e que darán un resultado máis positivo se se desenvolven no centro e dentro do horario lectivo.

   Polo que , logo de falalo con calma e de que a directiva do Colexio  entrase en contacto con empresas especializadas e plantexara unha proposta moi  interesante, chegouse a un acordo, que especifica o seguinte:

         Primeiro.-  O CPI será o encargado xestionar coa empresa que considere un programa  de actividades a realizar ó longo do segundo e terceiro trimestre do curso 2017-2018, nos cursos de primaria e secundaria, dentro do horario lectivo do centro. Dito programa quedará recollido nunha memoria explicativa, que incluirá as actividades a realizar, actividades que deberán estar orientadas exclusivamente á  prevención do acoso escolar e á educación en valores de igualdade. A memoria tamén incluirá o número de horas dedicadas, o alcance entre o alumnado, e o orzamento.
         Segundo.- Que as actividades realizadas no segundo trimestre do curso terán a consideración de “experiencia piloto”. Ó remate dese segundo trimestre a dirección Colexio deberá presentar un informe valorando a efectividade ou non das actividades realizadas e a conveniencia de manter o programa no terceiro trimestre ou de buscar outro tipo de actividades, ou outra empresa se a contratada non cumprira cos requisitos requiridos.
         Terceiro.- O Concello farase cargo do 50% do custe das actividades, ata un máximo de 600€+IVE por trimestre.  O outro 50% do custe das actividades, e calquera cantidade que excedera os 1.200€+IVE de custe total, correran a cargo do CPI Xulia Becerra Malvar.
         Cuarto.- A empresa que xestione o programa de actividades presentará, ó remate de cada  trimestre escolar,  no Concello de Ribadumia a factura correspondente cos valores establecidos do terceiro punto deste acordo, e no CPI a factura correspondente  según os mesmo valores.

   A sinatura do convenio tivo lugar onte pola maña no Concello, nun acto público que contou coa presencia do alcalde, do Concelleiro de Servizos Sociais e do director do CPI, e ó remate da mesmo, Enrique Oubiña mostrou “o noso agradecemento a Tote, director do CPI, que está mostrando unha gran sensibilidade coas problematicas actuais as que se enfrontan os nenos e nenas do noso Concello, máis alo do ambito estrictamente educativo, e que mostra unha total disposición a colaborar en todo tipo de actividades cos pequechos, como foi a mostra “cartas de amor” , que complementada con accións de visibilización, afondaron na pevención do maltrato de xénero, ou como agora con esta nova serie de actividades que no que queda de curso traballarán na prevención do acoso escolar.”

Enrique Oubiña quixo tamén incidir en que “estamos facendo un importante traballo en moitas áreas que non son moi visibles, ou cando menos non tanto como pode selo unha obra desas grandes que tanto lles gustaba inaugurar ó PP, pero que son primordiais,  como en cuestións como estas que presentamos hoxe, fundamentais  para o futuro dos que agora son máis pequechos, ou outras que teñen que ver co apoio a outros sectores desfavorecidos. E é moi importante que poñamos de relevancia ese traballo, que conleva a aportación de recursos  municipais, pero  tamén o esforzo de moitas persoas, moitas veces anonimas ou inxustamente valoradas.”

O equipo de goberno leva a pleno medidas de apoio as novas empresas.

 pleno-03032016  Esta tarde terá lugar un pleno de caracter extraordinario que incluirá un punto cunha proposta para crear  bonificacións en impostos como IBI, IAE, ICIO, así como nas taxa por licencia de apertura de actividade, e durante o primeiro ano nos recibos da  auga, lixo e saneamento. Todas estas propostas están dirixidas as novas empresas, e plantexan  bonificacións de ata o 95% en todos os apartados .

  Tal como explicaba Enrique Oubiña na tarde de onte, “estas propostas, son un paso importante no apoio a instalación de novas empresas no noso concello. Con elas, conseguimos que o proceso de poñer a funcionar unha empresa sexa máis económico, dandolle un pequeno balon de osíxeno as empresas nos primeiros meses, que é cando máis axuda precisan, especialmente as máis pequenas.”

  Tamén expresaba Enrique Oubiña que “nun concello como Ribadumia,  é sumamente importante a creación de empresas, por varios motivos. O primeiro é que  incide directamente nas cifras de paro, unha lacra contra a que debemos por todas as ferramentas dispoñibles. Por outra banda temos unha cuestión social, derivada da falta de tecido empresarial e da alta porcentaxe de paro. Eu que son fillo de emigrante e sei o que é vivir nunha familia partida pola emigración, vexo moi preocupado como a xuventude se vai a fora en busca de oportunidades, con todo o que iso significa. Neste sentido estas medidas que propoñemos poden axudar  a que as empresas opten por asentarse en Ribadumia, creen postos de traballo aquí e axuden a evitar esa migración na xuventude.

  Tampouco  podemos esquecer que en Ribadumia falecen máis persoas das que nacen, ó que hai que sumar o proceso migratorio ocasionado pola falta de oportunidades laborais. Todo isto no futuro próximo pode ter consecuencias negativas no económico, especialmente se baixamos dos 5.000 habitantes.  Isto último provocaría unha merma importante nos ingresos do Concello, complicando  a xestión e o mantemento dos servizos que actualmente temos. E todos somos conscientes de que se se crean  máis empresas no concello, haberá  mais postos de traballo e será máis probable que a  poboación asentada no Concello  aumente.”

   O apoio á creación de empresas era un punto no pacto de goberno, pero  ademais para Somos Ribadumia é  unha cuestión primordial, e congratulamonos de que o equipo e goberno poña en marcha  medidas deste tipo, sen dúbida beneficiosas para o noso concello.

Somos Ribadumia mantemos o noso apoio ó goberno local.

  • Valoramos como preocupantes os sucesos das pasadas semanas e a evolución do goberno.
  • Mantemos o noso firme compromiso co cumprimento do pacto de goberno asinado.

   Na asamblea celebrada este pasado mércores, a Comisión Executiva rendeu pormenorizadas contas de todo o acontecido nos últimos meses e da evolución da relación entre os socios de goberno en Ribadumia.

   A longa analise (a xuntanza durou case catro  horas)  permitiu concluir que ó longo dos últimos meses, por diferentes circunstancias, as relacións do equipo de goberno foronse deteriorando, anque nin de xeito irremediable, nin a cuestión é tan grave como algún quere facer ver. De feito este deterioro, que anque preocupante non pasa de ser unha situación normal dentro do funcionamento dun goberno compartido onde os puntos de vista poden as veces ser distintos,  foi alimentado artificialmente por filtracións interesadas á prensa de documentos internos de traballo, e por unha labor de desgaste na rúa da imaxe do noso concelleiro que incluiu todo tipo de rumores e fotografías sacadas de contexto para alimentar esa rumoroloxía.

  Neste aspecto queremos volver deixar claro que Somos Ribadumia é unha forza política seria, que non dedicamos tempo a este tipo de cuestións, nin a facer filtracións de ningún tipo. Queremos remarcar que cando precisamos decir algo facemolo sempre de xeito formal, dando a cara  e a través de medios oficiais.

   Con todo, valorouse, unha vez analizado todo o traballlo feito, que efectivamente urxe unha aceleración do traballo político, para poder dar solución os problemas dos  veciños e as cuestións recollidas no pacto de goberno.

  Unha vez postos enriba da mesa cales son todos os problemas os que se enfronta Somos Ribadumia como parte do goberno, e cales poderían ser as posibles solucións, a asamblea tivo claro que calquera solución pasa por defender o  bo traballo feito, corrixir calquera erro que se puidera ter producido, e centrarse na labor de goberno, cos acordos do pacto asinado entre as tres forzas como eixe fundamental irrenunciable.

Resumindo os acordos tomados na asemblea, e ante algunhas dubidas plantexadas, queremos facer constar:

.- Nin Enrique Oubiña nin Somos Ribadumia negociamos, nin imos negociar, moción de censura algunha para poñer a alcaldía en mans de Salome Peña.

.- Somos Ribadumia temos vontade de continuar no goberno ata a fin da presente lexislatura, e de manter o pacto de goberno asinado con IR e Psoe, e de que se cumplan os compromisos e medidas establecidos no mesmo.

.- O pacto é o  único garante da estabilidade política no noso concello, e so sería posible unha ruptura de goberno en caso de incumprimento flagrante do código ético ou das medidas contempladas nel.

 .- Somos Ribadumia non vai a ser nin quen incumpra as condicións do pacto, nin as éticas nin as políticas,  nin quen busque rupturas interesadas do goberno. Todo o contrario, asumimos a obriga de loitar para que esas condicións se cumplan e se trasladen á sociedade.

.- Logo de dous anos e medio dun goberno moi condicionado polas circunstancias e polo deplorable estado no que se encontraba a xestión municipal, entendemos que no próximo 2018 téñense que ver os resultados positivos de toda a labor feita, en forma de medidas e de decisións políticas concretas, e para iso traballaremos.

SOMOS RIBADUMIA CELEBRARÁ UNHA XUNTANZA EXTRAORDINARIA A PRÓXIMA SEMANA

cartel asemblea.JPG

  • A xuntanza terá lugar este mercores 13 de decembro, no centro social de Sisan, as 20:30 horas.
  • Farase unha valoración da situación actual e sobre como encarar os próximos meses.

09/12/2017. A Comisión executiva de  Somos Ribadumia tomou a decisión de convocar os veciños e veciñas de Ribadumia a unha xuntanza de carácter extraordinario, que terá lugar este mercores  13 de decembro no local social de Sisan, a partir das 20:30 horas.

  Nesa xuntanza,  que como sempre terá un caracter aberto a todas as persoas que  desexen participar, ademais de presentar contas e repasar todo o traballo realizado no concello nos últimos meses, abordarase a situación actual no goberno, a relación cos socios de goberno, e marcaranse as liñas a seguir nos próximos meses, dentro da acción política.

   O obxectivo da Comisión Executiva, mais aló de render contas do seu traballo, é recabar a opinión da cidadanía sobre como se está a desenvolver o traballo no goberno, clarificar unha serie de cuestións aparecidas recentemente en distintos medios de prensa e consensuar cales deben ser as liñas que Somos Ribadumia debe seguir.